Catálogo: A Xunta desafiou o goberno central cun decreto. O Ministerio de Sanidade non tivo máis remedio que recorrer ante o Tribunal Constitucional para frear a aplicación dun catálogo restritivo que lles impedía aos médicos galegos receitar varios centenares de fármacos financiados no resto do Estado. Esta norma da Xunta superaba intencionadamente a capacidade lexislativa da autonomía. Agora está en suspensión cautelar. Non poden aducir ignorancia: coñecen ben os límites e, ademais, estaban advertidos polo Ministerio. O lexislador non pode burlar a lei. Porque máis que buscar o aforro en menciñas o que puxo en marcha Feijóo foi unha gran campaña publicitaria (orquestrada por certos medios de comunicación) para aparecer como o campión da sanidade pública e sinalar a ZP como cómplice da industria farmacéutica. Resultan patéticas certas proclamas soberanistas (Farjas) mentres o PP está a cuestionar o estado das autonomías.
Povisa: En novembro o Hospital Povisa, que atende preto de 150.000 persoas na área de Vigo, anunciou un ERE que afectaba a 800 traballadores. Esta medida foi neutralizada polo Sergas ao prorrogar o concerto e iniciar negociacións para outro novo. Nestes días pasados anunciou a suspensión do pagamento das nóminas aos traballadores. A ameaza non se cumpriu ao producirse unha nova achega económica por parte do Sergas. A chantaxe, a ameaza e a utilización dos traballadores como reféns forman parte dos métodos de negociación deste grupo. Máis o que resulta sorprendente é que a xerenta do Sergas, Rocío Mosquera, ten unha forte vinculación con esta empresa: foi moitos anos directora do Sanatorio da Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo sanitario Nosa Terra, tamén propietario de Povisa). Resulta evidente o conflito de intereses. A súa capacidade negociadora, como máxima responsable do Sergas, está totalmente condicionada pola pertenza ao cadro directivo da empresa privada. Neste negocio a xerenta é xuíz e parte. Mesmo se pode pensar que as ameazas públicas non son máis que unha posta en escena. A pronta resolución dos conflitos e a claudicación do Sergas ante a chantaxe de Povisa contrasta coa actitude intransixente ante o Ministerio. En tempos recentes unha situación como esta tería provocado un grande escándalo parlamentario e mediático. Agora todo é silencio. E pregunto: que fai a oposición? Por que non se denuncia esta evidente irregularidade?
Al margen de cuestiones legales comentadas en el post, surge al menos una pregunta: ¿Sólo hay beneficios para el ciudadano derivados del uso de genéricos?
ResponderEliminarFalta información, desde mi punto de vista, sobre varios aspectos, como los relativos a regulación y garantías. Parece posible, a priori, montar una empresa que compre productos asiáticos y los venda aquí tras pasar unos trámites. Resulta llamativa la cantidad tan elevada de laboratorios que venden omeprazol, por ejemplo. ¿Los hacen unos para otros, los compran fuera...? ¿El control de calidad del principio activo es estatal o autonómico? ¿Cómo se hace? Sólo hay constancia real de la obviedad de que son más baratos.