Galicia Confidencial
Nos
últimos 35 anos o Estado español potenciou a Sanidade Pública dunha maneira
espectacular ata convertela nun servizo exemplar, moi valorado polos cidadáns e
modélico para o resto do mundo. Dende a Lei Xeral de Sanidade (1986) houbo un
impulso político firme e continuado que permitiu o desenvolvemento dos novos e
modernos hospitais públicos e a creación de centenares de Centros de Saúde,
antes inexistentes. A mellora da formación pola vía MIR, a creación da
especialidade de Medicina de Familia, a incorporación de novas tecnoloxías e a
entrega entusiasta de numerosos profesionais permitiron a construcción dun dos
mellores sistemas sanitarios existentes. O Sistema Nacional de Saúde
(SNS), sustentado en dous niveis
asistenciais, Atención Primaria (AP) e Atención Hospitalaria (AH), demostrou
ser moi eficiente e contribúe de forma importante á mellora da vida das
persoas.
Mais
todo isto está en risco. Nos últimos tempos as políticas impulsadas dende o
poder polo Partido Popular (PP) van encamiñadas a suspender a atención
sanitaria como un dereito das persoas para convertela nun negocio. Este
gravísimo proceso de extirpación dun dereito para transformar a saúde nunha
mercadoría dase en todo o territorio estatal, pero aplícase dun xeito moi
intenso e perseverante no noso país. Os severos recortes practicados están a
provocar efectos moi prexudiciais.
Galicia
incorporouse tarde ao desenvolvemento da AP (decreto de 1993), pois o PP estivo
en contra desde os inicios e alineouse sempre cos sectores máis reaccionarios
do sector. Pese a todo a sanidade galega e o nivel de AP melloraron de maneira
notable nas últimas décadas. Hai 50 anos os médicos pasaban consulta no propio
domicilio e a carencia de medios era absoluta. As primeiras promocións de
médicos de familia tivemos unha profunda implicación e unha actitude de
absoluta militancia que favoreceu a implantación do novo modelo da AP, en
contra das resistencias de certos grupos profesionais e do propio goberno do
PP.
O
goberno progresista (2005-2009) impulsou de forma notable a Sanidade Pública e
mellorou o primeiro nivel asistencial (con aumento de recursos, dotación de
medios e incremento de persoal). Puxo en marcha un ambicioso plan de mellora da
AP que non chegou a desenvolverse pois foi paralizado de inmediato polo PP
cando ocupou de novo o poder da Xunta (tamén anulou o proxecto de hospital
público de Vigo para impulsar un proxecto privado que provocou e provoca graves
disfuncións nesa área sanitaria). Núñez Feijóo é un experto privatizador,
coñecedor desde antiguo do negocio sanitario; a eso se dedicou desde o primeiro
día: a desmantelar a sanidade pública e a crear espazos de negocio para grupos
afíns e as grandes multinacionais do sector (aseguradoras privadas, empresas de
tecnoloxía e industria farmacéutica).
En
AP, ademáis de suspender a aplicación do plan de mellora tamén suprimiu as
Xerencias de AP (que tiñan o seu orzamento e capacidade de decisión propia);
foron fagocitadas por unha xerencia única hospitalaria (EOXI), de tal forma que
o primeiro nivel asistencial perdeu autonomía de xestión e pasou a ser un
apéndice menor dos grandes monstruos hospitalarios. A perda de orzamento, de
medios e de persoal foi progresiva e continuada. Non houbo convocatorias de
prazas para AP e outras foron amortizadas. Os contratos eventuais do persoal
son cada vez máis precarios e degradantes; a Administración maltrata aos
profesionais con ensañamento.
A sobrecarga asistencial é cada vez maior. A aparición de problemas sanitarios pola dificultade de facer unha atención de calidade é evidente. O amoreamento de padiolas nos Servizos de Urxencia é cada día máis ofensivo para a dignidade humana. Hai uns meses morreu un paciente no PAC da Estrada e provocou unha grande alarma social. Hai unha denuncia na Fiscalía polo falecemento de dous pacientes na Urxencia do CHUS (dirixido por unha prima de Núñez Feijóo). A protesta social e profesional comeza a ser máis intensa: hai folga nos PACs e nos Servizos de Urxencias, e unha dimisión en masa dos xefes de servizo de AP en Vigo. Din que non hai persoal para mellorar os servizos. Tamén iso é falso: se convocasen unha oposición presentaríanse cen persoas para cada praza. Pero os profesionais, se poden, fuxen dunhas condicións laborais intolerables.
A sobrecarga asistencial é cada vez maior. A aparición de problemas sanitarios pola dificultade de facer unha atención de calidade é evidente. O amoreamento de padiolas nos Servizos de Urxencia é cada día máis ofensivo para a dignidade humana. Hai uns meses morreu un paciente no PAC da Estrada e provocou unha grande alarma social. Hai unha denuncia na Fiscalía polo falecemento de dous pacientes na Urxencia do CHUS (dirixido por unha prima de Núñez Feijóo). A protesta social e profesional comeza a ser máis intensa: hai folga nos PACs e nos Servizos de Urxencias, e unha dimisión en masa dos xefes de servizo de AP en Vigo. Din que non hai persoal para mellorar os servizos. Tamén iso é falso: se convocasen unha oposición presentaríanse cen persoas para cada praza. Pero os profesionais, se poden, fuxen dunhas condicións laborais intolerables.
Nos
últimos dez anos a calidade asistencial dos Centros de Saúde sustentouse no
esforzo e na entrega de moitos profesionais que agora, no límite da súa
resistencia, protestan e reclaman solucións. Ante a alarma social a Xunta
responde coa creación de grupos de traballo, integrados por profesionais afíns,
aos que encarga o deseño dun novo modelo de AP, dando a entender que o
existente non é bó. Realmente non se precisa un modelo novo: o necesario é
restaurar o dano causado coas decisións adoptadas por eles mesmos. O actual
deterioro non é froito da manifesta incompetencia dos dirixentes. Pola contra, é
o resultado dun plan trazado previamente e executado desde o poder político coa
complicidade dalgúns profesionais, que colaboraron desde os seus postos de
xestión no desmantelamento da AP. Pero aínda é posible recuperar a dignidade:
só é preciso un cambio político.
Es de agradecer un texto como éste, interesante y necesario.
ResponderEliminarHay algo que me atrevo a matizar. Al final , indicas que "só é preciso un cambio político". Creo que, siendo necesario, no parece suficiente. Tenemos un problema precisamente con eso, con el ser político, algo que cada cual debiera asumir en mayor o menor grado, por el hecho de ser ciudadano. Lo ocurrido en Andalucía es un síntoma de lo que acontece gracias a esa pasividad en nuestra sociedad. Pagaremos las consecuencias.
Como indicas en el texto, las cosas no han ocurrido por incompetencia, sino por decisión planificada y con complicidades de interés.
Recientemente, un sindicato médico convocó una huelga que incluía muy claramente entre sus puntos la eliminación de la exclusividad (“a igual trabajo, igual salario”, decían). Si un sistema público en el que se forma la práctica totalidad de especialistas, trabajen donde trabajen como tales, no puede exigir exclusividad a quienes en él prestan sus servicios, es fácil entender, como también se indica en el post, que el problema no es sólo de los políticos que nos gobiernen. Uno de las viñetas de "El Roto" es muy ilustrativa.
Caminamos de forma acelerada hacia una medicina de ricos y otra de pobres. El caso Sovaldi fue un mero anuncio de lo que se avecina.
Un abrazo