A cidade de Vigo converterase os próximos venres e sábado, 28 e 29 de outubro,
en lugar de acollida dunha cita de carácter internacional para o debate
sobre a situación de privatización do actual sistema sanitario galego,
estatal e europeo.
Baixo o título “A privatización da sanidade na Unión Europea”,
as xornadas –que estarán abertas ao público sen necesidade de
inscrición previa-, están organizadas polo propio GUE/NGL e AGEe, en
colaboración coa AGDSP (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade
Pública) e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo. Para a cita,
-que se desenvolverá no Hotel Ciudad de Vigo, desprazaranse unha vintena de profesionais do sector sanitario, que exercerán de ponentes.
Manuel Martín e Lidia Senra, na presentación das Xornadas |
O obxectivo das Xornadas e analizar a
Colaboración Público-Privada (CPP), poñer sobre a mesa casos doutros
lugares do Estado nos que foi posible cambiar esta situación e devolver
ao sistema público centros sanitarios privatizados, afondar nas
carencias e mal funcionamento de hospitais CPP e realizar propostas de
futuro entre os colectivos afectados.
Un segundo obxectivo e fomentar o tecido de redes
entre as diferentes asociacións sanitarias que defenden un sistema
público para avanzar na batalla común e consensuar propostas para
defender diferentes nas institucións.
As xornadas reunirán a persoas de plataformas de
moi diferentes lugares como poden ser Galiza, Portugal, Estado Español,
Grecia ou Reino Unido que están loitando contra a privatización de
hospitais públicos e contra a CPP. Vai ser a primeira vez que no Estado
español se consigue reunir a todas estas plataformas e esperamos lograr
crear unha rede de plataformas estatais e europeas para enfrontarnos xuntos e xuntas á privatización e ás multinacionais e aos fondos risco.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
No hay comentarios:
Publicar un comentario