lunes, 9 de mayo de 2011

Recuperou o sorriso

 
O día 11 de marzo Yuko Sugimoto, de 28 anos, deixou ao seu fillo Raito na escola infantil de Ishinomaki, como todos os días, e continuou a súa viaxe en coche para ir traballar nunha vila próxima. Logo sucedeu o que todos sabemos: o tremor da terra e o inmenso tsunami deixaron a Xapón convertido nunha enorme extensión de escombros. E alí estaba ela, envolta nunha manta, paralizada polo medo no medio da destrucción, coa mirada perdida, agardando o miragre de atopar ao seu fillo con vida. O seu rostro é a imaxe da dor irreparable e da desesperación completa.
 
A devastación bloqueaba as estradas, toneladas de lixo acumulábanse por todas partes, non había maneira de chegar ata o lugar donde se atopaba a escola, e as noticias eran contradictorias. Ninguen sabía con certeza se os nenos estaban a salvo ou se foran arrastrados pola forza das augas. Pasaron cinco días eternos, dolorosos e lentos, ata que soubo que o seu neno estaba a salvo e puido reunirse con el. Os mestres conseguiran subir a todos os rapaces ao tellado da escola.
A imaxe desta muller, co terror e a pena debuxados no rostro,  apareceu en numerosas portadas de prensa en todo o mundo. Reflexa o calvario que pasou a xente de Xapón no medio do caos. Georgina Higueras relata esta historia  en El País Semanal. Na foto do reencontro vese como a nai recuperou o sorriso: a vida volve a ter sentido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario