Nueva Tribuna
A dereita española e catalana son a mesma cousa. Gobernan para
beneficiar ás élites e deixan medrar espazos de corrupción arredor dos seus
postos de mando. As tramas de corruptela do PP, diseminadas por todo o Estado como unha rede de cloacas, non
son diferentes das utilizadas pola familia Puyol e os seus herdeiros, que tamén
cobran comisións e levan o diñeiro a paraísos fiscais.
Nos últimos tempos ambas faccións dirixentes están a axitar as
bandeiras e tentan inxectar na poboación a ira patriótica, como se a causa dos
seus males fose a cuestión territorial e non as políticas aplicadas por eles
mesmos. Rajoy desde Madrid e Mas desde Barcelona están a levantar barricadas
(en lugar de tender pontes), e tentan alimentar a xenreira mútua. Actúan como
dous radicais que estimulan o conflito. O primeiro declárase firme defensor da
unidade patria e o segundo fala do “expolio” que xustificaría a secesión. Cunha
frivolidade extraordinaria alentan a confrontación (da que obteñen rédito electoral), sen reparar nas
consecuencias negativas que esta estratexia poida provocar; porque hai
dinámicas que, unha vez iniciadas, son difíciles de frear e poden quedar fora
de control. Uns e outros, vaidosos e irresponsables, incrementan a agresividade
dialéctica e as acusacións, en lugar de abrir espazos de diálogo que permitan
buscar acordos e evitar a confrontación.
Mostar |
Ainda que a situación política e histórica non é a mesma, esta escalada
na belixerancia territorial faime pensar na antiga Iugoslavia, xeografía
castigada por unha guerra brutal (1991-1995), que deixou 130 mil mortos e
milleiros de desplazados. A declaración da independencia de Croacia foi o
inicio desta cruel confrontación. Meses antes dese inferno ninguen agardaba a
chegada de tanta brutalidade: Iugoslavia estaba a piques de ingresar na Unión
Europea. Esa guerra deixou feridas que tardarán décadas en cicatrizar e
fragmentou o país en sete estados soberanos con conflitos enquistados moi
difíciles de resolver.
No verán de 2011 tiven a oportunidade de visitar este territorio. A
paisaxe de Croacia é impresionante. Pero vin outras cousas que me deixaron unha
fonda pegada. No seu día escribín: “En
Mostar vin xardíns e parques infantís invadidos polas tumbas dos mozos sacrificados
naquela guerra. Vin casas destruídas e os impactos das balas nas paredes.
Souben que, tantos anos despois, miles de persoas seguían sen fogar e moitos
non volveron cruzar a ponte que separa a cidade en dúas partes. En Split vin
unha competición deportiva que enfrontaba a mozos mutilados nun peculiar
partido de voleibol. Os fillos do pobo, amputados e arrastrados polo chan,
mentres as elites económicas e políticas amasaron fortunas cos negocios da
guerra”.
Split |
Mostar |
Se cadra o meu temor carece de fundamento. Pero ás veces só é preciso
unha chispa para prender o lume. Segundo os historiadores a morte de José Calvo
Sotelo foi o detonante principal para o levantamento militar e o inicio da
guerra civil española. As circunstancias son ben diferentes mais, con todo,
este país precisa, con urxencia, un cambio radical na súa política. Cómpre
desterrar esta dialéctica de agresión contínua, é necesario levantar pontes que
permitan a aproximación e crear espazos de negociación para construir
unha convivencia civilizada. É preciso expulsar aos actuáis ocupantes do poder,
que poñen os seus intereses particulares por enriba do ben común, mesmo xogando
co risco dun enfrontamento entre irmáns.
Decia Mitterrand en 1995:
ResponderEliminarHay que vencer los prejuicios. Lo que les pido es acaso imposible, pues nos obliga a superar nuestra historia y, sin embargo, si no la superamos, señoras y señores, se impondrá una regla:
¡El nacionalismo es la guerra!
La guerra no es sólo el pasado, puede ser nuestro futuro. ¡Y ahora son ustedes, señoras y señores diputados, los guardianes de nuestra paz, de nuestra seguridad y de ese futuro!"
Describes perfectamente o que vemos: unha loita de elites de ricos, que coa súa bandeira, tapan toda a miseria causada a tantos pola súa avaricia.
ResponderEliminarParece que retrocedemos a séculos pasados e que queren embarcarnos en algo moi parecido ao que puido ser unha guerra de sucesión, de ir cun poderoso ou con outro, de ser expoliado por uns ou por outros. No canto dunha sucesión fálase de secesión, pero non deixa de ser idéntico no que ten de rancio e burgués.
Sabemos que os grandes clubs de fútbol malgastan grandes sumas e non se portan moi ben coa Facenda Pública. E sabemos tamén que a paixón futboleira fai que moitísimos que gañan soldos miserables vexan como deuses a algúns futbolistas. Os “hinchas” vístense coa camiseta do club. Ese uniforme confire unha pseudo-identificación dos miserables (de miseria, de pobreza) cos millonarios.
Aínda que sexa un exemplo afastado, parece que o mesmo ocorre coas bandeiras. Os corruptos envólvense nelas, e unha bandeira, sexa a que sexa, sempre terá moitos seguidores que non verán outra cousa, como no fútbol. Ante a estelada, Pujol é mera anécdota, como o son os corruptos ex - peperos (no PP nunca hai corruptos; só os houbo, enganando aos demais).
Que pode ocorrer? Como ben dis, o peor. Sempre é posible o peor. E, de darse a peor circunstancia, os abanderados nunca perderían.
1º. Este País esta unido bajo amenaza de perpetua asonada militar casi desde su nacimiento, en los periodos de menor presión militar florecen las justas reivindicaciones de las naciones que lo integran.
ResponderEliminar2º. No se puede mantener unido a la fuerza un País, si las partes mas importantes de él lo rechazan, de forma permanente, salvo que se realice un genocidio de su población o se estimulen corrientes inmigratorias para diluir sus reivindicaciones como se hizo en el pasado fascista de este País.
3. Los conflictos generados en la antigua Yugoslavia fueron estimulados por intervención de potencias extranjeras interesadas en su desmembración.
5. Una justa reivindicación nacional y pacífica, no puede ser rechazada con la única argumentación de la esquizofrenia, locura, dislate o ensoñación de quien la formula o tampoco puede ser ahogada con el método del matonismo, la intervención militar o la amenaza de destrucción, como hace el nacionalismo mesetario castellano
6. La jefatura de estado actual fue impuesta por el golpe militar fascista y mientras no haya una consulta al pueblo español sobre esto no tendrá legitimidad excepto la que pueda figurar en leyes diseñadas por los sucesores de aquel golpe.
y 7º. La mal llamada guerra civil española fue en realidad un golpe militar fascista contra el pueblo español, apoyado y triunfante gracias al apoyo del tercer Reich nazi y el fascismo italiano.
Tampoco se puede reducir el nacionalismo catalán a un problema de élites económicas, o personalizar en políticos corruptos, cuando hay una parte considerable y mayoritaria de la población que asume tales reivindicaciones políticas. El que formula esas consideraciones no parece tener muy claro el concepto de democracia. Es muy fácil la solución, más democracia y que la población tenga derecho a decidir. O es que, con la misma argumentación que los defensores del matrimonio eterno impuesto por la Iglesia hace unos años, las naciones son para siempre?
EliminarO teu comentario paréceme máis acertado que o de Pablo Vaamonde, do que en realidade, nesta ocasión, discrepo.
Eliminar