Hai xa uns días que recibín unha misiva do amigo Antonio Reigosa, principal responsable da magnífica web Galicia Encantada, na que me notificaba a concesión dun premio internacional para o “Pavillón de repouso”, xunto con outros lugares da rede. De maneira telegráfica decía o seu correo: "Estimado Pablo, a túa leira na internet ven de ser distinguida co Sunshine Award. Noraboa!" Fiquei sorprendido e admirado de que esta humilde páxina tivese acadado méritos para tan alta distinción. Quixen recabar máis información e reclameina por escrito.
"Estimado Antonio: Agradezo moito a distinción con este premio inmerecido. Pero eu son novato neste territorio dixital e preciso algunhas instruccións. Que teño que facer agora? Debo conceder eu outras doce distincións? Existe algun criterio ou só teño que indicar a miña predileccion? Faime chegar as túas indicacións, se é posible. Unha aperta e moitas grazas. PD: Tamén estaría ben saber cal é a dotacion económica destes premios...!"
Deseguida me remiteu as instruccións solicitadas. "Amigo Pablo: Comezando polo máis importante, a dotación económica, estando en crise, vai ser asunto de resgate europeo. O demais é un agasallo, unha brincadeira, que fai circular listaxes de blogs e webs que consideramos interesantes para que os que nos len a cada un de nós, saiban doutros que nós lemos. Unha forma de promoción que ten efectos multiplicadores se o facemos en cadea. Por tanto, obrigas voluntarias e poucas. Dar conta da concesión do premio na propia web ou blog, escoller unha ducia de enderezos web da nosa estima, poñer o seu nome e comunicarlles aos seus propietarios que lles concedemos esa distinción. Agardar a que a acepten; mágoa que non se lle poida tomar un viño ou unha caña para celebralo…"
Vou tentar, polo tanto, cumplir a miña parte do compromiso. Agradezo de novo a Galicia Encantada esta distinción e paso a sinalar os doce lugares da Rede aos que o “Pavillón de repouso” concede os seus Sunshine Awards, o que será comunicado puntualmente aos interesados:
- Blog de Fernando Ontañón
- Blog Del corazón a los asuntos
- Criticalia (blog de Armando Requeixo)
- Diario de un médico de guardia
- Galicia Confidencial
- Galicia Digital
- Galicia Encantada
- O túnel de Marcos Sanluis
- Plaza do Cotón (blog de X. Manuel L.Tuñas)
- http://sihomesi.com/
- SOS Sanidade pública
- TV Galeguizar Galicia
Estimado Pablo: moitas grazas polo xeneroso detalle de nomear o Criticalia Sunshine Award 2011.
ResponderEliminarAproveito para informarte de que xa din conta do feito no meu blog:
http://armandorequeixo.blogaliza.org/2011/07/03/sunshine-awards/
Tamén si, de que Pavillón de repouso é considerada Casa amiga e que, como tal, así figura no blogroll do Criticalia.
¡En hora boa polo estupendo blog! Un saúdo cordial.
Armando Requeixo