martes, 21 de julio de 2015

A necesaria renovación do PSOE


Galicia Confidencial
Nueva Tribuna




A socialdemocracia europea, e tamén a española, foi cedendo, nos últimos anos, na fidelidade ao seu ideario, que comprometía aos partidos socialistas coa igualdade, coa defensa dos traballadores e dos servizos públicos e coa mellora do Estado de benestar, e que os debería posicionar, con total firmeza, fronte ao poder das oligarquías financeiras e fronte ás tramas dominantes -corruptas ou non- de calquera índole.

A excesiva permanencia no poder, a influencia -tan potente- dos poderes económicos, a chegada de "arribistas" aos postos de mando en busca de beneficio persoal, e certa frivolidade no exercicio do liderazgo: todos estes factores, e outros que non cito, levaron a que o PSOE, na vez de estar posicionado á beira dos traballadores -e impulsar políticas para a reducción da desigualdade e a mellora da protección social-, deixouse vencer para situarse, de forma maioritaria, á beira dos poderosos, favorecendo os seus intereses e executando políticas que perxudican á maioría e aos máis necesitados.

Rodriguez Zapatero, que na primeira parte do seu mandato adoptou decisions e impulsou medidas de gran relevancia política e social (a retirada das tropas de Irak, as leis de dependencia e do aborto, as políticas de igualdade, o matrimonio homosexual), caeu despois na frivolidade e, na segunda lexislatura, cedeu ante os poderes fácticos europeos e autorizou medidas contrarias aos intereses da maioría social (modificou a Constitucións -despois dun contubernio nocturno con Rajoy-, e impuxo a primeira Reforma Laboral coa que  iniciou a laminación dos dereitos dos traballadores). Agora o PSOE é refén destes e doutros erros recentes, que pesan coma unha lousa, e non lle permiten recuperar a confianza dos seus antigos votantes.

Silvina Bacigalupo
O novo líder do partido, Pedro Sánchez, iniciou o seu mandato tentando dar unha imaxe de renovación e modernidade. Pero hai certas sinais que non permiten alimentar a confianza. Nun recente artigo advertíase sobre os conflitos de interese do chamado "goberno na sombra" do PSOE. Os poderosos lazos de Jordi Sevilla -responsable de Economía- coa consultora PwC (que traballa asiduamente co PP e elabora documentos, cada ano, nos que  dibuxa a "folla de ruta" para a privatización sanitaria en España), e as posicións coñecidas de Rafael Bengoa -responsable de Sanidade-, que se manifestou a favor de realizar unha "profunda cirurxía no SNS" e dirixe unha escola de "Negocios y Salud" na Universidade de Deusto (xesuítas), deixan ao descuberto as intencións reais deste partido: continuar coa política de recortes  e privatizacións levada a cabo ata agora polo PP.


Meritxell Batet e José María Lassalle no seu casamento
Tamén é dificil de entender que designe como responsable de "transparencia e ética empresarial" a Silvina Bacigalupo, defensora do abogado de Correa (caso Gürtel), que tamén traballa no despacho Oliva-Ayala –que asesora a Rodrigo Rato-, e que defende a Rosell polo "caso Neymar" e a Messi polos seus problemas coa Facenda Pública.  E non resulta nada tranquilizador saber que a persoa elexida para coordinar o programa electoral do PSOE é Meritxell Batet, casada con José María Lassalle, colaborador habitual de FAES, secretario de Estado de Cultura e home da máxima confianza de Rajoy. Meritxell Batet participa nunha tertulia política -na Cadena Ser- na que, con frecuencia, defende posicións moi semellantes ás do representante do PP.
 
O PSOE é un partido necesario, eu diría que imprescindible, para desaloxar ao Partido Popular, recuperar as institucións e poñelas ao servizo das maiorías. O PP ocupou  o poder, no goberno central e en moitas autonomías, para exercelo en beneficio das élites económicas e dos especuladores financeiros. O PSOE cometeu erros graves, que achandaron o camiño para que a dereita tomase o poder. Os cambios neste partido non poden ser só cosméticos. Non abonda coa xuventude e a aparente modernidade. Cómpre recuperar os principios fundacionais deste partido, tan importante na historia recente do país, e convertelo, de novo, nun instrumento ao servizo do pobo e dos traballadores. Do contrario o PSOE condenarase a unha longa travesía do deserto e o país perderá un activo político moi importante nestes tempos tan convulsos.


5 comentarios:

  1. DEMASIADO TARDE MUÑECOS.
    SE OS ACABA EL CHOLLO.
    YA CHUPASTEIS BASTANTE, DEJAD ESPACIO A OTROS.
    RENOVARSE DICE, HOSTIAS...
    RECORDANDO AL ÍNCLITO FERNADO FERNÁN GOMÉZ: A LA MIERDA...

    ResponderEliminar
  2. Muy bueno el artículo pero tú, Pablo, que estuviste en las alturas sabes de sobra que el poder emborracha, a unos más que otros, y cuando uno está en él es más cómodo no hacer nada. Tal vez no sabías, o es que sigues sin saberlo, que la desigualdad es lo habitual. En unos centros hacen un sábado al año, en otros catorce, en un sitio se cobra más que en otro, a unos les pagan trienios antiguos mientras a otros se los quitaron...los contratos basura son la norma, el acúmulo de tareas es la constante, el no cubrir las plazas lo habitual...etc, es decir, no te rasgues las vestiduras porque al menos en nuestra actividad funciona como funciona. Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Si. Sería bo que o PSOE se renovase e que deixase de sintonizar con políticas neoliberais. No que respecta á Sanidade, polo menos aquí en Galicia non se viron grandes diferenzas co PP en temas tan importantes como a exclusividade ou a xeración dunha estrutura baseada na "confianza", na docilidade. Creo ter lido que o PSOE tamén insiste na bondade de incentivos por obxectivos... e xa sabemos de que van e para que serven tales obxectivos.
    En canto aos comentarios anónimos, por selo, non merecerían ningunha réplica, agás lamentar que haxa alguén que se permita o anonimato para dicir só parvadas. É simpático; di que ya chupasteis bastante, dejad espacio a otros”. É dicir, concibe a actividade política, de quen sexa, como "chupar": se chuparon uns, que agora chupen outros, nos que parece incluírse ou aos que se supón que admira. É o que hai...
    Eu moderaría comentarios, para filtrar este tipo de sandeces protexidas no cobarde anonimato.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Javier, hai moita xente con medo as represalias. Eu creo que o anonimato está moi ben. Ademáis estamos en terra cobarde, todo se fala por detrás e nada por diante...non sexa que. Pablo agora non ten poder, por eso se explaia como fai e paréceme ben, pero quen sabe se o terá de novo máis adiante, e o medo as represalias é libre. Un saúdo.

      Eliminar
    2. Dis que "estamos en terra cobarde". É certo. É lamentable.
      ¿Por qué? ¿A qué se lle ten medo?

      Eliminar