Nueva Tribuna
Galicia Confidencial
Praza Pública
Un hospital é moito máis ca un edificio onde se atende ás persoas enfermas. É tamén un centro que xera movemento económico e comercial. Crea postos de traballo e activa a presenza de visitantes que dan actividade á zona onde estea instalado. O peche dun hospital ten sempre unha repercusión negativa na vida do barrio, que se ve desposuído dese centro xerador de actividade social e saúde colectiva.
Galicia Confidencial
Praza Pública
Un hospital é moito máis ca un edificio onde se atende ás persoas enfermas. É tamén un centro que xera movemento económico e comercial. Crea postos de traballo e activa a presenza de visitantes que dan actividade á zona onde estea instalado. O peche dun hospital ten sempre unha repercusión negativa na vida do barrio, que se ve desposuído dese centro xerador de actividade social e saúde colectiva.
Así sucedeu en Lugo. O Hospital Xeral pechou en xaneiro de 2011,
despois de 37 anos de servizo. Arredor deste centro medrou un dos barrios máis
activos da cidade, A Residencia. Moitos negocios naceron á súa sombra e os seus
propietarios, desde moito antes do traslado ao novo Lucus Augusti, clamaron en
balde para que a zona non quedase abandonada e que se buscase unha nova
utilidade aos edificios. Os responsables da Administración prometeron: podería
ser un Punto de Atención Continuada (PAC), ou laboratorio de saúde pública, ou
centro socio-sanitario, ou a nova comisaría da policía nacional. Non foi nada
deso. Pasou o tempo e, a primeiros de 2016, diversos representantes da Xunta
visitaron a zona para comprobar como o antigo hospital presenta un importante deterioro e está a punto de derrubarse.
A Administración recoñece que non ten ningún plan para utilizar estes edificios.
Mentres tanto numerosos negocios pecharon e o barrio empobreceuse de forma
evidente.
En Vigo está a suceder a mesma historia. No proxecto redactado polo
goberno progresista estaban descritos os usos alternativos que terían os
edificios abandonados do CHUVI e
Meixoeiro. Cando o goberno de Núñez Feijoo variou o rumbo para entregar a mans
privadas a construción e xestión do novo hospital tamén se esqueceu de
establecer unha actividade diferente para os edificios baleiros. Como xa alertaran os colectivos veciñais
antes do traslado o peche do Hospital
Xeral está a provocar un deterioro económico e social do barrio. Tamén
reclaman, xunto con SOS Sanidade Pública, un uso sanitario para as infraestruturas baleiras, co dobre obxectivo de dar resposta ás necesidades
sanitarias da área e, tamén, contrarrestar a perda de actividade comercial da
contorna. A perda xa resulta evidente: hai negocios que comezan a resentirse
e 52 dos 66 que seguen funcionando están en risco de pechar a curto ou medio
prazo. A primeiros de 2016, catro meses despois do traslado, había xa catorce
negocios pechados e unha redución global dos ingresos dun 80%.
Pero ademais, segundo sinala SOS Sanidade Pública, a carencia de servizos sanitarios da área é
notable. O abandono
do Plan de Recursos previsto pola anterior Administración para garantir a asistencia
sanitaria integral de toda a poboación, está
a deteriorar a atención en toda a área sanitaria. Esta organización reclama que
se lle dea un uso sanitario aos edificios (PAC, Centro de Alta Resolución,
reubicación de consultas, etc), para que os servizos ofrecidos no Xeral poidan
desconxestionar o servizo de urxencias do novo hospital. Pero a Administración
semella máis preocupada por garantir os beneficios da concesionaria que de
procurar unha boa asistencia sanitaria aos cidadáns. E mentres o barrio olla,
impotente, como o seu tecido económico e social vai esmorecendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario