martes, 29 de octubre de 2013

A trampa da Xestión Clínica


En Galicia Confidencial


Nos últimos días de xullo, coa oposición desactivada e a maioría dos profesionais agardando as necesarias vacacións, o goberno publicou no BOE a Ley 10/2013. Trátase dunha norma aparentemente inocua sobre cuestións de farmacovixilancia. Mais, despois de moitas páxinas, aparece unha disposición final quinta que fai referencia a un asunto de maior calado: posibilita a creación de Áreas de Xestión Clínica (AXC) cun réxime laboral distinto ao estatutario dos traballadores da sanidade pública. Abre a porta á laboralización do persoal sanitario que se integre en ditas unidades, coa perda dos dereitos laborais que hoxe teñen. 

Esta manobra tramposa non é nova. O PP ten usado esta estratexia falaz e vergonzosa noutras ocasións: introducen unha disposición de gran trascendencia nunha lei de escasa relevancia para burlar a vixiancia de sindicatos e oposición. Neste caso a trampa foi descuberta polo sindicato CESM que se opuxo á norma desde o primeiro momento. Se chegase a aplicarse suporía un grave revés para os traballadores e para a sanidade: favorecería a entrada de xestores privados como responsables desas unidades dentro dos hospitais, creando microempresas que competirían entre elas pola concesión pública.


A xestión clínica é outra cousa (potenciacion da atención por procesos, continuidade asistencial, implicación dos profesionais na mellora da calidade, corresponsabilidade na utilización de recursos diagnósticos e terapéuticos etc) e non ten nada que ver coa introducción de intereses empresariais alleos no cerne dos hospitais públicos nin coa supresión do réxime estatutario que hoxe ampara aos sanitarios. O chamado “Foro da Profesión Médica”, integrado por organizacións afíns ao PP, apoia esta estratexia que abre espazos de negocio ás empresas privadas e ao numeroso exército de xestores que viven dos orzamentos públicos –cunha relacion parasitaria escasamente denunciada-, mais perxudicaría aos traballadores e aos usuarios da sanidade que verían encarecidas e limitadas as prestacións coa introducción de criterios de rendibilidade e beneficio económico. Porque, en último extremo, as empresas privadas teñen unha obriga final única: repartir beneficios entre os seus socios.

 No Parlamento Galego veñen de aprobar unha proposta do PP que facilita a creacion de AXC nos nosos hospitais. Tivo o incongruente apoio de BNG e AGE, que aceptaron, ou así parece, a afirmación de Miguel Santalices, portavoz de Sanidade do PP, quen afirmou que “en asistencia sanitaria la comunidad autónoma es soberana y el decreto nacional no es vinculante”.  Mais non é así: os xuristas afirman que unha lei estatal prevalece por enriba dunha autonómica. Así o afirma tamén o PP que dí verse na obriga de introducir o copagamento dos fármacos de dispensación hospitalaria para doentes crónicos, por non poder eludir o mandato da norma aprobada en Madrid. 



Nunha estratexia de propaganda encadeada a conselleira Rocío Mosquera  ven de comparecer ante a prensa cos conselleiros de Madrid e Valencia (compañeiros de viaxe que teñen as súas comunidades na ruína e aos profesionais en pé de guerra contra das súas imposicións políticas). Afirmou con rotundidade que o actual sistema sanitario xa non sirve e que cómpre cambiar o sistema retributivo dos profesionais do Sergas, eliminando o salario fixo para introducir criterios de implicación no traballo e obxectivos cumpridos. Tamén afirmou que  no nos queda otra que aplicar fórmulas de colaboración público-privada”. Estas afirmacións representan unha absoluta falta de respeto para os profesionais da sanidade que -a pesar das reduccións salariais e a precarización laboral-, están a exercer o seu labor coa máxima profesionalidade coa intención de frear o deterioro dos servizos sanitarios. Trátase dunha nova campaña de desprestixio do público para introducir a xestión privada nos centros sanitarios. Xa temos visto os catastróficos resultados que obtiveron en Madrid e Valencia, mais seguen polo camiño trazado a pesar de todas as evidencias.


A sanidade galega está sendo descapitalizada: perdeu 370 millóns de euros do orzamento desde 2009, cando o PP ocupou o poder. As consecuencias comezan a ser visibles: peche de camas e servizos como nunca se fixera, paralización do traballo de tarde, amortización de prazas, precarización das condicións laborais, fuga de profesionais sanitarios etc. Diante desta realidade, que irá a peor con estas políticas, a conselleira teno claro: vai fomentar o “autocoidado” dos propios pacientes e impulsar a telemedicina, porque “la accesibilidad no se mide solo por la proximidad y es posible otra forma de prestar asistencia”. Para eso vai promover a atención telefónica. Semella un sarcarmo, pero estas palabras foron pronunciadas por Rocío Mosquera en sede parlamentaria na súa última comparecencia. Tamén anunciou que van permitir o acceso dos hospitais privados e dos xeriátricos ás historias clínicas informáticas do Sergas. Esta decisión pode ser ilegal (permite o acceso privado a datos moi confidenciais que o Sergas debe tutelar): algo terá que decir a Axencia de Protección de Datos, tan rigorosa noutras materias. 

Diante deste panorama, certamente desalentador, boto de menos unha maior reacción social, politica e sindical. Que máis ten que facer o actual goberno contra dos servizos públicos para que haxa unha accion sindical unitaria e potente contra destas actuacións de destrucción dos servizos públicos desde as mesmas entrañas do poder?


16 comentarios:

  1. A unidade sindical mídese pola falta de subvencións aos sindicatos amarelos estatais.
    Por outra banda, AGE e BNG andan moi perdidiños con tanta lea interna e tanto pensar que non conduce a ningures.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Para a loita que temos por diante contra esta medida e o resto de privatizacións e recortes, fará falla o concurso deses que ti chamas "sindicatos amarelos estatais"

      Eliminar
  2. Si os sindicatos amarelos ou multicolores quiseran facer algo xa tiña que estar en marcha hai moito. Hai miles de sindicalistas liberados no Estado que tiñan que estar agora nos lugares de traballo e contactando ca sociedade para loitar contra a Reforma laboral. Unha manifestación carnavaleira é o másimo ao que chegan, cando saben de sobras que as consecuencias non pasan de 30 segundos no telediario

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si la ciudadanía y los trabajadores/as del SERGAS"quisieran hacer algo" hace ya tiempo que el PP no gobernaría y ya tendría "puesto en marcha hace tiempo" la respuesta a lo que ya conocen unos y otros. Ya está bien de ser el país con menos afiliación de trabajadores, con menos participación y encima de comisarios políticos hablando de "miles de liberados" MENTIRA! son muy pocos. Miles son los trabajadores del SERGAS, miles son los ciudadanos que sufren y consienten los recortes y no reaccionan.Si se concentraron en los centros (sin ningún problema) cuando les convocó las direcciones de los distintos centros sanitarios para el tema del accidente de Angrois...así nos va...

      Eliminar
    2. En España hay 60.000 liberados sindicales, una cifra suficientemente grande como para montar algo grande. Si hay falta de afiliación tiene que deberse a algo. Cuando un producto o un servicio no se vende no puede acharse a la ignorancia del posible consumidor, habrá que pensar en si el producto funciona . Por otra parte, los ciudadanos no pueden reaccionar espontáneamente si no se los dirige, como una manada de corderos se deja devorar si no hay un perro pastor. Y en este país esos perros se dedican, en general, a mover el rabo con otros fines. Tiene gracia que aún encima llamen "comisarios politicos" a quien les señala con el dedo por su dejadez e incompetencia. Subyace el mensaje vacío estigmatizador tan presente en nuestra Historia (el hereje, el judío, el rojo...). Por cierto, después del Bipartito, yo no tendría muchas esperanzas de otros partidos

      Eliminar
    3. Coincido coa túa analise, pero é preciso que deamos resposta ás agresión que o Partido Popular está facendo contra a Sanidade Pública e contra os seus usuarios, e esa resposta so pode vir dos sindicatos que temos, que é certo que, cada vez máis, están en mans de persoas mediocres, sen ideoloxía e que, en moitos casos, o que non queren é ir a traballar. Pero, con eses bois temos que arar

      Eliminar
    4. Todo tiene tufo izquierdoso,más reparto de todo y vaciar otra vez las arcas.Todos sabemos que el problema son los políticos que crean problemas donde no los hay.Lo normal es trabajar,rendir,optimizar y dejarse de "carayadas".Ha habido muchos abusos de médicos y de usuarios.Se ha fomentado ir al médico por todo y la consecuencia es la que hay.Lo normal es ir al médico cuando hace falta pero no por una quemadurita solar.Hay mucha demagogia en los comentarios y hay que ponerse a trabajar y cumplir como personas no como idiotas.La calidad de vida no es ir al médico ni promocionar que vaya.En ningún país del mundo existe el pitorreo de aquí.Hay que dejar de pensar de que es el Estado quien paga todo:pensiones,sanidad,autovias,etc y pedir que nos facilite trabajo y el resto pagarlo nosotros hasta un fondo de pensión (abalado por el estado pero con aportaciones nuestras y controlados por uno mismo), asi el Estado se dedica a lo que tiene que hacer:poner medios pero no financiarlos gratuitamente

      Eliminar
    5. Dijo Jesús: ...por sus hechos los conocereis... "Carayadas" es con "LL" y "Abalado" con "V" Prefiero mi país de pitorreo, que, a ese pesar, me ha enseñado castellano (entre otros). Para los del "low-cost", las faltas de ortografía.

      Eliminar
  3. Este post destaca dos aspectos tristemente interesantes.
    Uno es conocido recientemente, el intento de implantar esas unidades de Gestión clínica con repercusiones laborales y profesionales potencialmente nefastas. Las consecuencias para pacientes no serían menores. Todo ello, como siempre, en aras de esa palabra mágica, eficiencia. Y en la línea conocida de desmantelamiento pleno del sistema sanitario público. El ejemplo de las apendicitis de Ourense que han de operarse en Vigo es significativo de lo que se quiere.
    Coincido con Pablo en la necesidad de una unión sindical y de un apoyo masivo a ella. Hay un enemigo claro de la sanidad pública y ante esa evidencia, ante tanto riesgo, de poco sirven críticas al amarillismo sindical, a sus prebendas o a lo que sea, por justificadas que puedan ser. Simplemente es hora de retomar la única o una de las pocas alternativas que hay, la unión. Y para ello el único organismo que puede servir como catalizador, a pesar de sus deficiencias, es el sindical. Y he de aclarar que ni pertenezco ni pertenecí nunca a ninguno. Debieran servir los colegios profesionales pero ya parece que han mostrado con quién están, algo que habrá que tener en cuenta cuando se renueven sus juntas directivas, algo que, por otro lado, suele traernos al pairo a los médicos. Y ocurre que los colegios sí son importantes para bien y, como en este caso ha ocurrido, también aparentemente para mal.
    El otro aspecto que me parece muy importante y al que ya aludió Pablo en alguna otra ocasión es el moderno, el guay, el telemático. Ése es un ataque sencillamente brutal a nuestra profesión. Diría más, letal. Supone ignorar lo esencial del acto clínico, de encuentro real, no virtual, entre un médico y un paciente. La informática tiene aplicaciones indudables pero una de ellas es de servicio al amo capitalista. La informática en nuestro trabajo es más una herramienta de vigilancia que de apoyo a nuestra actividad. La telemática permitirá no sólo lo que pretenden, esa consulta filtro a través de teléfono y más pronto que tarde con un ordenador que hará de médico (No he entendido: repita, lugar de dolor… y cosas así). También facilitará la globalización en la peor de sus formas, con imágenes que serán informadas en China o India, por ejemplo; eso sí, por elementos convenientemente ISOficados, no vaya a ser que ataquemos ese otro término mágico llamado calidad.

    ResponderEliminar
  4. Deixando de lado a carga política que contén o post, lexítima e respetable por suposto, coincido coa definición que fai o Dr. Vaamonde da xestión clínica no parágrafo que escomenza con " A Xestión Clínica é outra cousa...". Eso é do que se está a falar. Tén todo o sentido que os profesionais sanitarios e non sanitarios aportemos a nosa experiencia e coñecemento para planificar a mellor asistencia para os pacientes. Por outra banda, a disposición adicional quinta da Ley 10/2013 non obriga a nada. Específicamente di. "Se declarará en la situación de servicios de gestión clínica al personal estatutario fijo que acepte voluntariamente el cambio en su relación de empleo que se le oferte por los servicios de salud para acceder a estas funciones...". Atención ao término "voluntariamente". Posteriormente trata o tema da excedencia como acontece xa noutras situacións.
    Por outra banda, a telemedicina non pode sustituir ao médico porque nadie nin nada o pode facer (interesante artigo onte en JAMA online sobre as Guías de Práctica Clínica, os desexos do paciente é a labor do médico). Pero tamén é certo que poderiamos facilitar moito a vida aos nosos pacientes so con utilizar mais o télefono como facemos cos nosos amigos, so con eso, con unha tecnoloxía que xa temos e todos sabemos usar. Os profesionais somos os que debemos decidir como utilizar a tecnoloxía no ben dos nosos pacientes, non para afastalos senón para coidalos mellor. Somos nos, ninguén mais, quen podemos e temos a responsabilidade de facelo. Eu confío, sei, que somos quén de facelo, por eso estou a favor de que se nos permita, e as Unidades de Xestión Clinica son un avance nesa dirección.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. pienso que no crees lo que dices ( con muy buenas palabras ), los hechos son otros, la experiencia dice lo contrario, hay que saber leer entre lineas. el buenismo no existe desgraciadamente, creo que pecas de inocente (si lo que escribes es lo que piensas).

      Eliminar
  5. Xustamente do que se esta a falar NON é de XESTION CLIONICA senon que do que se esta afalar e de PRIVATIZACION por parte dos gobernos da Xunta e Central, e de Xestion CINICA ou de cinismo na xestion por parte dos Xerentes pagados polas multinacionais, non tedes mais que ver quen financia as paxinas das suas asociacions profesionais, e como pregan o goberno para mañan facerse co negocio das avaliacions das areas de xestion CINICA

    ResponderEliminar
  6. ¿QUIEN AGLUTINARÁ A TODO EL PERSONAL PARA TRABAJAR JUNTOS? ¿ ANONIMO? ¿JAVIER?
    ¿ROCIO? ¿ALBERTO? ¿QUIEN.......... PUES YA NO TENEMOS CABEZA PENSANTE NI OBRANTE NI QUE PLANTE CARA POR LOS DEMAS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¿Que estamos a facer os que aqui escribimos, solo falamos ou estamos Xuntos nas asambleas que se estan a celebrar nos centros e si non e asi exixindoas?
      Falemos mmenos e espallemolas nosas ideas
      XUNTOS PODEMOS
      SI SE PODE

      Eliminar