A polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (II)

En
novembro de 2015 a empresa propietaria de Povisa fixo unha intensa campaña de
marketing nos medios para tentar aproveitar o clima de incerteza creado na
poboación e recuperar os pacientes anteriormente perdidos. Povisa recibe cada
ano case 75 millóns de euros e ten asignada unha poboación de preto de 140.000
persoas ( recibe 535 euros por cada tarxeta asignada); de aí o enorme interese
por aumentar esta asignación, a pesar de ser un hospital denunciada en varias
ocasións por presentar numerosas eivas na calidade asistencial. É, con moita diferenza,
o campión de Galicia no que respecta ás listas de espera. Tamén cómpre destacar
que a cantidade que recibe é superior ao canon do HAC (72 millóns anuais) aínda
que o número de camas que ofrece Povisa (405) non chega á metade do novo centro
(858).
As plataformas da sanidade pública do Morrazo publicaron un manifesto para denunciar a campaña
de Povisa no que afirmaban: "Dende o Morrazo, consideramos que este é un
derroche de recursos materiais e humanos sen precedentes. Non recordamos unha
campaña mediática e económica tan brutal, como a que estamos presenciando na
Area Sanitaria de Vigo e sospeitamos que o seu obxectivo non é outro que
puramente mercantil para recuperar as 5.000 cartillas que perdeu o pasado ano".
Afirman que Povisa non ofrece a mesma calidade asistencial que os hospitais públicos e que o HAC
ten moitas deficiencias por culpa do modelo imposto polo goberno de Núñez
Feijoo, pero ese hospital ten que ser recuperado para o dominio público, cómpre
reverter a situación e frear a campaña de Povisa, que pretende desprestixiar a
sanidade pública para conseguir beneficio propio.

Este artigo mostra unha visión completamente sesgada da realidade que pode chegar a confundir e incluso a engañar ó lector.
ResponderEliminarComa o autor do artigo eu tamén son médico actualmente traballo no sistema público pero durante tempo desempeñei a miña labor profesional en POVISA e sei do que falo. NON É CERTO O QUE SE DI NESTE ARTIGO. Son falsos case todos os argumentos que se citan. Por favor antes de escribir infórmese
Non sei por qué, me inspira máis confianza o Dr. Vaamonde que alguén que defende a unha empresa da Sanidade Privada.
ResponderEliminarMi experiencia en Povisa por ingreso en tres ocasiones excelente-soy de Santiago conozco el Clinico desde Galeras-en todos los sitios se cuecen habas es bueno opinar después de haber tenido una experiencia en los centros púbicos y concertados
ResponderEliminarA ex-vicexerente do SERGAS e o acceso a MSD .....!!!!!
ResponderEliminarRespondiendo a Alf, opino igual que Pedro de Visma. En mi caso he conocido al Dr. Vaamonde por haber trabajado 2 años en el mismo centro de salud y ha demostrado ser buen profesional y estupenda persona. Opina y escribe con conocimiento de causa. Leo sus artículos y su línea es denunciar la privatización de la Sanidad Pública y en el caso de Povisa, además he visto suficientes manifestaciones de protesta y opiniones que demuestran que es un negocio descarado y un coladero de millones de dinero público para la empresa
ResponderEliminar