Galicia Confidencial
Praza Pública
O 22 de
marzo de 2016 unha delegación de SOS Sanidade Pública, encabezada por Manuel
Martín García, acudiu a Bruxelas, para entrevistarse con parlamentarios
europeos e facer entrega de documentación en relación coa denuncia presentada
ante a Comisión Europea polas irregularidades do Hospital Álvaro Cunqueiro. Ese
día a cidade de Bruxelas sufriu un atentado terrorista, brutal e desalmado, que
provocou decenas de mortos e centenares de feridos. Nada pode xustificar tanta
maldade e tanta dor. Queremos condenar estes ataques violentos e expresar a
noso apoio a todas vítimas e os seus familiares.
A polémica
sobre o novo hospital de Vigo continúa. Imos facer deseguido, en varios
capítulos, un relato cronolóxico do acontecido nos últimos meses.
Un
paciente de 66 anos (con diagnóstico de adenocarcinoma gástrico, de máxima
prioridade cirúrxica) non puido ir a quirófano para ser operado, por "falta de
material cirúrxico, a pesar de avisalo o día anterior", segundo os propios
cirurxiáns. O doente con cancro foi para o seu domicilio "quedando
pendente de reprogramar" a operación, tal e como figura no informe de
alta. A veracidade do mesmo foi confirmada por varias fontes sanitarias do HAC.
O persoal do Hospital asegura que esta é unha das moitas intervencións que
foron suspendidas, por ese motivo ou por que o instrumental cirúrxico non
estaba esterilizado.
Pero, a
pesar do caos dese traslado, que tiveron que afrontar e sufrir os profesionais
e doentes, o que de verdade importa é o negocio. E nese terreo as cousas foron
mellor. Informaba a prensa que a concesionaria do HAC sumou máis de tres millónsde beneficio
xa antes de abrir o hospital. A UTE, controlada por Acciona e Puentes y
Calzadas comezou a explotar os servizos non clínicos cedidos pola Xunta, e
presentou uns beneficios de 1.2 millóns en 2014 e de 1.9 en 2013, segundo
explica na súa memoria.
Co inicio
da actividade clínica a factura que terá que afrontar a Xunta comeza a medrar.
A hipoteca que teremos que pagar con diñeiro público é enorme. Nos orzamentos
xerais de 2016 o goberno de Núñez Feijoo prevé un incremento da partida
destinada a sanidade do 4.4%, que representa uns 140 millóns de euros. Semella
unha boa nova mais, se analizamos polo miúdo, vemos que 70 millóns irán parar aos
petos da concesionaria do HAC: isto quere dicir que a metade da suba do
orzamento sanitario é fagocitada directamente pola UTE do novo hospital. En 2016 a Xunta entregaralle 42 millóns de
euros do prazo anual pola construción do hospital, e 27 millóns máis pola
privatización de servizos non clínicos (restauración, lavandería, mantemento,
limpeza ou transporte interno, entre outros).
O do Álvaro Cunqueiro é unha vergonza moi gorda!!
ResponderEliminar