A Asociación Galega para a
Defensa da Sanidade Publica (AGDSP) é unha organización sanitaria que
ten como principal obxectivo intervir na política sanitaria coa finalidade de
mellorar e defender o sistema sanitario público fronte ás forzas que pretenden
desde hai anos o seu desmantelamento e privatización.
Somos unha organización galega,
federada con outras organizacións similares de todo o Estado na Federación
de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública. Durante máis de 30
anos viñemos realizando investigacións e propostas en materia sanitaria;
promovendo mobilizacións profesionais e cidadás en defensa da sanidade pública,
apoiando as intervencións dos grupos políticos progresistas nas institucións
representativas, colaborando coas organizacións sindicais na defensa dos
lexítimos intereses dos traballadores sanitarios, e informando á sociedade a
través dos medios de comunicación.
Desde a AGDSP temos potenciado a
creación dunha gran alianza social e profesional en defensa do Sistema de Saúde
Público Galego, en colaboración con outras organizacións sociais, políticas,
sindicais e profesionais. Esta alianza plasmouse nas Plataformas en
Defensa da Sanidade (SOS Sanidade Pública) activas en toda a xeografía de Galicia.
Somos un colectivo non
partidario, pero non neutral politicamente; temos unha orientación progresista,
que integra a traballadores/as sanitarios/as de todas as categorías e
ideoloxías que queren manter e mellorar un sistema público de saúde público,
universal, equitativo, accesible e de calidade.
O noso funcionamento baséase na
lealdade, a xenerosidade e a defensa dun ben tan importante como a saúde, o que
foi a clave para superar grandes retos e problemas durante estes anos, mantendo
ao mesmo tempo un carácter aberto e plural.
·
O sistema está en risco real de privatización como consecuencia das
políticas neoliberais que consideran a saúde como unha oportunidade de negocio,
e a crise económica serve de coartada para desmantelar o noso sistema
sanitario.
·
Existe unha gran preocupación na poboación e nos traballadores
sanitarios polo futuro do sistema público, como demostran as numerosas
mobilizacións en defensa da Sanidade Pública dos últimos anos, en todas as
áreas sanitarias de Galicia.
Neste escenario parece necesario
potenciar a AGDSP como o espazo, aberto a todas as ideoloxías progresistas, que
permita a implicación dos sanitarios/as e estudantes de ciencias da saúde que
queiran incorporarse á loita por salvar o sistema público. Aínda que son moitos
os que veñen colaborando desde hai tempo connosco, é necesario abrir a
organización a todos os que queiran participar e colaborar na elaboración de
novas estratexias e mobilizacións.
As Plataformas en Defensa da
Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública), están tendo un gran protagonismo nas loitas
sociais en toda Galicia e necesitan dunha maior participación nas mesmas de
traballadores/as da saúde.
Para alcanzar este obxectivo
convocamos unha reunión aberta a todos/as os sanitarios/as de todas as
categorías a unha reunión e próximo día
8 de febreiro coa seguinte orde do día:
1.
Elección dunha Xunta Directiva aberta a quen estea interesado en formar parte
da mesma.
2.
Acordar un sistema de funcionamento aberto e participativo que facilite a
implicación e colaboración dos traballadores/as sanitarios/as na elaboración
das estratexias, decisións e actividades a nivel autonómico e nas diferentes
áreas sanitarias, centros asistenciais e na Administración.
3.
Consensuar un Plan de Actuación que fixe as tarefas e prioridades da AGDSP para
o ano 2017.
Pedimos que realicedes o maior
esforzo posible por difundir esta invitación, trasladándoa a todos os
traballadores e estudantes que consideredes interesados na defensa e mellora da
sanidade pública.
A reunión, a celebrar o dia
8 de febreiro as 17 horas no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de
Compostela (Rúa Berlín, 13), debe ser un punto de inflexión para
revitalizar e potenciar unha asociación tan necesaria nestes momentos de
incerteza.
Non poderei asistir a esa convocatoria. Estou convencido, e deséxoo, de que xurdirá dela unha Xunta Directiva que seguirá na liña habitual tan necesaria, máis aínda agora, de defender o noso, o que nos pertence como pacientes e como traballadores.
ResponderEliminarClaro que queren privatizar. É tan obvio en todas as ordes do quefacer cotián que negalo sería absurdo. Iso si, privatizar sen mollarse. Porque é lexítima a sanidade privada, que implica o risco persoal de apostar por ela, pero parece que o é moito menos esta simbiose estraña na que quen dirixe o sistema público non arriscan nunca nada a escala persoal. É moi feo tratar de privatizar desde dentro e manténdose dentro.
Por iso, a pesar dun desánimo acumulado, queda a esperanza de que os nosos fillos e netos sigan dispoñendo dun sistema sanitario público decente, o que implica a obrigación ética de seguir na brecha.
Unha aperta.