jueves, 11 de junio de 2015

A polémica vacina da meninxite B







A meninxite é unha enfermidade infecciosa grave que, nalgúns casos, pode provocar a morte. Todos os anos hai algún caso letal. Pode ser provocada por virus ou por bacterias que, á súa vez, poden ser de varias clases, sendo as máis frecuentes as provocadas polos meningococos A, B e C. No calendario infantil está incluida a vacina contra o meningococo C, mais existe unha fonda controversia pola inclusión da vacina contra a meninxite B, que actualmente só está autorizada para uso hospitalario.

Nos últimos meses morreron tres persoas na bisbarra da Coruña -en Oleiros e Arteixo- afectadas por meninxite B. Existe unha preocupación cidadá evidente, amplificada polos medios de comunicación e mal contrarrestada polas autoridades sanitarias. Ainda que este tipo de meninxite ten unha  incidencia moi baixa en España, moitos pais están preocupados  e outros viaxan a Portugal  na procura dunha vacina que non se administra nos Centros de Saúde nin está dispoñible nas oficinas de Farmacia. Hai razóns para tanta alarma colectiva?

 
Os motivos para a preocupación sempre son razoables, sobre todo cando falamos da saúde dos nenos. Mais neste caso hai unha extraña confluencia do temor colectivo co sensacionalismo dos medios e os intereses da industria farmacéutica que, desde a sombra, alimenta a alarma social  e promove a demanda dunha solución (a vacina) que, polo que se sabe ata o momento, non é a panacea absoluta a este problema, tal como queren facer ver.

Porque a realidade é que a eficacia clínica desta vacina non se avaliou por medio de ensaios clínicos (como é de rigor) senon que foi deducida por medio de estudos de inmunoxenicidade. Un organismo independende e rigoroso como a SESPAS (Sociedad Española de Salud Pública y Administración Sanitaria) elaborou un informe no que afirma que os ensaios clínicos de seroconversión non deron resultados suficientes, porque cunha incidencia tan baixa de enfermidade, parece imposible avaliar a eficacia cos ensaios clínicos habituais. Polo tanto, a introducción desta vacina no mercado parece basearse nas boas intencións á espera de estudos de fase IV (post-comercialización). 

A vacina “experimental” Bexsero, fabricada polo poderoso laboratorio Novartis, se chega a aplicarse masivamente aos nosos nenos, sería a primeira vacina que se comercializa sen dispor de datos de eficacia clínica, coa incerteza de que poida realmente interrumpir a circulación das bacterias e manter a inmunidade de grupo. Os nosos nenos poderían servir de “cobaias” ao laboratorio, que obtería unha información moi importante sobre a eficacia e a seguridade deste produto despois da aplicación masiva na poboación infantil. Ninguen pode asegurar que non se van provocar danos e prexuicios con esta práctica, pois o perfil de seguridade da vacina está por comprobar.

É moi posible que a AEMPS (Agencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios) se teña precipitado dando vía libre a unha vacina cunha efectividade pouco avaliada e tamén é posible que as asociacións profesionais  que defenden o seu uso se equivoquen na súa análise pois sempre é preciso estar seguro de que a vacina é realmente eficaz e efectiva, cousa dudosa coa información actual. Dase o caso de que algunhas das sociedades profesionais que apoian abertamente a inclusión desta vacina no calendario infantil teñen, en maoir ou menor medida, conflitos de interese e vínculos estreitos coa industria farmacéutica

Cos datos dispoñibles na actualidade, procedentes de fontes non contaminadas, podemos concluir que a meninxite B (ainda que sexa unha doenza grave) ten unha baixa incidencia e que esta vacina carece de datos suficientes que avalen a súa eficacia e seguridade. Tamén pode ocurrir, no caso de que se aplicase masivamente, que os nosos nenos sexan utilizados para “experimentar” coa vacina e obter datos sobre a mesma ainda descoñecidos. 

Hai que defender e apoiar as vacinas “de sempre”, que teñen evitado tantas doenzas e salvado tantas vidas. Só pretendemos sinalar as zonas de sombra existentes na introducción de novas vacinas no calendario. Porque hai empresas con fortes intereses económicos, cómplices debidamente remunerados e unha Administración errática, que non é capaz de defender o ben común fronte ás presións dos poderosos lobbies patrocinados por Farmaindustria.







11 comentarios:

  1. Por que esta polémica no caso da meninxite B?
    No post indícanse tres motivos xeradores: temor colectivo, sensacionalismo mediático e interese comercial.
    Na miña opinión, o problema non reside só na confluencia deses tres elementos, comentados amplamente no post co rigor habitual, senón en que o exceso de medo, de sensacionalismo e de afán de lucro non foi contrarrestado por unha información sensata procedente de autoridades sanitarias. Sempre nos falan de expertos nos telexornais, aínda que case nunca os vemos, como aconteceu neste caso. Prohibir a venda da vacina hoxe e deixar de facelo mañá, co engadido dunha variabilidade xeográfica na distribución, suxire que quen decide non sabe o que decide e iso si que é realmente inquietante. De feito xa vimos esa inoperancia no caso da hepatite C, necesitándose unha forte presión social para o acceso a un fármaco de prezo indecente.
    A información científica dispoñible é doadamente accesible e debera ser doadamente comunicable, precisándose barreiras de sensatez fronte a alarmas excesivas. Por exemplo, este ano houbo, como todos, mortes por gripe, pero non tiveron a relevancia das mortes pola tan anunciada no seu día pandemia de gripe A. A gripe corrente non "vende", aínda que si se usou politicamente para tratar de xustificar os colapsos habidos en Urxencias.
    O problema do acontecido con esta vacina non parece tanto da orde lóxica canto da orde ética. Hai algo claro. As decisións en política sanitaria deberan ser máis áxiles e, por suposto, fundamentadas e alleas a calquera conflito de interese. Non abonda con que pase o tempo para que as cousas se solucionen do bo xeito.
    Paréceme especialmente oportuno o parágrafo final, pois a bondade das vacinas "de sempre" é incuestionable por moito conspiranoico que haxa.

    ResponderEliminar
  2. Me gustaría saber realmente la certeza de este tremendo episodio, que se está viviendo(como persona y Sanitaria)ya no, como Madre,puesto que no lo soy.Realmente,si parece que como en muchas otras ocasiones, hay un gran interés económico trás la Industria Farmacéutica, pero no sé hasta que punto ese interés, es tan grande, para que nuestras familias vayan por miedo, a Portugal(país vecino)a comprarlas;puesto que aquí ya; ni hay esa posibilidad...y la Industria Farmacéutica si realmente se retroalimenta de ello, no fuerce la comercialización en nuestro país.Qué motivo puede haber?Es realmente extraño.En cuanto a la eficacia de ELLA,si es cierto o parece serlo,que no está del todo demostrada,pero si hay o hubo algunos casos,hay que PREVENIR.No por ello creo que nuestros niños sean unas meras pruebas para ella,para demostrar su eficacia y efectividad.Aquí hay algo extraño;el que,no lo sé.Ojalá se sepa antes de que apartezcan más casos de ella o se ponga a disposición sin ser motivo de curación.

    ResponderEliminar
  3. Eva Andujar balado12 de junio de 2015, 22:49

    el primer desinformado parece ser usted Sr.Vaamonde
    En Oleiros no ha habido ningún fallecido gracias a Dios, ha habido dos casos se meningitis bacteriana en 2 pequeños en 2 meses consecutivos
    Le diré que el último fue mi hijo Diego que con 3 años y en menos de 24 horas casi se muere por un cuadro de dicha enfermedad mas sepsis aguda asociada
    Me parece lamentable que un profesional como usted dice ser, siga sembrando dudas y atemorizando a la gente de la manera como lo hace
    Probanlemente yo haya sido la causante del inicio de toda esta polémica pq me parece lamentable que el resto de padres desconozcan lo paetico y tercermundista de esta situación
    Yo volvería a vacunar a mis hijos mil veces ante una enfermedad tan terrible como es esta y de un desenlace tan rápido como fatal
    Mis intereses con la industria farmaceutica le podría explicar cuales son en una palabra CERO
    y si bien pienso que nadie se deberia verse obligado a vacunar a sus hijos contra su voluntad, lo que es intolerable a estas alturas de la vida es que un gobierno prohíba su distribución en un pais, siendo un medicamento aprobado por todas las agencias del medicamento
    Haganos el favor de documentarse pq ya hay datos de la vacuna en otros países y deje de confundir a la gente mas de lo que ya está por favor
    Eva Andujar Balado

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta sociedad podrida en la que vivimos no debiera consentir que todo sea "por la pasta", que todo se mire en términos de ganar dinero. Unas super multinacionales, que no se hartan de enriquecerse a cuenta de las enfermedades de los demás, están siempre presentes. ¿Por qué no se obliga a que las vacunas tengan de coste lo más próximo a cero euros? "Todo por la pasta". Un saludo.

      Eliminar
  4. http://www.sermosgaliza.gal/opinion/iria-veiga/virus-da-ignorancia/20150607012123038044.html

    A vacina da meninxite B está comercializada libremente en todo o mundo agás en España. Todo o mundo está equivocado salvo nós?. Coincido en que a alarma na Coruña foi esaxerada, tamén a alarma para conseguir Rifampicina sempre que hai un caso o é, esgótase nas farmacias..
    Sobre a "baixa incidencia" que non xustificaría vacinación consulte con algún amigo epidemiólogo señor Vaamonde. Polo mesmo sesudo argumento poderíamos eliminar a proba do talón. A incidencia de calquera metabolopatía é moito menor.
    Que burro é todo o mundo agás vostede señor Vaamonde, menos mal que posee a verdade rebelada para poder ilustrarnos a nós, os ignorantes e manipulados polo malvado sistema capitalista, de que estamos sendo obxecto, unha vez máis, dunha manipulación na busca do máximo beneficio.
    O de que hai vacinas "de sempre" , que esas sí que son boas é hilarante como argumento. Cicerón estaría orgulloso da súa capacidade retórica e persuasiva. O meningococo C xa é unha vacina das "de sempre" de esa sí que nos podemos vacinar?.
    Confeso que son lector habitual do seu blog señor Vaamonde. Confeso que estou decepcionado con esta entrada. Só agardo que nun futuro goberno de esquerdas en Galicia vostede non teña ningunha responsabilidade de saúde pública e a teña alguén que sepa do que fala, que se deixe de sectarismos e infantilismos, e actúe no ben dos pacientes.
    Finalizo con dúas preguntas. Sería posible eliminar a variola no ano 2015 no mundo de non estar erradicada?. Sabe vostede o beneficio actual dos que desenrolaron a vacina da variola?: 0 euros/ano.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Disculpe, pero el hecho de que estamos siendo manipulados por los intereses de la farmaindustria, del "malvado sistema capitalista", no es ninguna verdad revelada que el Sr. Vaamonde posea por su inteligencia privilegiada. Es una triste realidad, y como tal absolutamente contrastable en este, y en otros cientos de casos. El sr. Vaamonde no es el único, afortunadamente, que denuncia este tipo de funcionamiento alto y claro. Ironzar con un hecho tan grave que nos afecta a todos me parece completamente fuera de lugar, muchos profesionales del ámbito de la salud están perdiendo sus trabajos o teniendo serias dificultades en ellos por luchar contra este funcionamiento e informar al resto de la población. Un poquito de por favor.

      Eliminar
  5. Non creo que o autor dun post como este, tan polémico á súa vez, estea en absoluto en contra da vacinación, e non só da tradicional. Simplemente expresou unha opinión razoada de alerta sobre unha vacina concreta. Non insta a prohibir nada. Só expresa unha preocupación. Non está no seu dereito de facelo?
    O Dr. Vaamonde non é conspiranoico por ver intereses industriais se os hai (é certo que non os houbo no caso de excelentes descubrimentos científicos, nin deberan darse no grao que toman na actualidade). Tampouco é insensato se reclama garantías a quen debe proporcionalas, e penso que é obxectivo cando critica un amarillismo mediático que se nutre de desgracias alleas.
    En España hai un ministerio de sanidade e unhas cantas consellerías autonómicas. A polémica sobre esta vacina e tamén sobre calquera cribado (non só as metabolopatías, xa que se aludiu a elas), está servida principalmente grazas á lentitude e á inseguridade mostradas por unha Administración que asumiu a disparidade xeográfica de calendarios vacunales ou que oscila entre a prohibición e a autorización de venda en farmacias dunha vacina. Que na mesma península unha vacina se vendese libremente en Portugal e non en España parece escandaloso. Alguén decidiu mal e por iso é respectable que se suscite un debate.
    E peor parece que as cousas dependan, para ben ou para mal, da presión social de afectados, como aconteceu no caso da hepatite C (tendo os afectados, dende o meu modesto punto de vista, toda a razón). Sendo así, teñen un serio problema os pacientes afectados de enfermidades raras, pois no seu caso a presión que poden exercer é moi escasa ou nula.

    ResponderEliminar
  6. Temos chegado a un punto onde non se pode nin falar, nin opinar, nin debater. Non...se vai ser mellor calar a boca e que o que máis berre sexa o que teña razón. Unha cousa son os fríos resultados da estadística e outra a quen lle toca a china, porque para o que lle cae enriba recibe o 100% de esa pequeña ou ínfima probabilidade...é o que teñen as matemáticas. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  7. Hola, soy un Médico de PAC, quisiera conocer tú opinión , respecto al caso de Meningitis B, que se ha producido en Culleredo, de un niño que se había puesto la vacuna en lo días previos. Dado que el SERGAS no ha dado su opinión, quisiera saber si tú tienes más datos.Dado lo que comentabas en tu 1º entrada, me da la impresión que hubiera habido algo anormal con la vacuna.
    Un saludo.Javier

    ResponderEliminar
  8. http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/12/05/hospital-confirma-escolar-meningitis-b/1020486.html

    ResponderEliminar