A Atención Primaria (AP) é sinalada polos expertos como o eixo fundamental do sistema sanitario. Así o recoñece a Ley General de Sanidad (1986). Cando a AP actúa como elemento de coordinación e porta de entrada do sistema é máis doado garantir a equidade e o uso racional dos recursos, así como a integralidade e a continuidade da atención. O avance da AP no Estado veuse freado por tres condicionantes: o déficit de recursos e a limitación no acceso a probas diagnósticas, a deficiente relación co nivel hospitalario e a introducción de elementos de privatización no sistema, que produciron unha descapitalización do primeiro nivel asistencial.
A medicalización da vida e o uso irracional e excesivo dos recursos asistenciais ten moito que ver co hospitalocentrismo e coa mercantilización da saúde. Así se explica o elevadísimo gasto farmacéutico, a sobreutilización de recursos diagnósticos e a elevada iatroxenia producida polo propio sistema (o 13% dos pacientes son ingresados por efectos adversos das actuacións sanitarias). A perda de protagonismo da AP é provocada por decisión políticas: o recorte do presuposto sanitario afecta con máis intensidade á AP (en Galicia, de 2009 a 2012 a Atención Especializada perdeu 22 millóns; a AP decreceu 188 millóns de euros); ademáis a desaparición das xerencia de AP (absorbidas polos hospitais) e o abandono do Plan de Mellora provocaron un prexuicio evidente deste nivel asistencial. O severo deterioro das condicións laborais está a xerar un clima de malestar profesional e desmotivación.
A alternativa é a Atención Primaria
O gasto sanitario ten aumentado nos últimos anos de xeito notable. Máis dun tercio dos orzamentos das comunidades autónomas vai destinado a sanidade. As administración sanitarias impuxeron medidas para reducir o gasto: recortes salariais e precarización das condicións laboráis, copagamentos diversos que sobrecargan as economías familiares e provocan inequidade, e tamén ensaiaron diversas experiencias de xestión privada: todas estas medidas non conseguiron aforrar diñeiro público pero provocaron efectos moi adversos sobre os sectores da poboación máis desfavorecidos.
Se queremos buscar a eficiencia hai que apostar pola AP. O xeito de enfermar hoxe en día é moi diferente ao de hai cincuenta anos. A mellora na expectativa de vida provoca un aumento das patoloxías crónicas e da comorbilidade. O que se precisa non é incrementar a especialización senon procurar profesionais xeralistas con formación e habilidades para o manexo da cronicidade e dos factores familiares, sociais e laborais que afectan ao paciente. Se pretendemos reorientar o sistema sanitario cara o paciente crónico cómpre potenciar a AP, pois é ahí donde se fan actividades de prevención, donde se coñece ao paciente no seu entorno, donde se realiza educación sanitaria e promoción de hábitos saudables e donde se debe centralizar a coordinación da atención sanitaria.
Os profesionais do sistema sanitario público non debemos aceptar o camiño emprendido polos actuais dirixentes, que nos conduce a converter a AP nun apéndice dos hospitais e a actividade sanitaria nunha fonte de negocio privado. De seguir nesta liña estaremos, en breve plazo, nunha situación irreversible, con grave deterioro dos servizos públicos e das condicións laborais dos profesionais sanitarios.
É chegado o momento de impulsar unha actuación unitaria dos traballadores da sanidade pública para tentar revertir a situación. Por eso propoñemos:
1. Constituir unha alianza que englobe a todos os traballadores e organizacións da AP de Galicia, para ampliala posteriormente a usuarios e cidadáns.
2. Propor unha renegociación inmediata do Plan de Mellora de AP para adaptalo á actual situación.
3. Desenvolver instrumentos e mecanismos que favorezan a participación e implicacións dos profesionais e cidadáns no goberno dos servizos de AP.
Para reconducir a situación actual, que relega a AP a un papel secundario e subsidiario no sistema sanitario, é preciso planificar medidas de movilización, asumidas pola maioría dos profesionais e usuarios, que presionen á Administración para abrir unha negociación sobre estes plantexamentos. O futuro da AP e do sistema sanitario público está nas nosas mans.
-Manuel Martín García. Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP).
-Jesús Rey García. Coordinador do Plan de Mellora de Atención Primaria do Sergas (2006-2009).
-Jesús Sueiro Justel. Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).
-Pablo Vaamonde García. Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas (2005-2006).
Galicia, 7 de febreiro de 2013.
Subscribo publicamente o escrito e póñome a disposición de traballar pola defensa da Atención Primaria de saúde nun sistema sanitario público e de calidade.
ResponderEliminarFlora Miranda Pena
Médica de Familia, Valga.
(Aínda que as mulleres sanitarias, afortunadamente, xa non levamos 'cofia') ;)
ResponderEliminarTambién suscribo íntegramente el escrito.
ResponderEliminarJosé Luis Jiménez Martínez
Medico Internista. CHUO.
Gerente CHOU 2005-2009.
Vicepresidente Colegio Médico de Ourense
Yo también suscribo el texto.
ResponderEliminarEn una Medicina concebida en el ámbito hospitalario como algo industrial, con sus "clientes", sus ISOs, sus protocolos, sus gerentes (nombre empresarial donde los haya), sus algoritmos, sus indicadores de gestión y demás estupideces, la mirada hacia la Atención Primaria es refrescante porque supone, para los que vivimos en esos monstruos arquitectónicos inhumanos llamados ya no hospitales sino complejos hospitalarios (y universitarios, por supuesto, faltaría más) la perspectiva de lo que debe ser y, afortunadamente aun es, un médico. Alguien que sabe algo sobre lo biológico y lo aplica a lo biográfico de cada cual, de una persona que es paciente, sufriente. Y alguien que también sabe, en buena medida por su propia experiencia y su forma de ser, vocacional, que aun queda de eso, sobre todo lo que afecta al ser humano.
La Atención Primaria no sólo es necesaria (hay que ser muy tonto para no reconocerlo). Es ahora punta de lanza en la defensa de la Medicina Pública. Es ahora baluarte del sentido común frente a la medicalización obsesiva de cualquier alteración de la "norma". Es, sencillamente, casi lo único que nos queda como referencia de lo que ha de ser la práctica clínica, una relación única entre dos, en la que ciencia, arte y experiencia van íntimamente mezclados en la personalidad del médico, capaz aun, incluso en estos tiempos, de ofrecer esperanza a quien la necesita.
Ánimo
Por fin alguén fala da desfeita que se está a facer na Atención Primaria en Galicia. O malo é que agora, a estructura de Primaria, xa case que está toda ela absorvida polos hospitais.
ResponderEliminarTotalmente de acordo. É preciso o investimento en formación continuada para os profesionais da atención primaria e o reenfoque do sistema. Por unha verdadeira eficiencia e mellora da saúde pública.
ResponderEliminarUn saúdo e parabéns polo artigo.
no puedo estar mas de acuerdo con el articulo , enhorabuena .....efectivamente como dice una compañera que me precede , las mujeres sanitarias ya no llevamos cofia aunque seamos enfermeras
ResponderEliminarClaro que se pode facer moito máis e ser máis resolutivos , pero tamen temos que ser máis reivindicativos e contestatarios co que se nos impón dende as Xerencias . Aínda somos un colectivo sen unión , nin contacto , moi dependente dos intereses económicos individuais , e así non se vai a ningures . Dende que deixamos de reunirnos e tomar decisións conxuntas , non parou de deteriorarse a A.P. . A ver si esto é o xérmolo dunha nova sanidade e retomamos a unión . Saúdos .
ResponderEliminarsi cada vez los intereses particulares priman mas , no existe el compañerismo , si es posible algunos cobrando dos pagas y otros ninguna ¿teneis algun hijo en edad de trabajar ? que le espera cuando sus propios padres fomentan el intrusismo, las gerencias saben muy bien que somos un colectivo disperso , la union hace la fuerza no nos olvidemos
ResponderEliminarUn pouco tarde... agora as Xerencias de Atención Primaria xa deixaron de existir, e sen facer ningún ruído mediático. Únicamente nos enteramos os traballadores.
ResponderEliminarAsí como a súa creación supuxo unha gran mellora da Sanidade Pública, a súa destrucción vai supoñer un grave deterioro.