lunes, 19 de marzo de 2012

Recortes e privatizacións

A reducción dos orzamentos dedicados á sanidade non se realiza só en Galicia. Todas as autonomías, controladas maioritariamente pola dereita, rebaixan o diñeiro dedicado á atención da saúde por segundo ano consecutivo. En total o gasto por persoa redúcese nun 10,4%, o que significa que a sanidade española funciona con 5.000 millóns de euros menos que en 2010. As comunidades recortan en persoal, materiais, formación e inversións; en cifras absolutas as administracións gastarán de media 1.204 euros por persoa este ano, frente aos 1.344 de 2010. Pero non todas rebaixan o mesmo: Euskadi, por exemplo, dedica á sanidade case 600 euros máis por persoa que a Comunidade Valenciana.

Estes recortes teñen xa unha repercusión na prestación dos servizos sanitarios. O deterioro empeza a ser percibido por profesionais e pacientes. Os sindicatos, as plataformas para a defensa da sanidade pública e mesmo os colexios de médicos –que ata o de agora estiveran ausentes nesta controversia-, están a sinalar os puntos negros que poñen en evidencia o deterioro asistencial: o colapso dos servizos de urxencia, o peche de camas e servizos que provocan o aumento –ainda máis- das listas de espera, a sobrecarga laboral dos profesionais, a saturación dos centros sanitarios, etc. O presidente da OMC afirmou que “os médicos teñen a obriga ética de denunciar as consecuencias dos recortes, sobre todo si afectan á saúde dos pacientes, que constitúen a principal prioridade”.

-Catalunya: sanidade con dúas velocidades
Catalunya puxo ao frente da sanidade pública a Boi Ruiz, antes presidente da patronal sanitaria privada. Os severos recortes realizados provocaron numerosas protestas dos cidadáns e profesionais sen que, polo momento, variase o rumbo das súas actuacións. O deterioro asistencial está a ser cada vez máis perceptible. E danse xa casos de persoas que consiguen evitar as listas de espera coa utilización de seguros privados. El País (09-02-2012) informaba hai pouco do caso dunha muller que aforrou sete meses na lista de espera no Hospital de La Seu d`Urgell (Lleida) para ser operada dun xeonllo. O hospital, pechado polas tardes para os usuarios públicos, ofrece os seus quirófanos e cirurxiáns aos seguros privados. Dese xeito, o que pode pagar, non agarda. 

O profesor JR Repullo recorda, nun artigo, o tempo, non tan lonxano, en que os hospitais tiñan unha porta para os pacientes “de pago” e outra para os “do seguro”. E pregunta: “Queremos de verdade volver a ese mundo do que tanto nos costou distanciarnos? O SNS baséase na alianza entre clases medias e baixas; todo o que debilite este contrato social é unha irresponsabilidade e atenta contra o interese xeral da sociedade”. As políticas que están a erosionar o servizo público de saúde poden traer unha sociedade mais inxusta, menos eficiente e menos saludable. E remata: “Non debemos aceptar unha sanidade dualizada; non debemos consentir que haxa un sistema sanitario para pobres, que derivaría rápidamente nun pobre sistema sanitario”.

-Valencia: ainda máis lonxe
A Comunidade Valenciana chegou máis lonxe nesta entrega de parcelas da sanidade pública ao sector privado. A Generalitat entregoulle a xestión da asistencia dun millón de valencianos –o 20% da poboación total- á empresa Ribera Salud (en alianza con outras aseguradoras). Esta empresa, a diferencia das aseguradoras clásicas (Asisa, Adeslas, Sanitas), ten focalizado o seu negocio na sanidade pública a través, sobre todo, de concesións administrativas. Controla, con outros socios, cinco departamentos de saúde en Valencia, un hospital público en Madrid, o servizo de análises clínicos de cinco hospitais públicos madrileños e o diagnóstico por RMN da rede sanitaria valenciana.
Ribera Salud, condicionada polas turbulencia do sector financeiro valenciano,  está a negociar a súa venta a Capio, o maior grupo sanitario privado español, que xestiona 25 hospitais en España (e ten por propietario a CVC Partners Capital). De producirse esta operación, o fondo británico ocuparía unha posición dominante no control dun servizo público esencial como é a atención sanitaria integral  –primaria e especializada-. Pode dar lugar a unha situación de oligopolio sanitario, con enorme capacidade de presión sobre a Administración, con posibilidade de modificar contratos e de fixar prezos. 

Por que invirten en sanidade estes grupos? Porque ven que hai negocio no sector. Recordemos que arredor do 30% dos orzamentos dunha autonomía están adicados a sanidade. Neste momento, en que o principal motor da economía española (o sector inmobiliario) está estancado, -e por moito tempo-, as olladas dos negociantes diríxense ao diñeiro público adicado á saúde. Os gobernantes que levaron á bancarrota á sanidade valenciana (agora non poden sin siquera pagar aos seus proveedores), son cómplices da entrega dunha importante parte dos servizos sanitarios a mans privadas, deixando o futuro da Comunidade hipotecado por moitos anos. As demáis autonomías, en lugar de aprender do exemplo e procurar novas vías para mellorar os servizos públicos, deciden ir directos ao precipicio.

-Cospedal vai polo mesmo camiño
Castela-A Mancha segue os pasos de Valencia. Oito meses despois de que o PP chegase ao goberno autonómico, paralizou a construcción dos novos hospitais públicos de Toledo, Guadalajara e Cuenca, e anunciou a cesión ao sector privado de catro hospitais públicos: Villarrobledo, Almansa, Tomelloso e Manzanares. Os tres primeiron funcionan desde 2007 e o último ven xa do antiguo Insalud. O goberno presidido por Cospedal plantexa efectuar no verán o traspaso de xestión de pública a privada. Utilizarán o modelo de concesión administrativa, como en Valencia. As desastrosas experiencia previas e as protestas que se suceden nas cidades afectadas non fan mudar a determinación de seguir por este camiño. De novo o interese e o lucro duns poucos prevalece sobre o interese xeral dos cidadáns.


5 comentarios:

  1. É significativo que o presidente da OMC se expresase dunha forma clara ante o que está a suceder. Pero é necesario un esforzo de concreción e levar para efecto esa obriga que cada un de nós, os médicos, temos de denunciar o que en conciencia vemos mal nas decisións que se toman no noso propio ámbito de traballo por parte de directivos, moitos dos cales son lamentablemente médicos que se prestan docilmente a unha función servil, de lacaios de directivos de maior rango.
    Só quixera facer un apuntamento. Ten razón o profesor Repullo ao recordar que os hospitais tiñan senllas portas para pacientes de pagamento e do seguro. Eu vivín iso. No hospital municipal Labaca, non o recordo en "portas", pero si en cuartos.
    Non podemos volver a esa situación en ningún modo. Non podemos consentilo.
    A pesar do grave que está a ser a situación en sanidade, permítome considerar que o é aínda máis en educación, porque é aí onde se facilita o xurdimento do home libre, algo moi mal visto nos nosos tempos, a pesar das celebracións de "A Pepa" por parte do PP.

    ResponderEliminar
  2. "Todas as autonomías, controladas maioritariamente pola dereita"según dices. A que derecha te refieres, la del PP o del Psoe?. Quizá consideras al Psoe como izquierdas?. En este caso creo que estaría en un sonado error.
    En todo le demás de acuerdo contigo en el artículo. Sólo insistir en que el Psoe desgraciadamente fué nefasto en este País para las verdaderas pólíticas de izquierdas, y que su actuación fué tan o más de derechas que el PP

    ResponderEliminar
  3. Sin importar a que partido político pertenezcan, daños lo han hecho ambos, pero sobre todo, por que no reciben un castigo ejemplar como malos gestores, públicos, y más aún donde están esos presupuestos mal gestionados??. La sanidad por defecto y como llevamos diciendo desde hace años los profesionales que en ellos trabajamos la gratuidad absoluta y universal es inviable, puesto que el envejecimiento poblacional es el que es y por mucho que cotizaran nunca llegará a la mínima parte de lo que en ellos se gasta, sin decir, del mal uso que se hace de las consultas urgentes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desde la transición lleva gobernando la misma derecha neoliberal, el partido PPSOE núcleo del régimen actual. Como consecuencia el grado de desarrollo de la sanidad pública española alcanzado es inadecuado. El indicador más valioso es el gasto público sanitario por habitante
      comparándolo con el promedio de la UE-15. Seguimos a la cola,junto a, que curioso,Portugal y Grecia. Por consiguiente para mejorar su calidad, habría que ponerse al nivel de los Países de la UE en gasto sanitario por habitante. En cuanto a la gratuidad, estas en un error por cuanto se financia evidentemente con los impuestos de todos, el dinero no llueve del cielo, y en cuanto al copago ya existe actualmente en forma de pago por receta proporcional en el activo, etc. El gran problema actual es la nefasta gestión política, que lleva décadas perdidas, una pobre financiación, una ausente política de gravación mayor sobre las rentas más pudientes como se hace en los países avanzados (Es escandaloso que, mientras el porcentaje en impuestos que paga un trabajador de la manufactura en España sea el 74% del que paga su homólogo sueco, el de un gran empresario sea sólo el 38% de su equivalente sueco. sUBIR Impuestos sobre tabaco y alcohol para ponerlos al nivel europeo, etc. Hay múltiples medidas, que ya se han inventado en Europa para hacer una Sanidad Pública de más calidad que la actual.
      POR CONSIGUIENTE ES UNA FALACIA, PROPAGADA POR LA FALSIMEDIA, Y REPETIDA SIN SENTIDO CRÍTICO ALGUNO POR MUCHOS, QUE LA SANIDAD PÚBLICA IN INVIABLE. Es desolador ver con que frecuencia se afirman cosas, sobre las que no existe evidencia alguna para sostenerlas, únicamente por que lo dice el períodico o la Tv de turno.

      Eliminar
  4. Si se toca a sanidade , como os servizos públicos imprescindibles , haberá que sair a defendelos . Unha vez perdidos habería que esperar outra revolución para recuperalos, e eso sabemos que acontece cada 100 ou 200 anos . O que me parece ofensivo e que vellos piratas e buscadores de fortunas aterrizen na sanidade pública para facerse cunha boa ración do pastel a costa de deteriorar un servizo garantido e eficiente , e elo avalado e permitido por quenes din ser representantes dos cidadáns . hai moito onde meter mán : Gaiás , TVG , 3 aeroportos , 2 portos exteriores , tanto AVE que ten que chegar a todas as capitalidades , as diputacións , o senado , os cartos que se lle regalan os colexios concertados ,o que se lle dá a egrexa , o que se gasta nun exercito , etc tec HAI MOITO ONDE AFORRAR SEN ESTRANGULAR A POBOACIÓN .

    ResponderEliminar