En Galicia Confidencial
“Son lo que son: simplemente unas fotos”. Así se explicou Núñez Feijóo hai uns días
cando foron publicadas unha imaxes de 1995 nas que aparece fotografiado, en
diversos momentos e situacións, á beira de Marcial Dorado, famoso delincuente
que agora cumple condena por narcotráfico.
![]() |
Fotografía de Manuel Ferrol |
Acerta. Non son
máis que fotos. Pero a fotografía, que comezou como un oficio artesanal hai
máis de cento cincuenta anos, converteuse nun dos medios principais para documentar a nosa vida
colectiva a persoal. A historia de España no século XX está relatada nas imaxes
captadas por Publio López Mondéjar. As fotografías de Manuel Ferrol e Virxilio
Vieitez reflexan con fidelidade a historia recente de Galicia. Ahí están,
fixadas para sempre, as vidas dos nosos pais e os nosos avós. Non sería doado
comprender o drama da emigración sen as imaxes que eles souberon capturar.
As fotos persoais
teñen tamén un grande valor documental. Agora, coas cámaras dixitais e os
móbiles, é moi doado deixarse retratar. Pero ata hai ben pouco a xente só facía fotos nos momentos importantes da vida:
nos bautizos, nas bodas, nas festas familiares. Había que capturar o instante e
fixalo para sempre. Podemos facer un relato das nosas vidas a través desas
imaxes: o grupo familiar, as amizades,
as viaxes, as celebracións. Se cadra hai algunha imaxe á que nos gustaría
renunciar, mais xa non é posible.
En política é moi
importante a imaxe. Os asesores aconsellan aos líderes para que ofrezan sempre
o mellor perfil. As aparicións públicas son preparadas como unha montaxe
teatral. Mais, con todo, tamén se pode construir o relato dunha traxectoria
pública a través das fotografías. Debuxan con bastante exactitude a forma de
actuar, a maneira de entender a vida e o exercicio da política. Podemos facer
un exercicio práctico con cinco fotografías de Alberto Núñez Feijóo, actual presidente da Xunta.
1. Interino. En 1988, tres anos despois de comezar a traballar como
interino na Xunta, presentouse ás eleccións sindicais por Afica (Agrupación de
funcionarios interinos e contratados administrativos). Foi delegado sindical
ata o ano 1991, cando comezou a súa carreira política, apoiado por Romay
Beccaría, que o nomeou secretario xeral da Consellería de Agricultura. Aquel
mozo sindicalista de 27 anos (que aparece nunha foto da época con Carlos
Negreira e outros compañeiros) organizou folgas e protestas para reclamar “o acceso á función pública de todos os
funcionarios interinos e contratados administrativos, asegurando en todo caso a
estabilidade no posto de traballo”. En resumo, como xa dixemos noutra
ocasión , Núñez Feijóo quería un posto de traballo público entrando pola porta
de atrás (sen facer oposicións) e coas mesmas condicións que os traballadores
fixos. Agora, lonxe dos seus tempos reivindicativos, utiliza o poder como
presidente da Xunta para aplicar severos recortes na sanidade, na educación e
nos servizos sociais, para reducir os salarios e precarizar as condicións de
traballo dos funcionarios ao tempo que fomenta o desprestixio dos servizos públicos.
2. Viaxes e festas. En 1995, cando xa era
o número dous da Consellería de Sanidade, deixouse fotografiar, en amistosa
compañía, a bordo do iate Oratus, propiedade de Marcial Dorado, un
coñecido contrabandista que levaba un tren de vida moi por enriba das
posibilidades dos seus veciños honrados. O barco foi intervido en 2009 por
Aduanas, despois dunha operación por blanqueo de diñeiro, e o seu propietario
está no cárcere. Segundo a prensa tamén viaxaron xuntos a Cascais, a Ibiza e a
un lugar onde había neve (“Creo que no
fuí a Andorra; creo que no, lo que sé es que había nieve, parece ser que eran
los Picos de Europa”, dixo en público). Parece ser que tamén participou en
festas no chalé do traficante. Agora xa
non viaxan xuntos. Agora o presidente da
Xunta vai con frecuencia a Salvador de Bahía (Brasil) onde, segundo afirma, pensa retirarse cando se xubile. Cando se
fixeron estas fotos, que agora saen á luz, as nais de Arousa levaban anos
loitando contra os delincuentes que vendían a droga que mataba aos seus fillos.
Núñez Feijóo, con altas responsabilidades en Sanidade, facía viaxes de lecer
cun deles.
3. Os incendios. No verán de 2006 déronse en Galicia unhas
condicións extremas de calor e vento que provocaron unha tremenda onda de
incendios. O conselleiro Suárez Canal, recén chegado ao posto, pasou moitas
noites sen durmir. As brigadas traballaron incansábeis para combater o lume,
que saltaba dun lugar noutro como se non fose rematar nunca. Moita xente veu
chegar as lapas á beira das súas casas. Vivíronse momentos de angustia. Núñez
Feijóo, que daquela estaba na oposición, fixo unha foto na que aparecía, de
branco inmaculado, agarrado a unha mangueiriña, simulando atallar o lume. Durante
o seu mandato a política forestal non mellorou e recibiu numerosas críticas dos
traballadores, dos grupos ecoloxistas e da oposición. En 2010 houbo outra
extensa onda de incendios. A Xunta optou pola ocultación de datos e só
informaba dos lumes de grandes dimensións, pero non puido ocultar a morte de
dous homes nun incendio en Fornelos. Hai
un ano houbo un pavoroso incendio nas fragas do Eume e os expertos sinalaron
que era consecuencia da falta de planificación da política forestal. Un ano despois nada mudou: as fragas seguen expostas ao mesmo risco de
arder. A Xunta ten, polo momento, un
grande aliado: a chuvia que non cesa desde hai sete meses. Mais cando veñan a calor e o vento non vai chegar a nada a
mangueira.
4. No Vaticano. A primeiros de
2010 Núñez Feijóo visitou ao Papa de Roma. Foi acompañado polo arzobispo de
Santiago e pola súa suposta compañeira sentimental, a xornalista Carmen “Chiny”
Gámir. O visitante deixou facer numerosas fotografías do momento. En moitas delas
aparece “Chiny” cunha cruz sobre o peito. Na actualidade xa non hai tal relación;
a parella rompeu e ela vive en Madrid, onde
exerce como xefa de prensa da secretaria de Estado de Presupostos (Marta
Fernández Currás, antes Conselleira de Facenda en Galicia). Neste tempo en que
resulta tan difícil atopar traballo non
deixa de sorprender que haxa persoas que o consigan con tanta facilidade.
5. Banqueiros. A mediados de 2010 Núñez
Feijóo promoveu reunións e encontros cos principais dirixentes das Caixas
galegas. Gayoso e Méndez, máximos dirixentes de Caixanova e Caixa Galicia
durante décadas, accederon á petición do presidente da Xunta e iniciaron o
proceso de fusión. Saíron nas portadas dos xornais co sorriso nos beizos. Todos sabemos o que pasou despois. Novacaixagalicia
transformouse en banco, que tivo que ser rescatado con diñeiro público. Galicia
quedou sen Caixas de Aforros e sen a súa obra social, os responsables do
desastre deixaron os cargos con indemnización multimillonarias, e milleiros de
persoas estafadas polo fraude masivo das participacións preferentes recorren
Galicia e perden a paciencia reclamando xustiza. O fiscal superior de Galicia,
Carlos Varela, considera que este é o maior frande da historia de Galicia e que
a grande maioría dos afectados foron enganados polas entidades
comercializadoras. Mais agora o presidente non ten tempo para recibir aos afectados.
Qué certo é. As fotos falan por si soas.
ResponderEliminarEu tamén creo na inocencia. Unha vez foi unha señora maior a denunciares o roubo da sua billeteira Na policía preguntaron polos feitos ¿Onde agochaba a billeteira? Respondeu: aquí, no sostén (sinalando loxicamente un peito) ¿E no se deu de conta de que lle andaban...? Sí..., pero pensei que iban con boas intenciós.
ResponderEliminarEste vendedor de fume e coma un corcho,a pesares das que fai, e... das que non fai, sempre esta a flote. Somos un pais de papanatas
ResponderEliminarNon podo estar máis de acordo contigo.
EliminarNon sei que más nos ten que pasar para que reaccionemos.
¿non se percatou do ridículo que resultaba facendo o amago de apagar o lume cunha pingueira de auga?
ResponderEliminarvaia espanto....
E logo, durante anos e anos segueu facendo o mesmo: ca súa impoluta camisa blanca, desde as súas alturas, ben abrigado e co estómago quente, facendo amagos patéticos de poses forzadas e inverosímiles, adoptadas para saír nas fotos, en vez de atallar os problemas verdadeiros do país...
ResponderEliminarcada un dos incendios sociais e económicos que vimos padecendo, esta é toda a súa actuación: coller unha mangueira de auga con chorringuillo para saír na foto como se estivese facendo algo para atallar o lume.
Total o tipico "santo" que tira a pedra e esconde a man,que anda o sol que mais lle quenta, e logo caenlle as bagoas de emocion cando foi nombrado presidente da xunta.Se non nos damos conta dos politicos que temos e que somos parvos ou temolos ollos pechados .Moito prometer nada cumplir,pidennos sacrificos pero eles cada dia viven millor porque nos teñen a todos amedrentados e tratannos como borregos,como si foran os donos do mundo e das vidas da xente,solo espero que algun dia todos xuntos digamos basta xa!
ResponderEliminarO máis infame ainda é que xa souperan o que podía pasar con estas fotos "comprometidas" e utilizaran a mesma munición para dispararlle a Anxo Quintana, esqueceron o efecto boomerang.
ResponderEliminarSomos un pais "cuarto-mundista", durmido, masoca... e continuaremos a selo, durante moito tempo.
ResponderEliminarParece incrible!
Os políticos e mailos que están detras teñennos tomada ben a medida.
Senguen a mexar por nos, namentres dicimos que chove.
Temos o que merecemos
totalmente dacordo cos comentarios e co artigo, pero non se trata solo de este suceso de Nuñez Feijo , para min son todos iguales tanto dan os de dereitas como de esquerdas como do medio...... a ver si a xente desperta de unha vez por todas ..... e ve que todos tan a vivir o millor posible .. botemolos a todos fora ... que veña ESCANOS EN BLANCO
ResponderEliminarEstoy completamente de acuerdo con el artículo y con la mayoría de los comentarios, excepto con los que: a) se limitan a llorar, diciendo que somos masocas y tenemos lo que merecemos; b) consideran que todos los "políticos" (¿quienes son?) son iguales y por tanto qué mas da quién gobierne. Ambas posturas son inmovilistas y benefician a los que están destruyendo nuestro presente y nuestro futuro. La única posición razonable y ética es la movilización y la subversión para alejar a esta pandilla de delincuentes definitivamente del poder.
ResponderEliminarAbsolutamente de acordo "El silencio de los corderos" paraliza a sociedade que ve calada como os lobos deboran un a un á humanidade Na mente traballa a cultura da resinación e a covardía
EliminarMAgnifico trabajo PAblo, tanto de investigacion, como de documentacion e sobre todo de argumentacion, a algunos deberia darles verguenza- si la tuvieran- y fueran capaces de ejercer algo tan humano como es la autocritica y el ejercicio de humildad e reconcerse ante un espejo a si mismo, la traicion que dia a dia se estan cometiendo a ellos mismos sus ideales, y a los demas...¿porque?..Por el poder, la tan famosa erotica del poder, ....la falta de escrupulos y el dinero..Poderoso caballero....El sr. FEijoo, hace tiempo que esta mas que definido y comprendido por la inmensa mayoria de la gente normal que pisamos las calles de este pais, y solo nos preocupa nuestra familia, hijos, amigos, el escaso y precario trabajo, y llegar a vivir cada dia.....sin meternos con nadie.
ResponderEliminarSalud y República
ResponderEliminarGracias ,Pablo, por informarnos de lo que no conocíamos hasta hace nada - tambien la prensa tiene gran culpa de todo este "secreto ignominioso"-.Sería de esperar que en la proxima ocasión votásemos en consecuencia.
ResponderEliminarGracias por hacernos parecer como (No Normal) una situación que la prensa y la sociedad en general trata como cotidiano
ResponderEliminar