martes, 30 de diciembre de 2014

A loita pola igualdade de xénero: dous mundos



En Nueva Tribuna
En Praza Pública


Os avances conseguidos nas últimas décadas en relación coa igualdade de xénero foron moi importantes. Durante o século XX a loita das pioneiras feministas permitiu conquistar dereitos elementais (voto, divorcio, aborto, estudos) que antes excluían ás mulleres. No ámbito da educación os datos son claros: seis de cada dez licenciados universitarios na UE son mulleres -aínda que nos consellos de dirección a súa presenza é aínda marxinal-.

Michelle Bachelet
“Por que as mulleres aínda non podemos telo todo?, preguntábase Anne Maríe Slaughter (alto cargo no goberno de Obama) nun artigo publicado en 2012. Porque en realidade a igualdade non pode ser só un asunto formal, senón que debe trasladarse á vida cotiá. É aí onde debe concretarse que homes e mulleres se relacionan e viven como iguais. No mundo da política, da economía e no ámbito profesional aínda queda moito terreo por conquistar. Aínda queda moita tarefa para superar a inercia de séculos de patriarcado. Michelle Bachelet (presidenta de Chile) fala de traballar no que denomina “política da presenza”: aquela política de acción afirmativa que promove a incorporación ao espazo da política a suxeitos ou grupos discriminados. Pero tamén advirte que a historia non é lineal: “nada nos asegura que os pasos dados só serán seguidos por máis pasos cara adiante; xa temos visto que son posibles os retrocesos”.

Iso é o que pretendeu facer o goberno de Rajoy por medio do cesado ministro Gallardón. Desde o seu sillón de mando no Ministerio de Xustiza quixo impoñer unha lei do aborto que representaba un gravísimo paso atrás na historia, un retorno á barbarie e un atentado contra as mulleres e o seu dereito á autonomía e a saúde. Este político que, no seu día, soubo crearse unha imaxe de moderno, pretendía expropiar o dereito da muller a decidir sobre o seu corpo e a súa vida. Esta lei, innecesaria e cruel (Gallardón chegou a afirmar que é tarefa do gobernante “repartir dor” ), só tiña unha xustificación: impoñer as crenzas do goberno sobre os dereitos das/os cidadáns, e dar satisfacción aos radicais do PP e da xerarquía eclesiástica. As numerosas movilizaciones e o clamor colectivo conseguiron frear a lei. Rajoy cesou ao ministro e anulou o trámite lexislativo cando percibiu consecuencias negativas na inclinación do voto. Nesa decisión non hai convicción senón cálculo. O risco segue aí: as forzas da caverna seguen á espreita desexando volver atrás na historia, aos tempos da dominación e a desigualdade.



Pero todo isto sucede na parte do mundo onde as cousas van mellor. Porque hai outra metade do planeta onde as mulleres loitan, simplemente, por sobrevivir, por fuxir da explotación, da fame, das ablacións, dos burkas, das violacións e dos matrimonios forzados nos anos da infancia. A metade das mulleres do mundo son pobres. Viven cada día en condicións de discriminación en canto a dereitos, identidade, saúde ou educación. En moitos lugares do mundo nacer muller é unha desgraza. É como vir ao mundo cunha tara de fábrica. Nas zonas de conflito crónico pode ser máis perigoso ser nena  ou muller que ser soldado. Lola Huete relata, nun artigo, testemuños desgarradores. Ekra A.K. de 30 anos, de Costa de Marfil, chegou aos suburbios de Rabat (Marruecos), no seu camiño cara a Europa: “Que fas para poder vivir?”, pregúntalle a Ekra. Ela responde: “prostituírme”. Esa é a vida de moitas mulleres que carecen de futuro. A escala mundial, unha de cada tres mulleres sofre violencia sexual ou física nalgún momento da súa vida; a pobreza é demasiadas veces o caldo de cultivo para estas atrocidades. Lakshmi Puri , directora axecutiva  de ONU Mulleres, advirte que “a pobreza ten cara de muller: hai unha crecente feminización da pobreza, tamén nos países desenvolvidos. A trata  e o tráfico de mulleres converteuse, xunto ao da droga e as armas, no “negocio” internacional máis lucrativo. Vinte millóns de vítimas, mulleres e nenos, son unha mercancía coa que trafican os indesexables e obteñen ganancias obscenas.




martes, 23 de diciembre de 2014

A saúde da muller en tempos de crise






 
Todo o que era sólido está en risco. Os dereitos laborais, a sanidade e a educación, a protección dos parados, os discapacitados e os dependentes: ao amparo da crise -que eles mesmos provocaron-, os voitres da especulación financeira e os seus cómplices da política están procedendo a unha expropiación dos nosos dereitos cívicos. Hai intereses poderosos empeñados, con axuda dos seus sicarios políticos, “en desbaratar o modelo de benestar social europeo, de modo que a saúde, a educación, as pensións e os servizos públicos se convertan  en fabulosas posibilidades de negocio” (Muñoz Molina ). Neste contexto podemos preguntarnos si a crise afecta de xeito desigual á saúde das mulleres. 


Os datos indican que en España se está producindo un retroceso na igualdade de xénero. Nun artigo recente dous expertos da Escola Andaluza de Saúde Pública destacaban que “as taxas de actividade e de emprego son menores en mulleres que en varóns, as mulleres cobran menor salario polo mesmo tempo traballado, dedican máis tempo ás tarefas domésticas e son as principais coidadoras das criaturas e as persoas dependentes nos fogares”. Consideran que o desemprego, a precariedade, os recortes na protección social (gardarías, educación, pensións, atención a dependentes) afectan de xeito desigual a mulleres e varóns. A responsabilidade do coidado das familias recae habitualmente sobre as mulleres. E o 49% das mulleres que coidan a persoas con limitación da súa autonomía ocúpase diso en solitario. Neste contexto, os recortes na atención a persoas dependentes e ás súas coidadoras, afectarán de xeito desigual a homes e mulleres. A cronificación desta situación terá un profundo impacto, en diferido, sobre a saúde colectiva e especialmente na saúde das mulleres. 

O que parece claro é que a crise provoca enfermidade. E produce angustia. O paro, as dificultades relacionadas coa vivenda, as penurias materiais e a incerteza polo futuro sitúan a un grupo crecente de persoas en situación de desamparo. Hai estudos que reflicten un empeoramento da saúde mental e ata un aumento dos suicidios (no crack de 1929 suicidáronse banqueiros e inversores saltando dos rañaceos; agora suicídanse as vítimas mentres eles continúan  o seu enriquecemento obsceno). Os expertos detectan un incremento dos casos de depresión, de ansiedade e de consumo abusivo de alcohol. O uso de psicofármacos tamén se disparou. As dificultades para conseguir emprego e para facer fronte á hipoteca aumentaron os trastornos de saúde mental . E parece que hai elementos dabondo para sospeitar que a crise afecte máis ás mulleres que aos homes. 


Ana Botella inaugura o Rastrillo
Con este panorama resulta desolador comprobar como as respostas a esta situación desesperada veñen dadas por aqueles que a provocaron e mantéñena no tempo. Luísa Lores, nun excelente artigo, revélanos que o Banco de Alimentos está vinculado ao gran capital e controlado pola Fundación Lealtad: “o padroado desa Fundación fórmano a construtora OHL, o presidente de Bankinter, o Banco Santander, Mutua Madrileña, Inditex, Telefónica e PwC. Boa parte dos presidentes dos bancos de alimentos de España están vinculados ao Opus Dei". As empresas e os bancos, que actúan con voracidade contra os traballadores e as clases desfavorecidas, aparecen agora (aliados co sector máis reaccionario da Igrexa), como almas caritativas que traballan contra o infortunio (mentres conseguen substanciosas desgravacións fiscais). 

Aguirre e Botella, caritativas
Así se completa o círculo depredatorio. Eliminan o Estado de benestar, exprópiannos dereitos consolidados e substitúen a xustiza pola caridade. Pasamos de cidadáns a súbditos e deberiamos estar agradecidos pola xenerosidade dos poderosos, que nos aportan a súa protección. Quédanos, tamén, o "Rastrillo del Nuevo Futuro, onde a aristocracia mestúrase co artisteo para exhibir o seu corazón magnánimo. Ese é o mundo que queren recuperar os actuais gobernantes. Un mundo antigo baseado en relacións de dominio: o pobo dominado polos poderosos, a muller baixo o dominio do varón. A ese mundo quérennos regresar e teremos que impedirllo. Entre todos e todas. 

Rastrillo Nuevo Futuro 2011



sábado, 13 de diciembre de 2014

Retorno ao pasado


En Nueva Tribuna
En Galicia Confidencial



Hai unha estratexia global, deseñada e impulsada desde os grandes centros de poder e de elaboracion de argumentario ideolóxico neoliberal (FMI, BCE, etc) que promove o adelgazamento do Estado, a redución dos mecanismos de proteccion social, a desregulación laboral e a supresión do Estado de benestar. As estratexias e os elementos utilizados a tal fin son distintos segundo a situación de cada país. En España as forzas económicas atoparon o aliado perfecto no Partido Popular, gañador das eleccións xerais en 2011. Desde os gobernos autonómicos, onde viña gobernando desde anos atrás, xa impulsara masivamente as privatizaciones e externalizaciones de servizos, para aportar espazos de negocio a empresas afins. Pero, coa chegada ao poder no goberno de España, iniciou un febril traballo lexislativo para camiñar rapidamente no sentido indicado.
 

A través de Reais Decretos Leis (RDL), furtando así o debate parlamentario, impoñen normas que desmontan o andamiaxe construído desde a Transición. En Sanidade, a través deste método que burla a democracia, aprobaron o Real Decreto Lei 16/2012, que elimina a atención sanitaria universal e recupera a figura do asegurado, exclúe da cobertura sanitaria a miles e miles de persoas, impón copagos e subtrae do financiamento público máis de catrocentos fármacos. Catro meses despois da súa toma de posesión, o goberno de Rajoy aprobou esta norma (que seguramente xa tiñan preparada antes de ocupar o poder).

Recordemos a cronoloxía. O PP gañou as eleccións en novembro de 2011. O goberno tomou posesión ao mes seguinte. A Reforma Laboral (RDL 3/2012), que deixa aos traballadores no desamparo, é publicada no BOE a principios de febreiro de 2012. (“¡Que se jodan! ¡Que se jodan!”, berraba Andrea Fabra -filla do presidiario Carlos Fabra-, cando Rajoy anunciaba no Parlamento recortes nas prestaciones por desemprego). O RDL 16/2012 publicouno o goberno, eludindo o debate parlamentario, no mes de abril (con todo cinismo no propio título a lei preséntase como orientada a garantir a sustentabilidade da Sanidade pública, cando en realidade é unha bomba na liña de flotacion do sistema).

Teño a convicción de que este grupo que agora ocupa o poder -que durante a campaña electoral prometeu ata a saciedade non tocar a sanidade, a educacion nin as pensións- xa tiña estas leis elaboradas cando chegou á Moncloa. A Reforma Laboral, a Lomce, e esta lei que desmonta a Sanidade pública: todos estes textos xa estaban escritos cando prometían o contrario. Non foi a crise a culpable, nin a “herdanza recibida” que tanto pregoan: tiñan un plan establecido, había unha “axenda oculta”, unha estratexia de ocupación do poder para baleiralo desde dentro en beneficio dos seus aliados. E execútano sen compaixón, sen valorar o dano ocasionado, sen doerse co sufrimento de tanta xente que ve a súa vida desprotexida, sen esperanzas e sen apoio público ante o desamparo.

Coa escusa da crise están executando unha expropiación de dereitos básicos consolidados, logo de realizar unha auténtica fraude democrática: alcanzaron o poder prometendo xusto o contrario do que tiñan planeado impoñer. Burlaron todas as normas do xogo e o país non llo poderá perdoar, nin sequera os seus propios votantes.

lunes, 1 de diciembre de 2014

“La salud como negocio”, libro de combate




Javier Peteiro Cartelle.  Doctor en Medicina.  Xefe de sección de bioquímica do CHUAC.
Autor do ensaio “El autoritarismo científico” (Miguel Gómez Ediciones, 2010).
(Texto leído na presentación do libro “La salud como negocio” na Coruña. 26-Novembro-2014).


Dr. Javier Peteiro Cartelle
La bondad o maldad de una idea es observable en sus consecuencias, pero unas son más aparentes que otras. Este libro nos muestra los efectos de una idea inhumana, la del modelo ultraliberal, en el sistema sanitario público. El título ya indica lo esencial de su tesis: la salud de muchos se ha convertido en negocio para no pocos.

El trabajo realizado es tan difícil como importante, pues ilumina algo con la luz de abundante información concreta y contrastable. El contexto lo describe muy bien en el prólogo el profesor Beiras, destacando que la financiarización del capital disocia la especulación de la producción y distribución de bienes y servicios en la economía real. También nos dice que, cuando ese modelo, de economía de casino, entra en crisis, el capital reacciona contra los salarios de los trabajadores y reclama para la inversión privada los espacios ocupados por el sector público, siendo todo ello facilitado a su vez por la pérdida de soberanía real del estado – nación frente a los gigantes transnacionales.


Estamos ante un modelo en el que todo vale ante el dios dinero. Las abundantes noticias sobre tanta corrupción en nuestro país desvelan algo malo, lo ilegal, pero quizá su peor efecto sea que cubren a la vez algo que también es perverso y que es lo legal actual. Y es que, como es sabido, lo legal y lo ético no van necesariamente unidos. Es ahora cuando sabemos de los beneficios de que legalmente disponen nuestros supuestos representantes en claro contraste con otras situaciones recientes imposibles de comprender. Se nos está haciendo daño. A unos más, a unos menos. Hay imágenes crudas al respecto, hay datos de instituciones benéficas que hablan de hambre. Al lado de nuevos ricos horteras, muchos de ellos ladrones, crece la masa social del precariado y la cantidad de gente que desciende a la miseria. 
 
Pero desde esa impresión podemos hacer muchos discursos insustanciales. Nada peor que lo superficial. Conocer la realidad implica describir, analizar, sus distintos sectores, en profundidad. Y uno de esos sectores, cuya importancia no es cuestionable, es la salud. En ese ámbito, como en otros muchos, pareciera que fuerzas oscuras nos atacan; los mercados, se dice. Pero no hay tales oscuridades. Son personas concretas con nombres y apellidos, son firmas respetables quienes lesionan nuestros derechos. Y uno de esos derechos, el de una asistencia sanitaria pública decente, es consustancial al hecho de ser ciudadanos. Por lo que un ataque a un derecho básico supone incluso algo más, implica, si cabe, una desposesión en el plano ontológico, por el que dejamos de ser ciudadanos para ser asegurados, súbditos, recursos humanos o elementos peligrosos. Como ciudadanos que no nos negamos a serlo somos políticos. Muchos de quienes se definen como tales desconocen que ya Aristóteles nos definió así, como animales políticos y por eso también se nos niega ese modo de ser en el mundo. Basta con recordar cómo es habitual que se descalifiquen las manifestaciones en las calles o huelgas diciendo que tienen tinte político. Pues claro. El hecho mismo de estar hoy aquí es político.  

Concretemos un poco más sobre este magnífico texto. Este libro analiza los efectos de un modelo cruel en la salud mostrando cómo el criterio mercantil, el afán de negocio, no conoce límite alguno. No es fácil mostrarlo. Por una parte, supone mucho trabajo. Por otra, valentía, algo que escasea en nuestros tiempos. En la Introducción, el profesor Vicenç Navarro dice muy acertadamente que el libro “es una mina de información”. También indica que estamos ante un texto “escrito de una manera amena, fácil de leer y comprender”. Considero esto un tanto discutible. Efectivamente, es de fácil y amena lectura desde el plano intelectual, pero esa misma lectura se ve dificultada porque lo que revela conmueve, irrita, indigna y es que, a pesar de ver telediarios y leer periódicos, se hace difícil asumir que el afán de lucro sea tan burdamente  insensible a la muerte que provoca.

Es un libro valiente. Se ataca al sistema desde dentro, desde el conocimiento que esa inclusión confiere. No todo el mundo es capaz y es que se asume por mucha gente que estas cosas no deben hacerse, que para qué, que nadie va a arreglar el mundo, etc., etc. Hay una expresión preciosa de Beiras en su prólogo. Dice que “contra ellos es preciso que los ciudadanos desencadenemos un huracán de ideas, de rebelión cívica y de ofensiva política realmente democrática.” Suena bien, tanto que parece utópico, pero no lo es. No debiera confundirse nunca el ideal con la utopía. El ideal alumbra esperanzas y despliega decisiones. El ideal es necesario mientras que la utopía acaba siendo siempre distopía, algo que alcanza a esa perspectiva ingenua de la bondad de un progreso científico imparable. Este libro se encuadra en el ideal necesario pero tomando pie en lo real para transformarlo. Tan es así, tan realista es en su confección, que el propio Pablo lo califica de “libro de combate”. Ya lo había publicado en gallego en 2012. En sólo dos años, la realidad ha superado las predicciones más negativas haciendo necesario un libro de mayor difusión y contenido como es el que hoy presentamos.

Tratar de resumir este trabajo equivaldría a mutilarlo, por lo que me abstendré de ello. O se lee o no, pero no es posible decir tanto necesario en menos espacio. Este libro es, pues, de combate, de combate defensivo se entiende, porque nunca hubiera surgido si no se hubiera producido ese ataque inhumano desde quienes deben estar al servicio de la ciudadanía y han optado por convertirse en vampiros de ella. Es descriptivo fundamentalmente, a la vez que explica lo que describe. Pero también es sugerente, porque el material proporcionado suscita la reflexión  que precede a la acción precisa. No basta con victimismos. Al contrario, hay que estudiar por qué hemos llegado a esta situación y cómo salir de ella. La tarea por hacer es muy vasta y precisa de muchos.
Una de las grandes armas del poder, de ese monstruo económico que destroza hombres, animales y plantas, que acaba con todo lo bello y lo bueno, que no tiene límites, reside en la enajenación del sujeto a la que traté de aludir anteriormente, se basa en hacer del sujeto objeto, en reificarlo. Pasada la época del tráfico de esclavos, hoy es la tecnociencia la que sostiene la nueva esclavitud. La ciencia, como Jano, tiene una doble faz. No se trata de poner en cuestión su indiscutible bondad, pero sólo desde la inocencia pueril puede ignorarse el mal que permite, un mal facilitado por la simbiosis entre la tecnociencia y el mercado.

Pablo Vaamonde, Manuel Martín, MªJosé Rubio, Javier Peteiro
La enajenación tiene mucho que ver con la incomunicación. Sabemos de la paradoja existente. Podemos comunicarnos por Skype a la velocidad de la luz con una persona que viva en cualquier punto del planeta. Tenemos smartphones que nos dan acceso a toda la información que precisemos. Las redes sociales incrementan de día en día a un ritmo vertiginoso el número de miembros. Pero, a pesar de toda esa supuesta comunicación, estamos más solos que nunca. El individualismo es atroz y parece impedir una acción colectiva que ha de ser retomada con vigor, mejorando las estructuras ya existentes, sean sindicales, profesionales, de foros de debate, del tipo que sean siempre que defiendan la democracia. Hay un elemento relacionado con esa desposesión pretendida de nuestro ser de ciudadanos, de políticos y es la educación. Poéticamente habita el hombre, decía Hölderlin. No parece que esa posibilidad esté facilitada por una pseudoeducación acomodaticia y utilitarista que persigue la aparición de técnicos flexibles y obedientes en tanto no sean sustituibles por robots.
 
Es fácil embelesarse ante lo que la tecnología  nos ofrece y la Medicina ha sucumbido en buena medida a la fascinación de la técnica y a la tentación de reconocerse como ciencia. De ese modo, en vez de médicos estamos pasando a tener científicos de la Medicina, que no es precisamente lo mismo. Desde la pretendida perspectiva científica surge un higienismo religioso que confunde enfermedad con pecado y que medicaliza lo normal; porque lo normal ya no lo es si excede a la norma, sea ésta estadística o epidemiológica . Esa Medicina triste, industrializable, confunde la norma de la fábrica de cosas con la norma biológica a la que debemos someternos; dicho de otro modo, nos hace candidatos a ser certificables nos ISOfica. Curioso el término ISO que sin pretenderlo hace evocar el griego “isos”. Pasamos a ser cosas como agregados moleculares explicables desde la lamentable metáfora informática genética.

Dr. Javier Peteiro Cartelle
Todos, cada uno, tenemos un desafío ético. A veces, basta con decir sí o no cuando hay que hacerlo, simplemente. Y, en lo concerniente al sistema sanitario público hemos de tener en cuenta algo. No sólo es atacado por las grandes firmas, por tiburones mercantiles o por los expertos en puertas giratorias. Existen muchas complicidades activas y pasivas en este mercadeo de salud. Si hay médicos que salvan vidas y que mantienen la dignidad del sistema público formando equipo con todos los demás estamentos (hemos visto la importancia de las limpiadoras con ocasión del ébola), también hay muchos médicos que, desde puestos directivos participan del desmantelamiento que pretenden de ese sistema. Además de las que irónicamente llama Pablo “vidas ejemplares”, hay mucho cómplice mediocre embarcado en beneficiar a los grandes por un miserable plato de lentejas en forma de dirección o subdirección de algo, desde la que ser servil y tirano a la vez.

Y es que la Medicina ya no está en manos de médicos, sino de gestores mediocres, de firmas diagnósticas, terapéuticas (el caso de sofosbuvir para la hepatitis C es un buen ejemplo) e informáticas. Hace un tiempo algunos médicos de atención primaria plantearon objeción de conciencia ante las consecuencias del abominable Real Decreto 16/2012. Pero… ¿serviría de algo? En absoluto, porque un paciente es ya un número, pero no el que tiene su cama o su historia en papel; es un número informático. Si no hay ese número, no hay análisis, no hay radiografías, no hay nada; en síntesis, no hay paciente. Curiosamente no hay paciente sin número pero sí que hay número sin paciente porque lo que le importa al mercado del paciente no es él como tal sino toda la información que supone su número de historia. Podría decirse que las historias, como los genes, ya no son nuestros. Los enfoques Big Data facilitan ya que incluso se pueda hacer negocio con los que son moribundos o muertos, porque a un muerto también se le puede extraer información; no la clásica de una necropsia, sino la utilizable para estudios de mercado.

Pacientes y personal sanitario estamos informatizados, vigilados, siendo sospechoso cualquier atisbo de crítica. Sometidos a vigilancia y embobados en una competitividad enmarcada en la estúpida frase tantas veces oída de labios de nuestros ilustres gestores de que “hay que saber venderse”. Una frase habitual y que ignora que hay una palabra para ello en el diccionario.

Finalizo con una frase incluida en la introducción que hace el profesor Navarro. Dice que la medicina privada parasita los servicios públicos. Es una gran verdad. Por un lado, se nutre de sus médicos, pues los especialistas lo son en España en la inmensa mayoría de casos gracias al sistema MIR. Por otro, la reticencia mostrada siempre a la exclusividad en el sistema público ha favorecido la extraña relación entre el sector público y privado, por la que vemos a ilustres médicos que trabajan en varios hospitales (o simplemente pasan por ellos) a la vez que muchos más compañeros tienen contratos basura o sencillamente emigran. 

Pues bien, mostrar “La salud como negocio”, título de este brillante libro, es un magnífico acicate para que muchos digamos que hasta aquí hemos llegado.