O luxoso hotel Taschenbergpalais Kempinski Dresden |
Do 9 ao 13 de xuño celebrouse en Dresde a reunión anual do
poderoso Club Bilderberg,
que está presidido polo nobre francés Henri de La Croix de Castries
(quinto conde do seu nome e CEO de AXA Group). Fundado en 1954 o núcleo do Club
formárono políticos, financeiros e grandes corporacións. A lista de asistentes
está integrada por representantes das elites económicas de EEUU e Europa. Este
ano de España só invitaron a catro persoas: Ana Patricia Botín, César Alierta,
Juan Luís Cebrián e Luís Garicano. Nunca fan declaracións nin emiten
comunicados: todo o que alí falaron seguirá no máximo secreto.
O conde Henri de Castries (presidente de AXA) |
O analista Daniel Estulin
afirma que se trata dunha auténtica
casta formada polas elites brancas de Europa e EEUU que teñen o obxectivo de
manter os seus propios privilexios. A deste ano foi unha reunión moi
especial; o obxectivo deste poderoso grupo -converter ás grandes corporacións
nas donas do mundo e aos gobernos en meros executores dos seus mandatos-,
podería estar máis preto si son aprobados os tratados TTIP e CETA. En realidade
os integrantes deste Club son os causantes -e á vez beneficiarios- da actual
crise económica, por medio dos fondos de investimento de EEUU, que envelenaron
a banca mundial cos seus produtos tóxicos.
O Club Bilderberg puxo
a súa mirada sobre a sanidade do noso país. Teñen moito interese en favorecer os negocios na
sanidade e as privatizacións, como as impulsadas polo Partido Popular desde o
poder. O seu presidente, o citado conde, xa ten experiencia nese terreo. Na
década dos 80 foi un alto cargo no goberno de Jacques Chirac e promoveu a
privatización dos servizos públicos franceses. Ao deixar o goberno fichou
inmediatamente por unha das aseguradoras máis potentes do mundo, o grupo AXA,
do que hoxe é presidente.
O grupo AXA e a Sexta (que pertence ao grupo
Atresmedia, vinculado a Indra, ao fondo de investimento AQR e ao banco
norteamericano JP Morgan) están levando a cabo, nos últimos meses, unha potente
campaña mediática –“Constantes e vitais” -,
para promover a instalación de desfibriladores en todos os lugares públicos.
Esta campaña publicitaria -na que participan os rostros máis famosos da cadea-
queren presentala como unha acción altruísta co fin de salvar vidas humanas cando
en realidade trátase de realizar un gran negocio coa venda masiva deses
aparellos.
Non hai suficiente evidencia de que a instalación de
aparellos desfibriladores en lugares públicos reduza a morbi-mortalidad
cardiovascular. Ademais a lexislación obriga a que os desfibriladores sexan
utilizados por profesionais
e prohibe o seu uso polo público non preparado. A necesidade de creación de
prazas específicas (para realizar unha actividade, por fortuna, tan esporádica)
fai que esta proposta sexa irrealizable. Pero iso non importa. O negocio
consiste en vender miles de desfibriladores aínda que logo non se utilicen.
Non ten moita lóxica que unha televisión privada se meta de
forma tan directa en temas de saúde pública, tan lonxe das súas competencias.
Pero a estratexia é clara: disfrazan
a publicidade de información, intentan crear unha expectativa elevada (salvar
vidas), xeran unha demanda cidadá (xa recollen firmas para reclamar ante as
CCAA) e pretenden obrigar á Administración a realizar un enorme gasto para dar
resposta á necesidade creada. Aínda que todo iso, logo, non sirva para moito.
A información sanitaria e as cuestións de saúde comunitaria
deben estar exclusivamente baixo o dominio dos poderes públicos, lonxe do afán
de lucro dos grupos privados e das empresas de tecnoloxía sanitaria. Ao conde Henri de La Croix de Castries
(presidente de AXA) non lle preocupa a saúde da poboación senón o reparto de
beneficios. Si as eleccións son favorables os gobernos do cambio terán que
traballar moito para reconstruír o Estado, protexer os servizos públicos e
garantir a independencia dos medios de comunicación. Non se pode deixar en mans
dos poderosos decisións tan importantes, que afectan a nosa saúde e á nosa
vida.
Autores: Pablo Vaamonde García
(médico de familia, A Coruña)
Luísa Lores Aguín (radióloga,
Pontevedra)
No hay comentarios:
Publicar un comentario