Unha
reflexión sobre os Acordos de Xestión en Atención Primaria
Arturo Salvande Fraga (Médico de familia. PAC de Viveiro, Lugo)
Chega a primavera e con ela ,
como en anos anteriores, as “músicas”
que son os chamados “Acordos de Xestión” para os que traballamos
na Atención Primaria do Sergas. Un ano
máis chegan de súpeto, case sen avisar, aínda que esperábamos con certa
inquietude a retribución dos do ano anterior; chega a retribución dos do pasado
ano 2013 e case conxuntamente a sinatura dos do ano en curso 2014.

E unha vez máis causan balbordo
entre os compañeiros, pero “
de pasillo”.
Que si tal obxectivo non é xusto, que si tal outro non é fácilmente valorable,
que si aquel hai anos que non ten sentido, que si este non depende de min….
O pagamento dos anteriores aplaca en parte os
ánimos, e a expectativa de cobrar os asinados este ano “anima” en certa maneira
á sinatura dos mesmos. “
Asinar ou non
asinar? Esa é a cuestión”. “Asina home!, que se non o fas ese diñeiro irá
para unha mariscada doutros” . “ Asina, que total van avalialos igual ( de mal)
“ “ Ti asina e despóis xa fas o que che pareza.” Este é o tono habitual dos comentarios.
Os “Acordos de Xestión” (ADX) ou “obxectivos” como se denominan coloquialmente,
son, na teoría, unha fórmula de xestión
da calidade asistencial que, na realidade, pouco ou nada motivan á maioría dos
profesionáis. Para comezar, a denominación “Acordos” parece pouco axeitada se o
que se pretende dar a entender con dita denominación é que son acordados polos profesionáis implicados na súa
consecución. Na súa elaboración interveñen os Xefes de Servizo de AP únicamente e o fan elexindo aqueles obxectivos que consideran máis axeitados
dos propostos polas Xerencias, ata chegar ao número deles indicado polo Sergas.
Cortar o cable vermello ou cortar o
cable azul? Calquera sabe qué será
peor! Os potenciais asinantes rara vez temos oportunidade de aportar a nosa
opinión, as nosas percepcións, a nosa experiencia de anos anteriores. E despois
fálannos das bondades das “Áreas de Xestión Clínica".
Logo deste sistema
de acordo tan pouco participativo, en cada Centro preséntanse para a
sinatura da man o do estilo de cada Xefe de Servizo. Aquí na variedade está o
gusto. A min un ano pasáronmos para
asinar xunto coa confirmación de asistencia a unha sesión clínica do Centro,
sen máis explicacións!. E outro ano o mesmo Xefe estaba , como no día da Cruz
Vermella, ao lado dunha mesa onde tiña o listado para asinar e un pequeno
montón de fotocopias dos obxectivos, de modo que se querías o papel cos acordos
tiñas primeiro que asinar! Incríble pero certo.
Sería desexable que , ademáis dun debate previo e conxunto dos posibles
obxectivos á alcanzar, estes se difundiran aos profesionáis dun xeito máis
oficial e controlado, coa antelación suficiente para estudalos e debatilos se
fose o caso, coa sinatura dun “recibí” que garanta que todos tiveron a oportunidade de valoralos con calma.

A sinatura destes ADX
convertíuse, dende a miña experiencia dos últimos oito anos, nunha cuestión exclusivamente económica (pois vemos a oportunidade de evitar
outra merma das nosas nóminas, xa de por sí fraccionadas en múltiples
complementos), máis que nun incentivo para a participación e a mellora na
calidade da asistencia. A contia deste complemento achégase, para os
facultativos, aos dous mil euros anuais (de ser percibido o 100%).
Os datos obtidos da súa
avaliación ( ou polo menos os transmitidos aos profesionais) contrastan a miúdo
coa percepción dos asinantes, tanto a título persoal como a nivel global; os
profesionais obtemos como podemos as nosas cifras para comparalas coas que se
nos imputan sen moita coincidencia coas mesmas. Sen ir máis lonxe, o primeiro
ano que asinei os acordos, atribuíanme un uso de Ianus do 27%. Tras reclamar
unha revisión deste dato, dixéronme que tiña un 78%. Igualmente obtiven
listados dos pacientes que tiña rexistrados por patoloxías crónicas ( EPOC, HTA,
dm etc) mediante o Sigap, observando con sorpresa que nos datos que se me
imputaban dende o Sergas faltaban aproximadamente un 20% de pacientes en cada
grupo de patoloxías! Notifiqueino ano tras ano e a día de hoxe aínda non se sabe onde está o erro. E non é algo que só me pase a mín, senón que
moitos compañeiros ( aqueles que se toman o traballo de sacar os seus listados
e facer a contaxe) comentan situacións similares . Se extrapolamos este marxe
de erro aos profesionais de toda Galicia acordaremos que esta discrepancia é indamisible e pouco indica acerca da nosa
realidade e a dos nosos pacientes. Porque a plaza pode non ser nosa, nin os
recursos, pero os pacientes, sí; non no sentido de propiedade, senón de responsabilidade.
E ademáis os parámetros marcados como obxectivo seguen a ser parecidos, e o
sistema de avaliación semella ser o mesmo. E digo semella porque tampouco é coñecido
polos avaliados cómo se obteñen eses datos polos que se nos valora. E seguimos
a asinar. E seguimos comentándoo con indignación que, como moito, dura uns
poucos días.

Este ano, para os PAC da miña
actual Xerencia, “acordáronse” para a súa sinatura os obxectivos do 2014 ,
algúns dos cales son “ un pouco máis” dos do ano anterior e outros son algo
máis novedosos, pero de novo todos eles sen
consenso previo, sen canle oficial de participación, asinados en abril e
avaliados dende xaneiro. Este ano decidínme a presentar oficialmente as
miñas alegacións ante a Xerencia, porque as observacións que fixen en anos
anteriores aos meus superiores non deron ningún resultado. Por exemplo, este
ano temos o obxectivo de prescripción electrónica superior ao 97%; a priori é
un obxectivo asumible, pero no Centro onde traballo actualmente aténdense a un
número aparentemente elevado de pacientes desplazados por ser un lugar
turístico e de veraneo , polo que xa o ano anterior ( e outros previos)
plantexei a necesidade de cuantificar as asistencias a desplazados para poder
establecer un factor de corrección á porcentaxe de receta-e. Un posible factor
de corrección, podería ser “porcentaxe de
receta-e > 97% para pacientes do
Sergas”. Non parece tan difícil e daría unha información máis axeitada ás nosas
posibilidades de facer receta-e.
Tamén este ano predominan os criterios de índole económica,
como o que establece “incremento de
facturación a terceiros respecto a 2013 no ámbito de AP”. Simple incremento? É que podemos conseguir que este ano se
facturen máis asistencias? É unha competencia do médico ou do enfermeiro? Non
parece un obxectivo moi preciso.
Outro clásico é o obxectivo
acerca da porcentaxe de prescripción de EFG, “Xenéricos”, que este ano se sitúa no 45%,
ainda que dende a entrada en vigor do catálogo de financiación selectiva do
Sergas , todos os medicamentos incluídos para a súa financiación están ó mesmo
prezo de referencia. O gasto é igual coa
marca financiada que coa EFG, pero non os erros no seguemento dos tratamentos
por parte de pacientes maiores e polimedicados, e non se considera a liberdade
de prescripción dos facultativos, a dispoñibilidade nas farmacias ou mesmo as preferencias
dos pacientes.

Outros obxectivos plantéxanse de
forma xeral , non detallada, como a “colaboración na elaboración dos
calendarios de guardia (…)”, a “formación específica na área de urxencias,
incluindo a formación en soporte vital no lugar de traballo”, etc. A inexactitude no seu plantexamento xunto
coas imprecisións na súa avaliación fan destes obxectivos unas ferramentas
certamente pobres para mellorar ou mesmo valorar a calidade do noso traballo.
Non son poucos os artigos na
literatura médica e económica que plantexan
as desventaxes e ata “perversións” do
traballo guiado por incentivos económicos, como a atención selectiva aos problemas
relacionados cos obxectivos en detrimento da atención a outros problemas de
saúde non incentivados, a busca do profesional de alcanzar unhas cifras
predeterminadas que non teñen en conta as peculiaridades de cada cota ou
poboación, os problemas derivados de indicadores inadecuados etc. podendo chegar en ocasións a desvirtuar o
sistema máis que a melloralo. E si por riba se fai de forma incorrecta, entendo
que a utilidade deste sistema será ainda máis cuestionable.
Este escrito pretende, xunto coa
presentación das miñas alegacións, que en próximos anos os “acordos” sexan un pouco
máis acordos e menos desacordos. Nas
nosas máns está perseguir que sexa algo máis que unha simple sinatura.
(Texto enviado por Arturo Salvande, médico de familia en Viveiro. Fai
unha atinada e oportuna reflexión sobre os ADX, unha proposta concebida como
elemento de mellora da calidade que, na práctica, só é un procedemento
administrativo con repercusión económica, pero que non incentiva a
participación dos profesionais nin favorece a mellor atención aos usuarios).