Asociación Galega para a Defensa
da Sanidade Pública (AGDSP). Decembro de 2015
O goberno presidido por Núñez Feijóo ven aplicando, desde o súa chegada ao
poder en 2009, unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e
xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro
público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos
orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas
hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora e desmantelou a Atención Primaria;
aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas
sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén teñen planeado implantar as
Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a
actividade asistencial, o núcleo duro da sanidade. A continuación faremos, en
sete puntos, un repaso dos principais problemas que ten hoxe a Sanidade pública
galega e que deben ser plantexados ante as próximas eleccións.
1.- Redución do orzamento sanitario público:
Representa o 30.4% do gasto público da CCAA. Baixaron o orzamento sanitario
un 18.3% desde 2009, e un 10.2% respecto ao ano pasado. Galicia é a CCAA que
fixo o recorte máis severo. A maior redución aplicárona en Atención Primaria
(AP) cun 22.3% menos respecto ao ano
2009. Respecto ao ano pasado a redución é de 25.3%. O recorte foi moito menor
no nivel hospitalario (un 0.2% de recorte respecto a 2009, e un crecemento dun
2.9% respecto ao ano pasado).
Este diferencia deixa ben ás claras que o goberno de Núñez Feijóo aposta
por potenciar o modelo hospitalocéntrico e o uso intensivo da alta tecnoloxía
(Galicia xa é a CCAA que máis RMN realiza); esto beneficia ás multinacionais
farmacéuticas e da tecnoloxía sanitaria, en detrimento das actividades de
prevención e promoción da saúde que deben realizarse en AP (segundo as
recomendacións da OMS).
2.- Recortes de persoal:
Esta partida representa o 34.5% do gasto sanitario, que ven ser un 24,5%
inferior á media estatal; esto sitúa a Galicia no penúltimo lugar do Estado, só
superada por Catalunya.
O ano pasado Galicia foi a CCAA que máis recortou no capítulo de persoal,
un 30.67% fronte a unha media do 7.9% do Estado. Esta redución afecta aos
traballadores sanitarios, con descensos brutais en prazas e salarios e aumento
da precariedade laboral. A partida de persoal baixou un 21% desde 2009: pasou
do 43.15% do total do gasto sanitario ao 34.5% neste ano.
En total Galicia perdeu 1.795 prazas na sanidade pública (1.154 en AP e 641
nos hospitais). Eliminaron 513 prazas de medicos: 392 en AP (69.2%) e 121 en hospitais (30.8%). Recortaron 184 prazas
de enfermería hospitalaria e 1.121 prazas de persoal non sanitario: isto é
consecuencia da cesión de servizos a empresas privadas que teñen persoal
propio. Moitas tarefas realizadas por empregados públicos pasan agora a ser
desenvolvidas polas empresas concesionarias (central de chamadas, loxística,
mantemento, cociñas, etc).
Estas medidas de recorte tan extremas producen unha merma na calidade
asistencial e mesmo representan un risco para os pacientes. Sabemos que o
persoal sanitario non pode ser substituído por máquinas, e hai evidencias
contundentes de que a redución de persoal de enfermería nos hospitais por
debaixo de certo nivel asóciase a incrementos da mortalidade hospitalaria.
3.-Recorte en camas:
Entre 2010 e 2014 eliminaron 447 camas hospitalarias públicas en Galicia.
Pasamos de 8.010 a 7.563, a pesar do elevado e progresivo incremento das listas
de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias.
4.- Suspensión do Plan de Mellora de
AP:
No Plan de Mellora de AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009)
estaba prevista a construción de novos Centros de Saúde e a creación de prazas
de persoal. Dos 66 centros previstos só se plantexa a construción de sete.
Tamén deixaron de crear prazas de sanitarios: eso representa a perda de 193
prazas de Medicina de Familia e 385 de enfermería.
5.-O desmantelamento e a
privatización do Sistema:
-Privatización de hospitais:
*Para a construción do novo
hospital de Vigo (H. Álvaro Cunqueiro) utilizaron o modelo de Colaboración
Público-Privada, o que representa un incremento no custe, que pasa de 450 a
1.400 millóns de euros, ao tempo que reduciron as camas operativas (de 1.230 a
850), recortaron os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a
superficie de Urxencias nun 55.5% e os servizos de Radioloxía nun 45%. A
empresa concesionaria, coa complicidade do Sergas, recortou en servizos,
consultas, superficies, equipamentos, calidade nos materiais, nos accesos e nas
prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios). O
hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos,
que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a
seguridade dos pacientes.
*A Xunta xa licitou, por terceira vez, a ampliación e xestión privada do
hospital de Ourense (CHOU, que dirixe unha prima de Núñez Feijoo), e mellorou
as condicións á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en
41 millóns de euros. Tamén adxudicou a ampliación do hospital do Salnés á
multinacional Cofely-Suez que, xunto con La Caixa, posúe o fondo de inversion
“Hisusa holding”, que é propietario da aseguradora privada Adeslas.
-Renovación do concerto singular co
hospital privado Povisa de Vigo,
que presta atención a case 140.000 persoas da área (Península do Morrazo,
Valmiñor e polígono de Coia en Vigo). Pola utilización de 403 camas neste
hospital o Sergas paga un canon anual de 75 millóns de euros (despois da última
renovación e mellora do concerto, asinado sendo conselleira Rocío Mosquera,
quen foi alto cargo na empresa propietaria de Povisa).
-Privatización do Laboratorio
Central de Galicia, que foi
adxudicado a unha UTE integrada por Laboratorio Cerba, Laboratorio Lema e
Bandín. Esta empresa realizará máis de 600 probas analíticas e xenéticas, a
expensas do desenvolvemento dos laboratorios dos hospitais públicos (que
poderán pechar progresivamente como en Vigo) e dos seus profesionais. Esta decisión
pon a disposición dunha multinacional datos moi sensibles da poboación galega
(como o VIH e outras doenzas).
-Continuidade da empresa de xestión
privada Galaria S.A., co que incumpren
o compromiso do Sergas de rescatar os servizos asistenciais como a
Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética (RMN) para
integralos no novo hospital. O propio Consello de Contas ten denunciado o abuso
de exploracións de TAC e RMN (a taxa de RMN supera nun 50% a media do resto do
Estado).
-Privatización da alta tecnoloxía
por media da figura do “socio tecnolóxico”. Esta modalidade de contratación permite que as mesmas empresas que fabrican
os aparellos tecnolóxicos poidan controlar cales son os equipos que deben
adquirir os hospitais, fixar o seu prezo e mesmo decidir onde se ubican. Esta
entrega a mans privadas do control da tecnoloxía hospitalaria pode ter
consecuencias severas para a sustentabilidade do Sistema (a tecnoloxía provoca
un enorme incremento do gasto sanitario) e para a saúde da poboación (a xestión
mercantilista destes medios provoca unha sobreutilización dos mesmos, con
repercusión negativa polos efectos iatroxénicos). Este modelo de contratación
xa levou a unha inversión de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando
bastaría con substituír os equipos actuais cambiando só o software (moito máis
barato).
-Privatización da investigación, por
medio dos Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do
Sergas. Estes Institutos
acóllense ao modelo empresarial, son participados e coxestionados pola
multinacional farmacéutica Janssen (Johnson&Johnson). Deste xeito as
empresas privadas, ademais de conseguir beneficios económicos, controlan e
dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións
sensibles sobre a saúde da poboación galega. O Sergas adxudicoulle fondos á
Fundación Ramón Domínguez, para ampliar o laboratorio ubicado no CHUS, por un
total de 1.2 millóns de euros. Esta fundación é de xestión privada e ten
persoalidade xurídica propia (está integrada pola Fundación IDI-CHUS,
Fido-Xeral Calde, a empresa farmacéutica Jhansen, a Fundación de Medicina
Xenómica e a farmacéutica Biogen IDE).
6.-Externalización-privatización de
recursos e servizos estratéxicos do Sergas a empresas multinacionais e fondos
de inversión. Faremos un repaso
telegráfico das distintas áreas de actividade que foron entregadas a mans
privadas polo goberno de Núñez Feijóo, a maioría delas mediante concesións a
longo prazo, o que dificultará o seu retorno a dominio público cando haxa un
cambio de goberno.
-Servizo de ambulancias: foi adxudicado por 236 millóns de euros (a pagar
en catro anos) á UTE Ambulevante, empresa valenciana á que Fabra (ex-presidente
de Valencia) tamén lle entregou este negocio, e que está denunciada pola súa
vinculación co PP.
-Historia clínica electronica
(Ianus): concedida a Indra,
empresa que foi privatizada por Aznar e Rato. Esto supón deixar en mans
privadas todos os datos sanitarios da poboación galega.
-Telecomunicacións, cedidas a Telefónica (por 28 millóns de euros),
empresa agora gobernada por La Caixa, BBVA e Bankia.
-A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco creado
en 2009, impulsada por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por
un directivo que provén da auditora Deloitte.
-O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede.
-O servizo de suministro e loxística
foi entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servicio Móvil
(que o ano 2004 custodiaba as historias clínicas do CHOP nunha nave industrial
sen licencia, e que arderon nun incendio por carecer de medidas de seguridade,
quedando o hospital sen documentación clínica).
-O mantemento dos equipos sanitarios foi adxudicado á empresa zaragozana Ibérica de
Mantenimiento SA.
-A xestion da limpeza e enerxía foi entregada ao Grupo Norte, vinculado á
inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (quebrada en 2008, que foi unha das principais
causas do desplome de Novagalicia Banco).
-O servizo de catering dos
hospitais, adxudicado a
Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de inversion Portobello (Banco de
Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da
CEOE, imputado no caso Bankia, acusado de defraudar á Facenda, de pagar aos
traballadores en diñeiro negro e do uso das tarxetas black como conselleiro de Caja Madrid).
-Os servizos de protección
radiolóxica foron cedidos a
General Electric: dese xeito a mesma empresa que fabrica os equipos é a que
realiza o control de calidade.
-A esterilización de instrumental
medico e cirúrxico: o goberno de
Núñez Feijóo ten prevista a súa adxudicación por un período de 12 anos e un
custe de 160 millóns de euros. De levarse a cabo suporía, ademáis dun grave
risco de incrementar as infeccións nosocomiais, unha severa redución de postos
de traballo públicos pola desarticulación dos servizos existentes, que
funcionan cun elevado nivel de calidade.
-Centro de Saúde móbiles, pendentes de adxudicar. De levarse a cabo suporía
un chanzo máis na privatización e o desmantelamento da Atención Primaria.
-Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicaciones (empresa
inicialmente galega, hoxe vendida por NGB ao fnodo de inversión CVC-Capio).
-Tamén cederon ao sector privado as contratacións
públicas do Sergas. Transferiron
esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines,
constituída por grandes empresas tecnolóxicas e de xestión de recursos humanos,
especializadas en dispositivos electrónicos para controlar a produtividade dos
traballadores. Esta Plataforma está participada por Microsoft, Telefónica e
Indra, que tamén xestionan a teleasistencia, a receita electrónica e a historia
clínica electrónica. Esto supón que estas tarefas propias da función directiva,
que deberían estar estritamente controladas polo Sergas e a Consellería, pasan
a mans de empresas multinacionais e fondos de inversión (moitos deles radicados
en paraísos fiscais). Deste xeito baleiran de contido ás actuais estruturas
directivas e entregan a xestión estratéxica do Sistema sanitario público de
Galicia a mans privadas.
7.- As Unidades de Xestión Clínica
(UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público. Dese xeito pretenden converter os Centros de Saúde
e os Servizos hospitalarios en empresas con autonomía de xestión, presupostos
propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal,
material ou actividade asistencial. Estas UXC poden abrir a porta ao mercado, á
xestión privada e á laboralización do persoal. A empresa seleccionada pola
Xunta para auditar a implantación das UXC é a axencia de calidade europea EFQM,
que está presidida en España polo responsable de PwC (IBM), a empresa que
almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial.
Está claro, á vista do relatado, que o principal obxectivo do actual
goberno da Xunta é desmantelar a Sanidade Pública galega. Esta privatización,
realizada con presa e coa maior cautela, deixa unha severa hipoteca para o país
e os gobernos futuros, que deberán asumir o compromiso coas empresas ás que lle
adxudicaron concesións a longo prazo. Esta forma de actuar non é inocente e
responde a unha estratexia, que executan con todo rigor. É necesario desaloxar
ao PP do goberno da Xunta para deter esta demolición planificada dos servizos
públicos.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)
Lo peor es el desanimo de los profesionales sanitarios y no sanitarios que va en aumento día a día por cansarse de luchar contra paredes de piedra, la chulería de esos que se dicen directivos y la injusticia que ven diariamente respecto a la calidad de atencion a los pacientes y los medios utilizados junto con las irregularidades que rayan la legalidad en la gestión de los recursos tanto humanos como materiales, algunos estamos a punto de tirar la toalla.......
ResponderEliminarLo peor es el desanimo de los profesionales sanitarios y no sanitarios que va en aumento día a día por cansarse de luchar contra paredes de piedra, la chulería de esos que se dicen directivos y la injusticia que ven diariamente respecto a la calidad de atencion a los pacientes y los medios utilizados junto con las irregularidades que rayan la legalidad en la gestión de los recursos tanto humanos como materiales, algunos estamos a punto de tirar la toalla.......
ResponderEliminarÉ bo lembrar todo isto e facelo agora, nesta semana. É bo porque o domingo día 20 temos a posibilidade de cambiar as cousas. Aínda que sexa un pouco.
ResponderEliminarNo lugar que ten de contacto electrónico, pregunteille ao candidato popular se se conciliaba a súa proposta de poder seguir traballando no SERGAS despois dos 65 anos coa obrigatoriedade de xubilarse a esa idade decidida polo Sr. Presidente da Xunta. Así mesmo pregunteille a D. Alberto se apoiaba a proposta de D. Mariano. Estráñame que non me contestara ningún, sendo tan próximos como son á cidadanía.
Claro que é un tema menor.
En realidade, todo o mostrado neste post é insignificante ante o agravio terrible realizado polo candidato socialista ao que durante estes anos fixo tanto ben por algúns. Que son poucos, sí, pero é moito o que recibiron: cargos, prebendas, diñeiro A e B, etc. E dicir deste prohombre que dirixiu os destinos de España que non é decente parece horripilante. Noutros tempos afastados, o exceso de D. Pedro implicaríalle ser retado en duelo. Noutros, menos afastados, os de Franco, D. Pedro pasaría un tempo entre reixas. Como non ser nostálxico?
Creo que che escandalizas de máis co que pasou no debate. Invitaríache a ir ás hemerotecas e verías o que dixeron outros en tempos pasados.
EliminarPretendín ser irónico. ¿Ou non se ve?
EliminarNada es gratis, este sistema era y es insostenible, todos lo sabemos. Pero no hay altura política ni estrategias a largo plazo; los votos son los votos.
ResponderEliminarLo bueno es que se está acabando las prácticas "buenistas " y la estudidez endémica, O eso espero.
Grazas Pablo polo teu compromiso coa saúde de todos.
ResponderEliminarGrazas Pablo polo teu compromiso coa saúde de todos.
ResponderEliminar