
Pero, debaixo destes embustes, o lobo esconde os seus
colmillos: o que en realidade buscan é o desprestixio e o desmantelamento dos
centros públicos e da actual organizacion (eficaz, eficiente e de calidade
aínda que teña zonas de sombra), para provocar unha situación de desorde e
descontrol que permita xerar espazos de negocio ás empresas afíns a expensas
dos orzamentos sanitarios (que representan o 40 por cento do diñeiro das CCAA).
Tal como recordamos no libro “La salud como negocio” pódense definir dúas posicións básicas en relación á
política sanitaria e a xestión dos servizos sanitarios públicos:
Unha corrente
progresista que entende a saúde como un dereito e a Sanidade pública como
un dos alicerces esenciais do Estado de benestar, e un pensamento neoliberal que considera a sanidade como un negocio e
defende que cada cal accederá aos servizos sanitarios que poida costear. Esta
corrente sostense nun argumentario elemental baseado en varias falacias: a
suposta insustentabilidade do actual sistema sanitario, a utilidade de separar
o financiamento da prestación dos servizos, a necesidade de introducir medidas
de copago no acceso aos servizos, e a afirmación (errónea) de que a xestión da
sanidade privada é mellor e máis eficiente que a pública.
Pero a realidade é que en política se sostén aquilo que se
quere sustentar, e a nosa sanidade está,
realmente, subfinanciada. O goberno, no canto de intentar unha maior
recaudación -cunha fiscalidad progresiva, e perseguindo a fraude-, decide
aplicar recortes severos que afectan ás capas máis débiles da poboación. As
externalizaciones e privatizaciones realizadas polos gobernos autonómicos non
melloran a calidade dos servizos pero si producen un encarecimiento dos mesmos.
O obxectivo final das empresas é repartir beneficios; para realizar a mesma
actividade utilizan menos traballadores, con retribuciones máis baixas e
emprego máis precario. A calidade do servizo sempre se resente.
Os partidarios do copago defenden a súa aplicación en
diversas áreas da actividade sanitaria pola súa capacidade recaudatoria e por
considerar que ten un efecto disuasorio, que podería reducir a utilizacion
inadecuada dos servizos. A realidade demostra que non conseguen ningún destes
obxectivos, e que só serven para cartigar, aínda máis, as depauperadas
economías familiares.
Finalmente debemos recordar que as experiencias
privatizadoras realizadas (Reino Unido, Valencia, Madrid) demostran que non hai
melloría na calidade da atención nin na xestión dos servizos. Ao contrario, as privatizacións supuxeron un enorme
aumento do gasto sanitario que levou ás comunidades citadas á bancarrota.
Hai numerosos estudos que reforzan a evidencia de que o afán de lucro en medicina entra en conflito coa calidade dos servizos sanitarios. A suposta
eficiencia do sector privado baséase, segundo Vicenç Navarro, en medidas como o
aforro en persoal -teñen menos persoal e con menor cualificación-, feito que
claramente dana a calidade da atención médica.