http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/capitalismo-do-desastre/idEdicion-2011-06-06/idNoticia-676237/
O tsunami de 2004 destrozou as costas do sur de Asia, provocou perto de 300.000 mortos e deixou un rastro de dor e miseria. Pero Condoleeza Rice non amosou piedade polas víctimas e declarou que este desastre natural foi “unha maravillosa oportunidade” que lle aportou a EEUU grandes dividendos. A costa non se está a reconstruir como era (pobos de pescadores que vivían do mar con redes feitas a man). Centos de miles de persoas foron forzadas a vivir no interior, en barracas, mentras a explendida costa é ocupada por empresas estranxeiras que restauran praias e levantan hoteis e aeroportos privados para uso e disfrute dos privilexiados. Naomi Klein denunciou estes feitos e no seu libro “A doutrina do shock” describe como, aproveitando a situación de conmoción, caos e desamparo –e seguindo as doutrinas de Milton Friedman-, moitos gobernos aproveitan as crises económicas, os desastres naturais, as guerras e as "epidemias" para recortar dereitos, potenciar o libre mercado e favorecer grandes negocios.
C. Rice, Secretaria de Estado EEUU |
Naomi Klein |
Cando non se produce un desastre natural os ultraliberais tentan provocar situacións de alarma social que lles permitan adoptar medidas impopulares sen que a poboación se rebele. O PP domina esta estratexia: leva tempo alimentando o temor para que a xente asuma as perdas con absoluta resignación. Este é o seu modo de actuar.
-Ante a crise económica, en lugar de favorecer os acordos parlamentarios precisos e xenerar un clima de confianza no futuro, o seu portavoz económico (Montoro) afirma que estamos no borde do precipicio, e Aznar encárgase de explicar polo mundo que España será incapaz de saír da crise. Ése é o seu modo de entender o patriotismo. O seu plantexamento é: canto peor, mellor (para el e os seus). Ante o abismo: un empuxón.
"¡Que rico esstá el pepino!.." |
-O brote de “E. Coli” en Alemaña provocou unha situación de conflicto ao atribuir inicialmente a orixe do contaxio a España. O goberno actuou con serenidade e contundencia mentras o PP relacionaba a “crise do pepino” coa “debilidade” do goberno. Máis cando éste convocou unha reunión do Consello Interterritorial de Sanidade para abordar, entre outros, este problema, os conselleiros populares fixeron un plante e non asistiron. Pero Rajoy xa fixera unha foto comendo cogombro: ese é o seu nivel de compromiso.
-Agora o PP vai acceder ao poder en varias comunidades. Antes de ocupar os despachos xa está a sementar a alarma. Afirman que Castela-A Mancha está en quebra e que non hai diñeiro para pagar as nóminas dos funcionarios. É unha afirmación gratuita: non é posible que coñezan eses datos. Pero forma parte da propaganda: despois virán os recortes e tentarán que creamos que non había máis remedio. Rajoy xa nos avisou: “Teremos o estado de benestar que poidamos”. Observar estas estratexias mendaces e tramposas fai que nos indignemos. Pero, como dixo Stéphane Hessel “a indignación debe ir seguida de compromiso”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario