jueves, 8 de diciembre de 2011

Os recortes na sanidade pública

 En Galicia Confidencial

A crise económica internacional, agravada en España pola explosión da burbulla inmobiliaria, está sendo utilizada pola dereita como pretexto para cercenar dereitos cidadáns e recortar prestacións (sanitarias, educativas, sociais) dun modo brutal e descarado, como nunca antes se fixera, que pode provocar un fenda profunda na equidade e na estabilidade social deste país.  
Os políticos neoliberais xustifican os recortes na sanidade coa excusa de que o sector sanitario público está hipertrofiado e precisa unha reducción para garantir a sostibilidade. O prestixioso economista Vicenç Navarro publicou un artigo no que desmonta este argumentario. En realidade a nosa sanidade pública está subfinanciada: “España gasta en sanidade unha cantidade menor da que lle corresponde polo seu nivel de riqueza. O seu PIB per cápita é do 94% do da UE-15, mentras que o gasto sanitario público só representa o 79.5%. Non é certo que España gaste demasiado. En realidade os recursos existen. O que ocurre é que o Estado non os recolle”.
A decisión, polo tanto, non é técnica senon claramente ideolóxica, xurdida do dogma neoliberal de que a sanidade debe “adelgazar”, que se debe reducir o gasto para “salvala”. A realidade é que os recortes afectan á calidade da sanidade pública e xeran maior demanda da privada (obxectivo clave pero non explícito destes recortes). Tamén se xustifica a utilización das tesouras nunha suposta ineficiencia do sistema público. Máis Navarro afirma que “non hai ningunha evidencia de que o sector público sexa máis ineficiente ca o privado. A evidencia apunta ao contrario. Un dos sistemas sanitarios máis ineficientes é o dos EEUU, donde a maioría da financiación é privada. É o sistema máis caro do mundo, representa case o 17% do PIB americano e, pola contra o 68% da poboación está enormemente insatisfeita. Queren aplicar esta sistema en España?”. Recordemos que, nos inicios do seu mandato, o presidente Obama sinalou á sanidade española como o modelo a seguir. Logo chegaron os grandes lobbys e non lle permitiron realizar a reforma proxectada. Pero eso é outra historia.

Porque aquí, cando a dereita catalana recuperou o poder na Generalitat puxeron como conselleiro de sanidade ao señor Boi Ruiz, presidente da patronal da sanidade privada. Había unha clara declaración de intencións. Iniciaron unha brutal campaña de recortes na sanidade pública que está a provocar un progresivo deterioro da calidade asistencial e un crecente malestar de cidadáns e profesionais. Máis non hai rectificación no camiño trazado. Pola contra, agora pretende abrir ao capital privado os hospitais e ambulatorios públicos e plantexa a implantación dun seguro sanitario privado obrigatorio a partir de certo nivel de renda. Estas medidas perxudican a sanidade pública, vulneran os principios de equidade e cobertura universal do sistema sanitario, pero abren expléndidos espazos de negocio para algúns a expensas dos orzamentos públicos.

A señora Cospedal tamén chegou coas tesouras na man á presidencia de Castela-A Mancha. Ela ven de mercar unha casa valorada en 2.5  millóns de euros e “oculta” o seu patrimonio: négase a publicar as súas propiedades e ingresos tal como obriga a lei. Pero baixoulle o salario a 70.000 empregados públicos da comunidade e vai privatizar a xestión dos hospitais públicos. Manzanares, Tomelloso, Villarrobledo e Almansa, que xa están funcionando, pasarán a ser xestionados por empresas privadas. Os catro hospitais en construcción (Toledo, Cuenca, Albacete a Guadalajara) tamén pasarán a mans privadas. A comunidade de Castela-A Mancha quedará hipotecada: terá que pagar a estas empresas pola utilización dos hospitais durante 30 anos.
Xa se sabe que os hospitais xestionados pola iniciativa privada (modelo PFI) saen moito máis caros para as arcas públicas. As experiencias desenvolvidas en Reino Unido, Madrid e Valencia así o demostran. Pero da igual: estas evidencias non serán valoradas xa que o negocio para as empresas privadas que xestionen estes proxectos está asegurado.

O señor Núñez Feijoo, nos dous anos que leva como presidente da Xunta, xa ten amosado a súa decidida vinculación con esta estratexia de saqueo dos servizos públicos. Reduceu os orzamentos sanitarios (por primeira vez na historia da autonomía), anulou o Plan de Mellora da Atención Primaria e retiroulle a cobertura sanitaria aos parados de longa duración e aos inmigrantes e emigrantes retornados (incumple a lexislación: a lei xeral de xanidade, a de estranxeiría e a lei de cohesión sanitaria). Semella que non abonda; agora afirma que “carece de sentido que o grado de copago dos medicamentos veña marcado pola idade e non polo nivel de renda”, e plantexa o cobro de servizos non estrictamente sanitarios do Sergas (“ducharse, comer, dormir”). Ou sexa: os pensionistas non disporán de prestación farmacéutica gratuita e todos os cidadáns terán que aboar os gastos derivados dos ingresos hospitalarios. Estas son as propostas desta facción ultraliberal que goberna Galicia. Por suposto, aquí tamén se utiliza para a construcción do hospital de Vigo e os novos centros de saúde o modelo de xestión privada. 

A quén beneficia esta estratexia? Nun recente informe da FADSP afírmase que hai “grupos de presión empresarial e bancarios relacionados co PP que aproveitan os procesos de privatización postos en marcha nas autonomías donde gobernan para apoderarse dos novos centros sanitarios de financiación público-privada”. Con estas fórmulas a financiación e xestión dos centros corre a cargo de consorcios integrados por empresas constructoras, entidades bancarias e empresas aseguradoras: “unha vez entregado o centro, a administración paga un canon anual por 20-30 anos que multiplica por sete o custe real dos servizos”. Entre as entidades beneficiarias destas concesións (sobre todo en Valencia e Madrid) están a CAM, Bankia, Ribera Salud ou Bancaja.
Neste informe recórdase que a consultora PwC participa en varios destes proxectos: “auditou o proceso de fusión de Caja Madrid e Bancaja, por encargo de Rodrigo Rato, e foi elexida pola Consellería de Sanidade de Galicia para asesorar a adxudicación do novo hospital de Vigo: seleccionou un consorcio do que forma parte Bankia (presidido por Rato)”.
Pero hai máis conexións do PP co mundo financeiro que participa nestes proxectos: Manuel Lamela (exconselleiro de sanidade en Madrid) forma parte do consello directivo de Bankia e do grupo Capio. Home de confianza de Rato, deixou a política en 2008 para adicarse a actividades empresariais no sector sanitario. É o máximo dirixente de Madrid Médical Destination. Luis de Guindos foi secretario de Economía con Aznar e agora está vinculado a PwC como xefe dos servizos financeiros. Luis de Guindos (de Leman Brothers ata a súa caída en 2008) e Rodrigo Rato (presidente do FMI durante a súa peor etapa) son “pesos pesados do PP e soan como ministrables no próximo goberno de Rajoy”. 

Esta rede integrada por políticos do PP, banqueiros e empresarios está a procurar beneficios privados a expensas do diñeiro público. Non é a crise a responsable destas actuacións. A preservación do sistema público debe facerse por outros medios. Máis aproveitan a situación para promover negocios a longo prazo que poñen en risco a sanidade pública. Non importa a saúde da xente, nin a equidade nin a xustiza: só lles interesa o beneficio.

6 comentarios:

  1. Si no fuera por el trágico impacto de decisiones políticas, decir que "ducharse, comer, dormir" no es estrictamente sanitario podría acogerse con la sonrisa que se le regala a un ignorante cuando dice una chorrada. Todo un presidente de una comunidad autónoma nos descubre ahora que la más elemental higiene no es estrictamente sanitaria. Pero estoy tranquilo en el convencimiento de que nuestro Colegio Médico elegirá a algún docto galeno para responderle al Sr. Feijóo en "La Voz del Colegio Médico" el próximo domingo, haciéndole ver, desde la medicina basada en la evidencia la conveniencia que tiene para la salud el ser aseados, comer con moderación y dormir algunas horas, a no ser que juzguen más prioritario dedicar esa sección a nuevos avances homeopáticos o a defender las power balance.

    ResponderEliminar
  2. Hace unas semanas, pasó por A Coruña el premio Nobel de Economía, Joseph E. Stiglitz. Entre otras cosas, dijo que: "Para que la economía funcione mejor hay que invertir en educación, gasto social e investigación".
    ¡Vamos bien!

    ResponderEliminar
  3. Algunhas veces veise o plumeiro da xente demasiado claro, porque donde estaba este blog cando o autor era Director de Asistencia sanitaria do Sergas??
    Deixémonos de facer política demagóxica!!
    Está claro que entre todos temos que coidar os pilares da sociedade que son a sanidade e a educación, e que son unhos dereitos fundamentais e que de ningunha maneira tense que ver afectada por unhos recortes dos políticos de turno, pero o que sí demandamos é unha mellor xestión e utilización da sanidade, pero en absoluto temos que deixar que vaia a parar a mans privadas, sería un grave error!!

    ResponderEliminar
  4. Imos ver -como é posible?Os do Pesoe levan 20 anos de goberno: ruína moral e material,vivindo de retórica huera e manipuladora,reforma fiscal cero ( PÁGASE COMO SEMPRE DESDE secula seculorum,xente rica (bono,felipe...) son peor que os do PP ( que xa é dicir)e presumen se superioridade moral e intelectual... ¡por favor, non me salvedes!!!...
    Un desheredado, amargado e sin futuro.

    ResponderEliminar
  5. Para Fernando Ontañón,
    El problema es que no parece que interese salir de una crisis a quienes se benefician de ella y manejan los hilos.
    La perspectiva de la beneficiencia es cada vez más clara. Colas para obtener alimentos básicos en Lugo que empiezan a recordar imágenes en blanco y negro del 29.
    Y los "austeros" de la patronal (basta con ver al vicepresidente, encarnación de la austeridad misma) defendiendo el minisalario de 400 euros...
    Un Anónimo dice "non me salvedes". Ojalá no nos "salve" nadie pero no hacen más que suscitar en la ciudadanía esa necesidad, una esperanza de que alguien, técnicos más bien dada la vacuidad del discurso político, saquen al país de este pozo.
    No es descartable que eso se haga, que el país, "en promedio", salga adelante, pero con una radicalización de la miseria de muchos y con una brecha impensable hace pocos años entre ricos y pobres.
    Sí, vamos bien...

    ResponderEliminar
  6. Resulta OBSCENO que un médico ridiculize a un paciente galegofalente (que non sabe falar castelan) ou a un paciente ignorante ou con un deficit intelectual

    ResponderEliminar