O día 21 de setembro celebrouse o Día Mundial do Alzheimer. A demencia é un problema sanitario, social e mesmo económico de primeira magnitude. Moitos expertos sinalan esta doenza como a auténtica epidemia do século XXI. En España hai na actualidade arredor de 600.000 persoas afectadas. O incremento da lonxevidade fai prever que no ano 2025, o número de doentes pode duplicarse.
Cando esta doenza entra nunha casa todo cambia darredor. Os familiares empezan por decatarse da presenza de esquecementos, das preguntas reiteradas sobre o mesmo asunto, as olladas de auxilio do enfermo dirixidas ao seu acompañante. A evolución da enfermidade é moi lenta: poden pasar máis de quince anos desde os primeiros síntomas ata o falecemento que, en moitos casos, prodúcese por outras causas e non pola demencia.O enfermo, co transcurso dos anos vai precisando cada vez máis axuda para as actividades propias da vida diaria ata os momentos finais, en que é totalmente dependente dos seus coidadores. O impacto emocional deste proceso é moi intenso. Non só se ve afectado o doente senon todo o seu contorno. É moi importante apoiar o coidador/-a principal, xa que o desgaste psicolóxico e físico é moi intenso. Os doentes chegan a esquecerse da súa identidade e do nome dos seus seres queridos, pero manteñen a memoria afectiva. Perciben e agradecen moito as expresións de afecto, o cariño e a tenrura.
Pasqual Maragall e a súa dona, Diana Garrigosa |
Tengo a aguien en esta situación como debo actuar,recordandole todo sin mas ó cuestionandole le las cosas.gracias
ResponderEliminar