tag:blogger.com,1999:blog-8939756251151381787.post6145764766576055393..comments2023-04-14T14:48:11.610+02:00Comments on Pablo Vaamonde: Reunión xeral da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública Pablo Vaamondehttp://www.blogger.com/profile/08688935654036643788noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8939756251151381787.post-7771941107248400042017-02-07T13:31:50.715+01:002017-02-07T13:31:50.715+01:00Non poderei asistir a esa convocatoria. Estou conv...Non poderei asistir a esa convocatoria. Estou convencido, e deséxoo, de que xurdirá dela unha Xunta Directiva que seguirá na liña habitual tan necesaria, máis aínda agora, de defender o noso, o que nos pertence como pacientes e como traballadores.<br />Claro que queren privatizar. É tan obvio en todas as ordes do quefacer cotián que negalo sería absurdo. Iso si, privatizar sen mollarse. Porque é lexítima a sanidade privada, que implica o risco persoal de apostar por ela, pero parece que o é moito menos esta simbiose estraña na que quen dirixe o sistema público non arriscan nunca nada a escala persoal. É moi feo tratar de privatizar desde dentro e manténdose dentro. <br />Por iso, a pesar dun desánimo acumulado, queda a esperanza de que os nosos fillos e netos sigan dispoñendo dun sistema sanitario público decente, o que implica a obrigación ética de seguir na brecha.<br />Unha aperta.<br />Javier Peteiro Cartellehttps://www.blogger.com/profile/17813776051750733758noreply@blogger.com