jueves, 27 de noviembre de 2014
martes, 25 de noviembre de 2014
López Nogueira e o galego




lunes, 17 de noviembre de 2014
A mercantilización da Sanidade
Introdución
do libro “La salud como negocio” (II)
Vicenç
Navarro
Catedrático
de Políticas Públicas, Universidade Pompeu Fabra, e Profesor de Public Policy,
Johns Hopkins University

Esta estratexia
privatizadora responde a un dogma, o
dogma neoliberal (promovido por un gran número de medios de información e
persuasión altamente influenciados, cando non controlados, polos intereses
financeiros da banca), que se reproduce a base de fe, e non de evidencia. En
realidade, cada un dos seus postulados pode ser facilmente destruído pola
evidencia científica existente, mostrada neste volume. Deles, o máis visible é
o da suposta maior eficiencia do sector privado sobre o sector público. O libro
documenta a falsidade deste suposto. En realidade, os entusiastas da
privatización deberían visitar e coñecer mellor o sistema sanitario máis
privado que existe hoxe aos dous lados do Atlántico norte, é dicir, o de EE.UU.
Naquel país, hai case un consenso de que o sistema sanitario é, ademais do máis
caro do mundo, o máis ineficiente, onde o número de intervencións cirúrxicas
innecesarias, por exemplo, é o máis alto do mundo desenvolvido. Pero ademais de
ser enormemente custoso e ineficiente é sumamente impopular. EE.UU. é o país
onde a porcentaxe de insatisfacción do cidadán co sistema sanitario é maior. E
como consecuencia do enorme poder que as compañías que se benefician máis do
sistema privado (como son as compañías de seguros) teñen sobre o Congreso de
EEUU, ningunha reforma pode levarse a cabo.
Este é o resultado de poñer
como motor do sistema sanitario o afán
de lucro. Tal obxectivo entra claramente en conflito coas necesidades da
cidadanía. E a experiencia internacional proba irrefutablemente a certeza deste
principio. Onde o afán de lucro predomina, a calidade da atención médica e a
satisfacción do cidadán diminúen. Dous indicadores mostran o extremo a que esta
situación pode levar a un país. En EE.UU. o 48% de pacientes que están morrendo
declaran estar preocupados por como, eles ou os seus familiares, pagarán as
facturas médicas. O grado de crueldade e inhumanidade deste dato define o
significado da aplicación do principio do afán de lucro.

É interesante subliñar que
as clases podentes, máximas valedoras dos partidos neoliberais, que cren
atendidas as súas necesidades sanitarias a través da medicina privada, non son
conscientes de que en caso de gravidade van ter a necesidade de acudir á
Sanidade pública, á cal as políticas do PP están empobrecendo. O que a Sanidade
pública debería ter é a comodidade e confort que ten a privada, ademais da
calidade da pública. Pero iso require un gasto público moito maior, ao que
ditas clases se opoñen.

miércoles, 12 de noviembre de 2014
O ataque á Sanidade pública
Introdución
do libro “La salud como negocio” (I)
Vicenç
Navarro
Catedrático
de Políticas Públicas, Universidade Pompeu Fabra, e Profesor de Public Policy,
Johns Hopkins University
Hoxe estamos vendo en
España, tanto a nivel central como autonómico (e moi en especial naquelas
autonomías gobernadas por partidos conservadores-neoliberais), un ataque frontal á Sanidade pública, unha
das conquistas sociais máis notables que conseguiron as clases populares nos
anos oitenta coa aprobación, por parte das Cortes españolas, da lei que
establecía o sistema público de cobertura sanitaria que, aínda non sendo
universal (é dicir, que non garantía o acceso aos servizos sanitarios como
dereito de cidadanía e residencia), cubría á gran maioría da poboación
española. Este Servizo Nacional de Saúde non era perfecto. Traía herdadas
moitas deficiencias, sendo a máis importante o seu escaso financiamento.
O Estado español, herdado da
ditadura, tiña (cando a lei se aprobou) un dos gastos públicos sanitarios por
habitante máis baixos dos países da Unión Europea (UE) cun nivel semellante de
desenvolvemento económico ao español. Dita subfinanciación debíase ao enorme
dominio que as clases podentes en España tiñan sobre o Estado español,
favorecendo unhas políticas fiscais enormemente regresivas. Este dominio de
clase, case absoluto durante a ditadura liderada polo xeneral Franco, continuou
durante a época democrática. En contra da imaxe idílica da Transición (que promove
o establishment mediático e político
do país) que se deu en España da ditadura á democracia (que se presenta como
modélica), dita Transición foi profundamente inmodélica. Os herdeiros da
ditadura controlaban os aparellos do Estado e tamén a gran maioría dos medios
de información, mentres que as forzas democráticas, lideradas polas esquerdas,
acababan de saír da clandestinidade. Era imposible que unha situación tan
desequilibrada puidese traducirse nunha Transición modélica.


Outro factor que explica a subfinanciación do estado do benestar,
incluíndo a Sanidade pública, é o xeito como se realizou a integración de
España no euro, un dos acontecementos menos analizados nos medios de
información. En España, o euro estableceuse a costa do empobrecemento do seu
estado do benestar. O enorme dominio que o capital financeiro (é dicir, a
banca) ten no establishment (a
estrutura de poder) europeo e na gobernanza do euro explica que os criterios de
Maastricht, que ditaban os requisitos que un país tiña que ter para entrar no
euro, interpretáronse de maneira que beneficiaron ás clases podentes a costa
das clases populares. Así, a redución do déficit público do Estado (baixando
dun 6% do PIB a un 3%) fíxose reducindo o gasto público (e con iso, o gasto
público social, incluíndo o sanitario) en lugar de subir os impostos das clases
podentes, que non aportaban o que deberían aportar ás arcas do Estado. E por
iso, polo que o xeito que se escolleu para reducir o déficit, que se empobreceu
o estado do benestar.
E isto é o que está
ocorrendo agora de novo. O déficit creado, en gran parte, polas baixadas de
impostos que tiveron lugar na época en que -tal como sinalou o presidente
Zapatero- baixar impostos era unha política de esquerdas, redúceno a costa de
recortes do gasto público social (incluíndo o sanitario). Nin que dicir ten que
o goberno conservador e neoliberal do PP acentuou aínda máis estas respostas,
como ben documentan as distintas achegas do libro "La salud como negocio".
https://www.facebook.com/pages/La-salud-como-negocio/319967814853468
https://www.facebook.com/pages/La-salud-como-negocio/319967814853468
jueves, 6 de noviembre de 2014
A saúde: ideoloxía e negocios


No prólogo do libro Xosé Manuel
Beiras enmarca as actuacións dos gobernantes no contexto dunha crise sistémica global que “dota de
sentido á crecente agresión contra os sistemas sanitarios públicos para abolir
o dereito do cidadán común a unha Sanidade universal e gratuíta, e converter a
saúde nun negocio para o capital privado, como denuncia este libro desde o
mesmo título”. Contra estas actuacións é preciso que os cidadáns desencadeemos
un furacán de ideas e de rebelión cívica: “a este combate contra a tiranía
contribúe, no laboratorio das ideas e na práctica da denuncia valente, este
libro, unha obra colectiva dun grupo de profesionais comprometidos na defensa
da Sanidade pública”.
O profesor Vicenç Navarro recorda, na introdución
do libro, que estamos vendo en España un ataque
frontal á Sanidade pública, unha das conquistas sociais máis notables que
conseguiron as clases populares nos anos oitenta. Afirma que "detrás dos recortes hai outro
obxectivo: agrandar o sector privado a custa de reducir o sector público. Isto
está a acontecer masivamente en España, respondendo aos intereses do capital
financeiro que, aliado co complexo sanitario industrial, está a destruír a
Sanidade Pública".
Navarro considera que este libro é un dos mellores documentos que se publicaron en España sobre o que está ocorrendo na Sanidade pública: “É unha mina de información; escrito dun xeito ameno, fácil de ler e comprender, conxuga paixón e compromiso pola xustiza social cun gran rigor e credibilidade na súa documentación. É, sen dúbida, un libro que se converterá nun punto de referencia para todos aqueles movementos sociais que loitan para conseguir un mundo e unha Sanidade mellores. Debería ser unha lectura obrigatoria nas institucións de ensino do país”.
Navarro considera que este libro é un dos mellores documentos que se publicaron en España sobre o que está ocorrendo na Sanidade pública: “É unha mina de información; escrito dun xeito ameno, fácil de ler e comprender, conxuga paixón e compromiso pola xustiza social cun gran rigor e credibilidade na súa documentación. É, sen dúbida, un libro que se converterá nun punto de referencia para todos aqueles movementos sociais que loitan para conseguir un mundo e unha Sanidade mellores. Debería ser unha lectura obrigatoria nas institucións de ensino do país”.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)