En Galicia Confidencial
O último sábado do mes de outubro presentouse na Estrada a Irmandade da Sanidade Galega (Isaga). Máis dun centenar de persoas acudiron a este acto solemne, no que os primeiros trinta e catro membros desta organización comprometéronse a utilizar o galego no exercicio da súa profesión. Os promotores da Isaga, que xurde co apoio da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, pretenden impulsar unha corrente intelectual de compromiso coa cultura e a lingua do país. Vai facer un século (maio de 1916) que os irmáns Villar Ponte convocaron unha asemblea na Coruña para crear as Irmandades de Amigos da Fala, co mesmo obxectivo: fomentar o uso do galego nunha perspectiva máis amplia de rexenerar globalmente a Galicia. Despois de tanto tempo e tanta historia, seguimos nun punto semellante. O galego está en risco, e compre xenerar iniciativas para que siga presente na vida cotiá.
O último sábado do mes de outubro presentouse na Estrada a Irmandade da Sanidade Galega (Isaga). Máis dun centenar de persoas acudiron a este acto solemne, no que os primeiros trinta e catro membros desta organización comprometéronse a utilizar o galego no exercicio da súa profesión. Os promotores da Isaga, que xurde co apoio da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, pretenden impulsar unha corrente intelectual de compromiso coa cultura e a lingua do país. Vai facer un século (maio de 1916) que os irmáns Villar Ponte convocaron unha asemblea na Coruña para crear as Irmandades de Amigos da Fala, co mesmo obxectivo: fomentar o uso do galego nunha perspectiva máis amplia de rexenerar globalmente a Galicia. Despois de tanto tempo e tanta historia, seguimos nun punto semellante. O galego está en risco, e compre xenerar iniciativas para que siga presente na vida cotiá.
Este acto foi, en sí mesmo, unha profunda anomalía. Non debería ser preciso. A ninguen se lle ocorre promover un encontro así en Liverpool para honrar aos sanitarios que usan o inglés no seu traballo. Nin se lles pasa pola cabeza celebrar un acto coma este en Barcelona para rendir homenaxe a quen use o catalán no exercicio da profesión. Pero en Galicia seguen a ser precisas intervencións deste tipo porque somos unha sociedade anómala que renega do seu e non é quen de defender a súa principal creación cultural: o idioma. Non estamos obrigados a usar o galego só polo respecto aos nosos antecesores, nin por razóns de tipo identitario: o compromiso principal témolo con todo o planeta. O galego é patrimonio da Humanidade e a súa perda sería tan grave como o deterioro da biodiversidade. Segundo Teresa Moure a linguo-diversidade é unha fonte da que abrollan ópticas e actitudes culturais diferenciadas, que nos reconstrúen como habitantes de mundos distintos que se encontran a través da linguaxe. Debemos protexer a lingua porque “as culturas e as linguas, como as especies en perigo de extinción, non morren: son asasinadas”. Esta é a nosa responsabilidade actual: evitar o lingüicidio.
O porvir do galego está en risco -non así o do castelán, presente en todos os ámbitos da vida pública-. A xuventude, sobre todo no contorno urban, está instalada no castelán de xeito case exclusivo. De non mudar esta tendencia, en poucas décadas o galego será unha lingua ritual, tal como era o latín na misa. Pódese cumprir a profecía descrita por Santiago Lamas que prognisticaba –no seu libro Galicia borrosa- un territorio convertido en Parque Temático: as ferramentas agrícolas colgadas nas paredes dos restaurantes, os horreos ergueitos nos xardíns dos novos ricos e o galego reservado para uso ritual nas cerimonias, pero excluido da vida cotiá. Para que a lingua non esmoreza ten que estar viva nos colexios, nos mercados de abastos, nos campos de fútbol e, tamén, nos hospitais e nos centros de saúde.
Na relación cos pacientes (cando son galego-falantes) o uso do galego favorece a empatía, a proximidade afectiva e mellora a comunicación. As persoas maiores valoran en grande medida que o profesional comparta o seu idioma. Nalgúns casos a fala compartida mesmo pode ter efectos terapéuticos. A utilización do galego no mundo sanitario tamén pode ter, sen dúbida, un efecto potenciador para o propio idioma. Máis a realidade é que o galego na sanidade ten hoxe unha presenza residual, e o compromiso da Consellería coa fala é nulo. Pola contra, nos últimos dous anos tense producido un serio retroceso na presenza do galego nos documentos sanitarios e nas ferramentas informáticas. A Irmandade da Sanidade Galega nace co propósito de mudar esta tendencia: pretende fomentar o compromiso co galego no exercicio profesional e aumentar a presenza do idioma nos centros sanitarios. Agardemos que a Administración entenda a mensaxe e apoie tamén esta iniciativa.
Estoy de acuerdo en tu comentario siempre y cuando el gallego actual no fuerse un idioma artificial , en especial cuando lo llevamos al terreno técnico de la medicina. No se me olvida cuando le dije a un paciente anciano que había que trasladarlo en "padiola", y me miró con una cara tan rara que hasta que le comenté que era necesario ir en camilla no me entendió.
ResponderEliminarMe ha pasado con otras palabras y expresiones del gallego "académico" al comunicarme con mis pacientes, por lo qhe hace más de una década que me expreso en castellano sin ningu´n problema , a pesar de que mi intención inicial era hacerlo en gallego con los galego-falantes.
Un cordial saludo
Aplaudo a idea, penso que traballando e vivindo en Galicia e por respecto a nos mesmos, temos a obriga moral de falalo, escribilo e estudalo. Eu traballo nun centro de saúde semi-urbán onde a maioria con moito dos meus pacientes falan en galego. Tamén podo asegurar que desde que estudo o galego acedémico fíxome moíto maís na fala da xente (que o falou de sempre)e doume conta dos castelanismos que uso,non encontrándo diferencias ,a excepción dunhas poucas palabras, do galego dos galego-falantes de sempre co académico.
ResponderEliminar