A
polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (III)

O colectivo de matronas do HAC tamén expresou publicamente a preocupación polas súas condicións de
traballo. Nunha rolda de prensa denunciaron que a falta de persoal pode
provocar situacións de risco para as xestantes e os recen nados. Entenden que a
condicións nas que as obrigan a traballar están en contra de todas as
recomendacións estatais e internacionais. “Temos medo de ver o que nos imos
atopar ao chegar ao traballo; calquera día pode pasar algo moi grave”,
aseguraban.
Remata o ano e multiplícanse as protestas. Os doentes quéixanse polo
colapso nas urxencias,
onde teñen que esperan máis de sete horas para recibir atención. Ao desorde no
funcionamento súmase a deficiencia das infraestruturas e o déficit de
profesionais que teñen que asumir unhas cargas de traballo inabordábeis. A
Xunta de Persoal do HAC convoca un calendario de mobilizacións para denunciar a
falta de recursos, que persisten en 2016.
Os médicos tamén continúan coas protestas no HAC e din que non queren ser “cómplices calados do
desastre" do hospital vigués. Nunha rolda de prensa expresan o seu
descontento xeral co funcionamento e afirman que o problema fundamental é o
sistema concesional do centro sanitario, que estarán condenados a sufrir
durante vinte anos. Tamén destacaron que os médicos se senten
"maltratados" xa que a súa opinión non foi "valorada"en
ningún momento. Os xefes de servizo tamén se rebelan e 28 dos 40 existentes asinan un escrito no que declaran a súa
"perda de confianza no equipo directivo" e reclaman medidas para
arranxar os problemas existentes e que se "cumpra cos compromisos
adquiridos de mellora asistencial". Núñez Feijoo tomou nota da reprimenda
e anunciou cambios.
Poucos días despois substitúe a todo o equipo directivo do HAC –dous meses despois do cese da conselleira-, pero mantén ao xerente,
Félix Rubial, no seu posto. Este, nunha comparecencia pública, tenta presentar
estes ceses como un proceso de “cambio natural e tranquilo”, necesario para dar
un novo impulso. As forzas sindicais, pola contra, coinciden en que non se
trata de cambiar persoas senón de aplicar políticas diferentes; recordan que
quen manda en realidade no HAC é a empresa concesionaria e insisten en que é preciso un cambio radical
no modelo sanitario e recuperar o hospital para a sanidade pública.
No hay comentarios:
Publicar un comentario