Introdución
do libro “La salud como negocio” (I)
Vicenç
Navarro
Catedrático
de Políticas Públicas, Universidade Pompeu Fabra, e Profesor de Public Policy,
Johns Hopkins University
Hoxe estamos vendo en
España, tanto a nivel central como autonómico (e moi en especial naquelas
autonomías gobernadas por partidos conservadores-neoliberais), un ataque frontal á Sanidade pública, unha
das conquistas sociais máis notables que conseguiron as clases populares nos
anos oitenta coa aprobación, por parte das Cortes españolas, da lei que
establecía o sistema público de cobertura sanitaria que, aínda non sendo
universal (é dicir, que non garantía o acceso aos servizos sanitarios como
dereito de cidadanía e residencia), cubría á gran maioría da poboación
española. Este Servizo Nacional de Saúde non era perfecto. Traía herdadas
moitas deficiencias, sendo a máis importante o seu escaso financiamento.
O Estado español, herdado da
ditadura, tiña (cando a lei se aprobou) un dos gastos públicos sanitarios por
habitante máis baixos dos países da Unión Europea (UE) cun nivel semellante de
desenvolvemento económico ao español. Dita subfinanciación debíase ao enorme
dominio que as clases podentes en España tiñan sobre o Estado español,
favorecendo unhas políticas fiscais enormemente regresivas. Este dominio de
clase, case absoluto durante a ditadura liderada polo xeneral Franco, continuou
durante a época democrática. En contra da imaxe idílica da Transición (que promove
o establishment mediático e político
do país) que se deu en España da ditadura á democracia (que se presenta como
modélica), dita Transición foi profundamente inmodélica. Os herdeiros da
ditadura controlaban os aparellos do Estado e tamén a gran maioría dos medios
de información, mentres que as forzas democráticas, lideradas polas esquerdas,
acababan de saír da clandestinidade. Era imposible que unha situación tan
desequilibrada puidese traducirse nunha Transición modélica.
Como resultado do dominio
que as forzas conservadoras (instrumentos das clases podentes) tiveron sobre
aquel proceso, o Estado español continuou sendo un Estado moi pobre, con escasa
conciencia social e moi pouco redistributivo. E os datos están aí para todo quen
queira velos. Ata hoxe, o Estado español (tanto central como autonómico) é
(xunto con Grecia e Portugal, países que tamén sufriron ditaduras
ultraconservadoras) o país da UE-15 que ten un dos gastos públicos por
habitante e, dentro del, un dos gastos públicos sociais per capita (incluíndo o sanitario) máis baixos da UE-15 (o grupo de
países da UE de semellante nivel de desenvolvemento ao de España), así como un
Estado moi pouco redistributivo.
Agora ben, unha conquista
das mobilizacións sociais -lideradas polo movemento obreiro- fixo que aquel
Estado ditatorial se abrise, establecéndose unha democracia que, aínda sendo
moi limitada e deficiente, permitiu a expresión dos desexos das clases populares.
E entre elas, o desexo de que o Estado garantise os servizos públicos como
Sanidade e Educación, así como as transferencias públicas, como as pensións,
foron moi potentes. Por iso é polo que, como resultado de tales presións, o
déficit do gasto público sanitario foise corrixindo, pero nunca alcanzou o
nivel que lle correspondería a España polo nivel de desenvolvemento económico
que ten. O nivel de riqueza de España é elevado. O seu PIB por habitante é xa
do 94% do promedio da UE-15. En cambio, o seu gasto público social per capita é
só o 74% do gasto promedio da UE-15. Si fose do 94%, España gastaría 66 000
millóns de euros máis do que gasta. Que non se gaste máis é porque o Estado non
o recauda. É dicir, a riqueza para cubrir o enorme déficit de financiamento do
estado do benestar español existe en España. O que ocorre é que o Estado non
recauda. E débese ao enorme poder das clases podentes do país, que non
contribúen ao mesmo nivel que os seus homólogos na UE-15. E é aí onde está o
problema do que non se fala nos medios de información de maior difusión,
claramente influenciados por esas clases, que aportan pouco ao Estado. Como
resultado da súa influencia, as rendas do capital (que supoñen a maioría das
rendas das clases máis podentes do país) aportan ao Estado moito menos que as
rendas do traballo.
Outro factor que explica a subfinanciación do estado do benestar,
incluíndo a Sanidade pública, é o xeito como se realizou a integración de
España no euro, un dos acontecementos menos analizados nos medios de
información. En España, o euro estableceuse a costa do empobrecemento do seu
estado do benestar. O enorme dominio que o capital financeiro (é dicir, a
banca) ten no establishment (a
estrutura de poder) europeo e na gobernanza do euro explica que os criterios de
Maastricht, que ditaban os requisitos que un país tiña que ter para entrar no
euro, interpretáronse de maneira que beneficiaron ás clases podentes a costa
das clases populares. Así, a redución do déficit público do Estado (baixando
dun 6% do PIB a un 3%) fíxose reducindo o gasto público (e con iso, o gasto
público social, incluíndo o sanitario) en lugar de subir os impostos das clases
podentes, que non aportaban o que deberían aportar ás arcas do Estado. E por
iso, polo que o xeito que se escolleu para reducir o déficit, que se empobreceu
o estado do benestar.
E isto é o que está
ocorrendo agora de novo. O déficit creado, en gran parte, polas baixadas de
impostos que tiveron lugar na época en que -tal como sinalou o presidente
Zapatero- baixar impostos era unha política de esquerdas, redúceno a costa de
recortes do gasto público social (incluíndo o sanitario). Nin que dicir ten que
o goberno conservador e neoliberal do PP acentuou aínda máis estas respostas,
como ben documentan as distintas achegas do libro "La salud como negocio".
https://www.facebook.com/pages/La-salud-como-negocio/319967814853468
https://www.facebook.com/pages/La-salud-como-negocio/319967814853468
Para colmo de todo, cando a indignación semellaba prender na sociedade, con movimentos espontáneos, marchas, mareas..., chufanos O NEGOCIO DA IDEOLOXIA onde a masa pode participar en política dende o sillón da casa (logo de ollar alguns anuncios) e manifestarse on-line. Liortas entre rivais que cobran do mesmo patrón. E a xente ilusionada. A REVOLUCION NA CAIXA TONTA.
ResponderEliminarNon estou da cordo coa apreciación do comentario anterior. A ilusión está na rúa, e xente ten ganas de apartar ós corruptos, e as sondaxes asi o demostran.
ResponderEliminarA cidadanía esta farta de tanto ladrón, e a xente volve a participar en política, que é o que mais lle doe a extrema-dereita (PP). Si baixas á rúa cos dos de desafiuzamentos ou os que defenden a sanidade, ou os que loitan polos seus dereitos mais básicos, oirás o que a xente pensa de verdade, pero como ti dis, hai que baixar á rua e oilo.
Si, pero cando ti, ou nos, vamos, eles están de volta. Que xurda unha nova relixión, unitaria, no momento adecuado, no lugar adecuado, recoñecida como salvadora por sectores con poder, a min produceme reservas. Outros mesías prometeron 800.000 postos de traballo e a saída da Otan. E ves onde estamos. O "Yes we can... facelo por ti", con a coartada das novas tecnoloxías, me récord a o dos paxariños preñados.
EliminarPor cierto, eu estou na rúa. E sei que quen ti falas, esa xente, ten as ideas claras. O problema e "a Cidadanía", a "mass media target", numerosa, que finalmente decide as elecions.
A situacion e crítica e a desconfianza total...Deberiamos reunirnos e manifestar este sentimento de impotencia que nos domina ante tanta corrupción.
ResponderEliminarNeste tempos novos de mudanzas, co apoio das tecnoloxías, o povo que mais desexa que governe para eles e non para una elite xá ben mantida.
ResponderEliminarNos gusta ser esclavos. Pensar no está en nuestros genes. Sólo así se explica que se sigan votando a corruptos de ideologías derechistas, que son las interesadoas en estos negocios y sus únicos beneficiarios.
ResponderEliminarSalud y República.