A polémica do Hospital
Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (VI)
Praza Pública

No mes de marzo deste ano as
protestas continuaban no novo hospital de Vigo (HAC); as demandas dos cidadáns
acentúanse e a preocupación social non mingua. A Administración sanitaria está
incómoda, as continuadas críticas resúltanlle incómodas. Así é que recorre a
un
método moi antigo: tapar as bocas dos que protestan. O xerente Félix Rubial
emitiu, a primeiros de marzo,
unha instrución
para reprimir as críticas no interior do hospital. Na circular advirte
que poderá haber sancións para o persoal se continúa a difusión de “mensaxes
alertando sobre o deficiente funcionamento das unidades e as súas posibles
consecuencias para a saúde”. A advertencia inclúe a difusión “por medios
informáticos” de mensaxes negativas sobre o hospital.

Con esta instrución interna
pretenden calar as voces críticas; mentres tanto a concesionaria contratou unha
empresa para difundir opinións positivas sobre o HAC nas redes sociais, e mesmo
crearon perfís para divulgar comentario favorables sobre o funcionamento e a
xestión do centro.
O persoal do HAC fixo unha sentada de protesta , coas bocas
tapadas, contra desta medida inquisitorial da xerencia. Pero censura non se
reduce ao terreo profesional; tamén no ámbito da política se pretende calar as
voces discordantes. Así pasou
no Parlamento galego onde o profesor Beiras ,portavoz de AGE, foi expulsado despois dun debate intenso no que esta formación
propuxo o rescate do HAC para a sanidade pública, para evitar o pagamento dunha
“peaxe na sombra”, que implica a hipoteca que a Xunta deberá pagar –con diñeiro
público, obviamente- ata o ano 2034: en total 1.300 millóns en forma de canon
anual. Despois dun enfrontamento verbal co voceiro do PP o presidente da Cámara
–Miguel Santalices- expulsou a Beiras (por promover “desorde grave coa súa
conduta”): o portavoz perde os seus dereitos parlamentarios durante 15 días.
Resulta evidente que as voces críticas non son ben admitidas nas filas do
partido gobernante.
En Marea tamén levou a petición
de rescate ao Parlamento de Madrid . A finais de marzo presentou no rexistro da
Cámara Baixa unha proposición non de lei na que solicitan que se anule a
adxudicación do HAC á empresa concesionaria. Reflicte a argumentación
presentada pola AGDSP e SOS Sanidade Pública e afirma que o risco de
financiamento non foi asumido pola empresa xa que foi cuberto en gran medida
polo Sergas con créditos do BEI e o ICO.

Pese a todos os intentos por
acalar as críticas a loita dos cidadáns e profesionais pola recuperación do
hospital continúa. E ademais a realidade é moi terca e, por moito que se
intente facer prevalecer a versión dixital sobre o mundo real, este imponse.
Na semana santa de 2016 a prensa informa da presenza dunha nova infección
nosocomial na Unidade de Coidados Intensivos. A bacteria
Klebsiella detectada na UCI deixou vinte cultivos de
pacientes con resultados positivos. O Defensor do Paciente solicitoulle á
fiscal xefe de Vigo que abra de oficio
unha investigación sobre esta posible infección hospitalaria.
Destaca que este tipo de infeccións –que poden ser graves e mortais en persoas
coa inmunidade deprimida-, son propias de centros hospitalarios e son evitables
se se cumpren de forma estrita os protocolos establecidos.
Os cidadáns da área sanitaria de
Vigo precisan moito máis que propaganda. Deben saber que a súa saúde está
protexida, que non corren risco co seu internamento no hospital, e que se
prioriza o dereito á saúde da poboación sobre as ansias de enriquecemento da
empresa concesionaria.
A Administración sanitaria ten a obriga de garantir que
prevalecen os dereitos cidadáns por enriba do afán de lucro. Agardemos que así
sexa, mais para eso teremos que cambiar aos gobernantes. Estes xa teñen
demostrado sobradamente cales son as súas intencións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario