
O virus do Ébola provoca unha enfermidade hemorráxica grave e potencialmente mortal. Este mes de
agosto os medios de comunicación non falan doutra cousa. Semella que fose unha
doenza nova mais non é así. O primeiro caso coñecido data de 1976 (Zaire) e
desde a década dos noventa varios países africanos (Guinea, Congo, Nixeria,
Liberia) veñen declarando todos os anos casos de morte provocados por este
virus. Este verán a dimensión da epidemia foi superior á de anos anteriores.
Preto de mil persoas morreron por esta causa e a OMS declarou a situación, a
primeiros de agosto, como unha “emerxencia sanitaria internacional”.

-O negocio. Polo momento non se produciu ningún caso de contaxio do Ébola fóra de
África. Pero neste brote de 2014 houbo dous estadounidenses infectados, que
foron trasladados a EEUU para ser tratados cun preparado experimental (ZMapp). Trátase dun cóctel de tres
anticorpos monoclonais que está na primeira fase de ensaio clínico e só foi
probado con simios. Os seus resultados son totalmente incertos e, por iso, o
tratamento estándar para o Ébola segue a ser a terapia de apoio. Este foi o “soro
milagroso” aplicado ao misioneiro español Miguel Pajares (repatriado de forma
tardía e nunha peripecia rocambolesca) que morreu aos cinco días de chegar a
Madrid. Mais, mesmo no caso de que este remedio chegase a demostrar a súa
eficacia, non sería posible atallar a epidemia en África con este tipo de
fármacos, polo seu elevado custe e pola extraordinaria dificultade para a
elaboración. Habería que empregar estratexias de prevención e detección precoz,
que son factibles pero non ofrecen espazo de negocio para as empresas
farmacéuticas.

-A repatriación. Miguel Pajares,
misioneiro infectado polo Ébola, foi repatriado desde Liberia, o sete de
agosto, para ser tratado en Madrid. Faleceu cinco días despois. O centro designado para o seu tratamento, o Hospital Carlos
III, foi unha referencia estatal e
internacional para a investigación e o tratamento de doenzas infecciosas e
tropicais e para afrontar situacións sanitarias de gravidade. Os seus
profesionais teñen un gran prestixio e cualificación. En 2013 o goberno madrileño converteu este centro especializado nun
hospital de media estancia, dedicado a atender pacientes derivados doutros
hospitais da Comunidade e pechou o Servizo de Urxencias. A repatriación do
relixioso español obrigou a evacuar o Hospital, a reabrir a porta de Urxencias
e a recuperar os dispositivos de atención para emerxencias que foran
desmontados oito meses antes. Tiveron que reabrir a sexta planta do Hospital
(con habitáculos de “presión negativa” imprescindibles para atender este tipo
de pacientes) e montar a toda presa medidas e equipos de illamento. Toda esta
montaxe mediática da repatriación e o tratamento co “soro milagroso” (mentres a ministra Mato estaba agochada), tentou
demostrar unha situación de normalidade, mais non hai tal: o Hospital Carlos III xa non está en condicións para atender unha
situación de emerxencia ou facer fronte a unha epidemia.
Pretenden que esta
intervención sexa vista pola poboación como unha actuación humanitaria. Non se
nega. Pero tamén podemos preguntarnos, como fan os responsables da Marea Branca de Madrid (MEDSAP),
por qué se denega diariamente atención sanitaria a numerosos colectivos neste
país e por qué se abandona á súa sorte a persoas, da mesma Orde San Xoán de
Deus, tamén infectados polo virus (a relixiosa Chantal Pascaline morreu en
Liberia). Tamén cómpre lembrar que este virus non comezou neste mes de agosto.
A OMS só decretou a emerxencia internacional cando houbo vítimas occidentais.
Pero ninguén fai nada para axudar aos africanos que sofren, padecen e morren no
máis absoluto abandono.
Me gusta el artículo,aunque siempre le das un toque político y antiamericano.Todos sabemos cuales son los problemas de Africa y sus enfrmedades y que esta última epidemia no es la más causante de muerte allí.Estamos en un mundo en que es imposible vivir de otra manera,siempre en contra de las instituciones, que lo hagan bien o mal,tendran su réplica pertinente
ResponderEliminarMe parece que no todos estamos de acuerdo en cuanto a los problemas de África. Es ante todo político y de dominación occidental. Ha dejado de ser un control directo, pero se sigue dominando, explotando sus recursos, destrozando sus modos de vida y su medio ambiente a favor de Occidente, al que se ha sumado China.
EliminarSuper!!Gracias Pablo!!
ResponderEliminarPablo , xenial . ! Para cando un extra do efecto Feijo.!
ResponderEliminarpuedes irte a sierra leona a tratar ebola in vivo en lugar de tanto ladrar
ResponderEliminarcretino
EliminarComo xa é habitual no seu blog, o novo post de Pablo está documentado e sostido por un razoamento tan claro como sensato.
ResponderEliminarHai outra cousa que caracteriza este blog, a diferenza doutros moitos, e é a ausencia de censura algunha, o que facilita a entrada de "trolls" como os que perturban este post con algún comentario tan improcedente como necio.
A opinión e a crítica non implican a acción misioneira que suxire un destes "troll".
Estas anónimas entradas non merecen outro comentario pola miña banda que suxerir a Pablo que adopte medidas de aceptación previa dos comentarios que se lle envíen.
Na miña opinión, un blog tan bo non debera aceptar comentarios anónimos que atacan o autor dun modo basto e pueril.
PARECEME UN ARTIGO MUY CORRECTO E QUE PON O DEDO NA CHAGA.MOLESTA OS COBARDES QUE NON TENDO OUTROS ARGUMENTOS QUE REBATAN O EXPOSTO USEN O INSULTO COMO TAL.NAS FESTAS SE NONO HAI PETARDOS NON SON FESTAS.NORABOA.
ResponderEliminarefectivamente, un artigo moi bo... e eu non me preocuparía en absoluto polos comentarios necios, os que insultan xa se desprestixian a si mesmos
ResponderEliminarCreo que se debe ser mas respetuoso con las opiniones que no compartimos y me refiero al termino ladrar. eso que yo sepa es especifico de los perros y considero el articulo de Pablo de gran interes.Es cierto que algunos pueden creer que desde la distancia no se puede aportar nada , craso error, la ayuda se puede ofrecer desde todos los medios, y la informacion y opiniones variades son enriquecedoras, menos para quellas personas de mente cerrada que prefieren ignorar para mantener sus conciencias adormecidas y tranquilas.
EliminarEs cierto que el problema de Africa no empezo en agosto, lamentablenente no es la unica epidemia , pero es claro que las sociedades llamadas civilizadas tendemos a mirar para otro lado y creer que no tenemos ninguna responsabilidad ni capacidad de ayuda cuando a mi juicio esto no es asi. quiza desgraciadamente me tenga que incluir en este grupo , pero no por ello dejo de valorar y alabar el esfuerzo de todad a quellas personas que colaboran bien en ONG, bien concienciando a la gente.
desde aqui todo mi respeto, agradecimiento y mis felicitaciones . "EL MUNDO SE MUEVE Y AVANZA POR PERSONAS COMO VOSOTROS/AS. ". GRACIAS POR ESTAR AHI! , POR VUESTRA VALENTIA, POR VUESTRA HUMANIDAD Y ESFUERZO. y perdon por nuestra cobardia e ignorancia.