jueves, 31 de marzo de 2016

Povisa tenta pescar nas augas revoltas


A polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (II)




Novembro de 2015: A situación de caos provocada polo apresurado traslado dos hospitais públicos (Xeral e Meixoeiro) ao Álvaro Cunqueiro xerou un clima de gran preocupación na poboación de Vigo. O hospital privado Povisa aproveitou o momento para animar aos veciños de Vigo, Gondomar, Nigrán, Baiona, Cangas e Moaña -que viñan recibindo asistencia nos hospitais públicos da cidade-, para solicitar un cambio de hospital de referencia para que fosen atendidos nese centro. O concerto singular asinado entre Povisa e Sergas recoñece a posibilidade de que a poboación destes concellos escolla o seu hospital de referencia no mes de novembro de cada ano de vixencia do citado concerto. O certo é que, ata o momento, o tráfico de pacientes foi en sentido inverso: en 2014 uns cinco mil usuarios de Povisa solicitaron o cambio a un hospital público.



En novembro de 2015 a empresa propietaria de Povisa fixo unha intensa campaña de marketing nos medios para tentar aproveitar o clima de incerteza creado na poboación e recuperar os pacientes anteriormente perdidos. Povisa recibe cada ano case 75 millóns de euros e ten asignada unha poboación de preto de 140.000 persoas ( recibe 535 euros por cada tarxeta asignada); de aí o enorme interese por aumentar esta asignación, a pesar de ser un hospital denunciada en varias ocasións por presentar numerosas eivas na calidade asistencial. É, con moita diferenza, o campión de Galicia no que respecta ás listas de espera. Tamén cómpre destacar que a cantidade que recibe é superior ao canon do HAC (72 millóns anuais) aínda que o número de camas que ofrece Povisa (405) non chega á metade do novo centro (858). 

As plataformas da sanidade pública do Morrazo publicaron un manifesto para denunciar a campaña de Povisa no que afirmaban: "Dende o Morrazo, consideramos que este é un derroche de recursos materiais e humanos sen precedentes. Non recordamos unha campaña mediática e económica tan brutal, como a que estamos presenciando na Area Sanitaria de Vigo e sospeitamos que o seu obxectivo non é outro que puramente mercantil para recuperar as 5.000 cartillas que perdeu o pasado ano". Afirman que Povisa non ofrece a mesma calidade asistencial que os hospitais públicos e que o HAC ten moitas deficiencias por culpa do modelo imposto polo goberno de Núñez Feijoo, pero ese hospital ten que ser recuperado para o dominio público, cómpre reverter a situación e frear a campaña de Povisa, que pretende desprestixiar a sanidade pública para conseguir beneficio propio. 

SOS Sanidade Pública pronunciouse sobre o tema. Recorda que Povisa ofrece moitos menos servizos que o outro hospital. Carece dos servizos de obstetricia, de hemodinámica, de cirurxía cardíaca ou de psiquiatría, ten un 16% menos de camas  e un 30% menos de médicos por cama que o CHUVI. Ten, ademais, 157 días de espera cirúrxica media, fronte aos 65 da media dos hospitais públicos do Sergas, polo que sería unha insensatez que os cidadáns cambiasen a Povisa. Tamén os alcaldes do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña) fixeron unha declaración en defensa dunha sanidade 100% e de calidade e rexeitan que a veciñanza do Morrazo cambie o seu centro de referencia sanitario por Povisa.







5 comentarios:

  1. Este artigo mostra unha visión completamente sesgada da realidade que pode chegar a confundir e incluso a engañar ó lector.
    Coma o autor do artigo eu tamén son médico actualmente traballo no sistema público pero durante tempo desempeñei a miña labor profesional en POVISA e sei do que falo. NON É CERTO O QUE SE DI NESTE ARTIGO. Son falsos case todos os argumentos que se citan. Por favor antes de escribir infórmese

    ResponderEliminar
  2. Non sei por qué, me inspira máis confianza o Dr. Vaamonde que alguén que defende a unha empresa da Sanidade Privada.

    ResponderEliminar
  3. Mi experiencia en Povisa por ingreso en tres ocasiones excelente-soy de Santiago conozco el Clinico desde Galeras-en todos los sitios se cuecen habas es bueno opinar después de haber tenido una experiencia en los centros púbicos y concertados

    ResponderEliminar
  4. A ex-vicexerente do SERGAS e o acceso a MSD .....!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Respondiendo a Alf, opino igual que Pedro de Visma. En mi caso he conocido al Dr. Vaamonde por haber trabajado 2 años en el mismo centro de salud y ha demostrado ser buen profesional y estupenda persona. Opina y escribe con conocimiento de causa. Leo sus artículos y su línea es denunciar la privatización de la Sanidad Pública y en el caso de Povisa, además he visto suficientes manifestaciones de protesta y opiniones que demuestran que es un negocio descarado y un coladero de millones de dinero público para la empresa

    ResponderEliminar