domingo, 18 de diciembre de 2011

As anécdotas do Sergas


Para celebrar o vixésimo aniversario do Sergas as actuais autoridades sanitarias non tiveron mellor ocorrencia que poñer en marcha un concurso de anécdotas. Para saber do que estamos a falar vou reproducir textualmente dous exemplos, e pido excusas por anticipado:


-Butano: “Box de Urgencias. Anamnesis del facultativo a un EPOC severo: -Y dígame, usted tiene oxígeno en casa? Y responde el acompañante: -Ai, non, nós na casa temos butano”.
-Mamadafría: “Estando en el mostrador de cita especializada se acerca un hombre seguido de su mujer y me dice: ´A ver, que veño ca muller do ginecólogo e dixo que lle hai que facer unha mamadafría`. En principio no supe ubicar la prueba a la que se refería, pero al instante se me iluminó la bombilla y dije: ´¿una mamografía?, si eso eso, pero que seña pronto. Bestial!!! (…). Me tuve que levantar para buscar el documento correspondiente (y partirme el culo de risa de paso, jejejeje)”.


Estas mostras de humor burdo e tabernario non foron recollidas na barra do bar nin están editadas nun opúsculo clandestino: están publicadas na páxina principal da web do Sergas, xusto debaixo do logotipo da Xunta. Milleiros de profesionais acceden diariamente a esta páxina e atópanse con estas pezas literarias de dudoso gusto. A grande maioría das anécdotas recollidas reflicten un esquema clásico: o señorito da cidade que xuzga con menosprezo ao paisano do rural, que fala galego.

Un médico amigo, indignado coa lectura destes textos, envioulle unha carta á conselleira: “Que na intranet dun servizo público teña cabida un concurso de anécdotas nas que algun gracioso insensato poida publicar acontecementos que ocorren cando un cidadán pide algun tipo de axuda é inaceptable. (…) Atendemos a unha poboación diversa, con diferentes niveis educativos, diferentes culturas e temos moitos usuarios de idade avanzada…Suponse que escollemos unha profesión para comprender problemas de diversa índole e non para mofarnos dos demais. Pregúntome onde queda o noso respecto polos pacientes”. Ainda non obtivo resposta. 

Eu tamén considero que esta iniciativa é unha absoluta falta de respecto aos usuarios dos servizos sanitarios. Todas as persoas que utilizan a sanidade pública teñen dereito a recibir un trato respectuoso e cordial, e os profesionais temos a obriga de ofrecer unha atención correcta. Pola contra, na maioría destes textos, dunha calidade literaria infame, exprésase unha actitude irrespectuosa e despectiva cos usuarios (o paisaniño, a maruxiña..), unha evidente vulneración da obrigada confidencialidade e un completo desprezo polo idioma galego. Como ben apunta un comentario irónico: “Moi boas anécdotas. Vexo que combinades o castelán co swahili á perfección. É o que tén coñecer o idioma dos nativos”.  

As autoridades sanitarias, na vez de impulsar unha iniciativa tan inapropiada, deberían:
-Formar aos traballadores do Sergas para prestar unha atención humana, cordial e respectuosa, con independencia da extracción social, nivel educativo e instalación idiomática dos pacientes.
-Procurar que todos os profesionais dos servizos de saúde coñezan e poñan en práctica os principios éticos da boa práctica profesional.
-Fomentar a utilización do galego na relación cos usuarios, que pode producir beneficios para a saúde dos cidadáns e do propio idioma.

Con esta orientación o XX aniversario do Sergas serviría para mellorar a calidade dos servizos e procurar unha maior satisfacción dos cidadáns. 
Mentras non se poñan en marcha iniciativas nesta dirección eu reclamo, desde esta humilde páxina, que supriman esta páxina da intranet, que resulta tan denigrante para os nosos pacientes, e que pidan disculpas públicas os responsables de tan insensata iniciativa.

16 comentarios:

  1. De pésimo gusto y absolutamente primario. Independientemente del idioma es una falta de respeto, en gallego, español o chino.

    ResponderEliminar
  2. Últimamente estamos a ver este tipo de situacions de menosprezo por parte de responsables do goberno, non soio cos cidadans, senon tamen cos propios deputados do Parlamento e, por ende, cos seus votantes.

    ResponderEliminar
  3. Había simplemente que despedir a todas estas personas que hacen estos comentarios, que son muchas, yo los escucho todos los días. Así se ahorraría mucho y se haría una selección como se merece nuestro sistema de salud.

    ResponderEliminar
  4. Pablo,
    Acabo de remitirle a la Excma. Sra. Conselleira mi queja como médico, gallego, persona y trabajador del SERGAS, rogándole que tenga a bien retirar semejante zafiedad.

    ResponderEliminar
  5. Este post me parece especialmente importante.
    El gran solaz navideño del SERGAS consiste en un concurso de anécdotas infantiloides que nos recuerdan lo graciosos que son los pailanes, sobre todo cuando están enfermos y entienden mal lo que les dicen sesudos profesionales.
    Lamentable. Vergonzoso.

    ResponderEliminar
  6. Emilio González Fernández20 de diciembre de 2011, 8:07

    O problema é bastante máis complexo e enleado....Boa parte dos comentarios previos xa salientan aspectos trascendentes.- Quero engadir o tema da "accesibilidade cultural" ó sistema sanitario e o da "competencia cultural" dos dispositivos, que merecerían un artigo longo e polo miúdo.
    Existe unha grande "brecha cultural" entre a sublcultura dos servicios sanitarios e a dos usuarios. Máis visíbel en Galicia pola língua, cultura e rural-urbano.
    Hai moitos libros e publicacións máis ou menos serias que recolle anécdotas destes "desecontros" ou "disonancias",
    Asemade estas anécdotas son como mecanismos de defensa fronte o queime profesional...Circulan entre os médicos e outros profesionais nos encontros "sociorecreativos" (turismo e comidas financiados pola industria farmacéutica)
    Xa no ano 1986 falaba de "microagresións múltiples" xeradas nos espazos sanitarios; referíase ós problemas da asistencia a persoas de color en USA....
    Son relacións de PODER.
    Non podemos esquezer COLONIZACIÓN interna....
    A iniciativa do SERGAS pode ser pouco afortunada..O problema está no que se escribe... e que tipo de "anécdotas" se contan.
    Cada vez teño máis claro que os médicos de familia e enfermería necesitan facer de INTEMEDIARIOS CULTURAIS.

    ResponderEliminar
  7. Pienso que los profesionales sanitarios no debemos caer en este tipo se anécdotas y si que es verdad que nos tienen pasado a todos pero lo de publicarlas ya me parece demasiado. Hay temas mucho más importantes que tratar (listas de espera, etc)

    ResponderEliminar
  8. Efectivamente, bastantes problemas hay.
    El anecdotario da una imagen falsa de buen rollito en el medio sanitario. No deja de ser una maniobra más de distracción de aquéllo que es importante. Sería bueno que el SERGAS habilitase también en su intranet un espacio abierto a la autocrítica y a la discusión, en el que quienes aquí trabajamos pudiéramos contribuir al planteamiento de tantas cosas mejorables. Pero eso es obvio que no interesa.

    ResponderEliminar
  9. Tan necesario o post de Pablo como ilustrador o comentario de Emilio. Para min, dous Referentes. Bicos aos dous. Flora Miranda.

    ResponderEliminar
  10. Pareceme que coma sempre os sanitarios politizamolo todo. En lugar de centrarnos en recuperar a nosa profesionalidade e o credito que tiñamos antano, non facemos mais que perdernos en vanalidades; ou e qe non se acorda cando eramos mais novos que nos riamos das cousas e comentarios dos pacientes (Ud. Era un mais), po lo que me parece hipocrita o comentario que fai. E gostariame que fora mais prfesional, tantocoma era no centro de saude donde nos conocemos; pregolle que recupere a frecura e a ilusión que demostraba entons.
    Animo e centrese ma profesion e os pacientes e non na politica. A mais grade parte das enfermedades veñen precedidas de resentimento e intransigencia.
    RECORDE OS SEUS COMENTARIOS CANDO ERA MAIS NOVO, SEN TEREMOS QUE FACELO OS QUE O CONOCIMOS.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aquí o úneco que fala de política e banaliza é vostede
      Unha cousa son comentarios e brincadeiras entre de compañeiros en conversacións privadas e outra facer escolma e difusión de actitudes e comentarios xenófobos e que amosan a "calidade" humana de algúns profesionais. "Calidade" que tamén se ve representada na patética tentativa de ameaza/extorsión con que vostede pecha o comentario.
      Logo extranamos das agresións a médicos ou persoal sanitario...

      Eliminar
  11. Traballo no Sergas, e paréceme unha total FALTA DE RESPECTO o que se fixo con este concurso, xuzgar ós pacientes porque non sepan a terminoloxía hospitalaria, e logo, os sanitarios, cando vamos por exemplo a un xuzgado, ¿entendemos algo? Ou se falamos cun arquitecto, un enxeñeiro ou un mariñeiro, ¿entendemos? Nos tempos que corren, aínda quedan persoas que non saben o que son as xergas, pobres, eles si que son ignorantes ( a pesar que moitas veces se vexan a si mesmos "moi importantes" por seren o médico de urxencias, a enfermeira de traumatoloxía ou a psx que da as citas...Completamente vergonzoso. E iso de que se rían porque a xente fala galego, me parece do último. Hai que ser moi subnormal (e perdoen pola expresión) para rirse do idioma galego. O sergas debería de facer un concurso no que os sanitarios expoñamos as verdadeiras "anécdotas" do noso día a día, como por exemplo, a falta de persoal, a falta de material, a pouca formación que nos ofertan e os contratos basura aos que estamos sometidos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si yo te hablara de la cultura de la mayor parte de los "Universitarios" que pueblan el Hospital Clínico de Santiago, te quedarías de hielo. Y no digamos de la formación profesional de los mismos. Llorar y gritar sería la reacción menos aparatosa. Mejor dejar que la ignorancia impregne todo hasta que se auto-disuelva.

      Eliminar
  12. Totalmente de acuerdo: no tiene cabida un "concurso" de este tipo en una página institucional de un servicio de salud. Al pueblo pan y circo.... Cada día más cerca del "Sálvame de luxe" y su "princesa del pueblo". Infame.

    ResponderEliminar
  13. Entrar al trapo con las celebridades del Sergas, es como alentar a las fieras a que se coman a los niños. Es una de las pocas formas que tienen los grandes incompetentes para reírse de vosotros (nosotros).

    ResponderEliminar
  14. Estoy totalmente de acuerdo .

    ResponderEliminar