lunes, 11 de junio de 2012

A incompetencia da ministra de Sanidade

En Praza Pública

O Partido Popular, cando estaba na oposición, empuxou canto puido para situar o Estado español no borde do abismo. Todo lles parecía válido con tal de acadar o poder. “Que caia España, que xa a levantaremos nós”, clamou nunha ocasión Montoro. Despois de seis meses de goberno popular o resultado non pode ser máis calamitoso: a cruel reforma laboral, os graves recortes en sanidade e educación e a reducción drástica dos orzamentos públicos só serviron para deteriorar as condicións de vida dos cidadáns, pero non conseguiron calmar a voracidade dos “mercados”.

O goberno de Rajoy aplica con rigor a doutrina ultraliberal: adelgazar o Estado, malvender as empresas públicas, privatizar os servizos, e cargar os custes da crise sobre o lombo dos traballadores. Mentras tanto, os gobernantes afánanse por axudar ao sector financeiro, principal responsable da situación pola súa actuación avariciosa e incompetente. A pasada fin de semana o presidente do goberno explicou, nunha rolda de prensa, a petición feita a Europa dun préstamo de cen mil millóns de euros para salvar a banca española. Esta solicitude de rescate terá, con certeza, unha repercusión negativa para a cidadanía: máis IVE, máis recortes e menos Estado de benestar.

Mariano Rajoy no fútbol
Pero don Mariano, lonxe de amosar pesadume e tristeza polo dano que ven de ocasionar aos seus veciños aparece no palco de autoridades en Polonia, sorrinte e despreocupado, para presenciar o partido de fútbol entre as seleccións de España e Italia. Esta conducta frívola e insolente resulta difícil de explicar. A fuxida do capitán do barco cando está a punto de naufragar non ten xustificación posible. Pode argumentar que o navío queda en boas mans, pero tamén eso é rebatible.

A ministra de Sanidade
Non vou facer un repaso do perfil dos diferentes ministros. Montoro e De Guindos inspiran calquera cousa menos confianza. Pero a ministra de sanidade, Ana Mato, ten demostrado repetidamente a súa incompetencia. Por este ministerio pasaron persoas ben diversas, e non todas tiveron a cualificación precisa para tan alto desempeño. Lembro ainda os ataques furibundos do PP contra Leire Pajín, quen tivo que soportar a insolencia do alcalde de Valladolid, quen se refería aos seus “morritos” cunha linguaxe tabernaria e soez. Non seguirei o seu exemplo. Nestes momentos en que o goberno está a adoptar medidas cunha repercusión severa para o futuro da sanidade  (Real Decreto Ley 16/2012) sería esixible, cando menos, a mínima competencia para explicar as consecuencias desta norma. Estas son as declaracións da ministra, e xa non é preciso ningun comentario:

“Buenas, buenas días, buenas tardes a todos. En primer lugar agradecerles… Vamos, hemos universalizado la sanidad para los españoles. Saben ustedes que la sanidad es universal y que estaba recogida en muchas leyes pero nunca se aplica hasta el final. Todos los españoles tienen derecho a asistencia sanitaria gratuita. Todos sin dejar uno. Lo primero que vamos a hacer es, eeehhh, incorporar al derecho español un artículo de una directiva que les diré que está incorporado al derecho español todo, eeeh… laaa… toda la directiva menos un artículo que justo es el artículo que prohíbe de forma explícita desplazarse en busca de atención sanitaria.
Luego hemos quitado también una cartera que llamamos cartera común suplementaria que la adjunto si me lo permiten con la cartera accesoria. Ahí estarían pues las prestaciones farmacéuticas, las terope.. tripe… teroperapéuticas, ehh… me he equivocado en la, en el nombre, y poner en valor lo que tiene mucho en valor, porque no hay cosa que tenga más valor que una medicina que cura enfermedades. Hemos adoptado una medida que ya estaba adoptada. Lo más importante que por primera vez los parados sin prestación parlamentaria, que… perdón sin presta sin… sin pre… presta sin prestación sin prestación por desempleo, perdón.
En definitiva, eeeh… lo que les decía. No es lo mismo una persona que no está enferma en su consumo de medicamentos que una persona que está enferma. Los pensionistas que es no pagan nada son aquellos que ya no tienen derecho a prestación por desempleo, es decir los que ya tienen los que tienen simplemente eeehh… los.. Ah perdón, pensionistas. Pensionistas son de los pe que tienen el… hablamos de renta no de pensiones. Pues yo ya me voy a callar”.


3 comentarios:

  1. Llevas razón. Esta tía es casi tan inutil como Leire Pajín.

    ResponderEliminar
  2. Pablo, o que pasa é que a ministra é... natural. Como a auga da fonte. E moderna. Por iso dixo que “Sacaremos del vademecum medicamentos de escaso valor terapéutico que se pueden sustituir con alguna cosa natural”.
    Eu non sei que son as cousas naturais ás que se refire, pero o imaxino. Creo que Mao sorprendeu a Nixon co poder universal da acupuntura. Nesta época que suscitou a produción dun libro como "Maonomics" non é estraño que a nosa inefable ministra fale con naturalidade de cousas naturais. Supoño que retomará a bondade das enerxías boas, como fixo a súa predecesora no cargo poñéndose a si mesma unha Power Balance.

    ResponderEliminar
  3. El cerebro del PP queda de manifiesto, al igual que el de sus votantes. Sigamos así, nos lo merecemos por impresentables, tanto o más que ellos.

    ResponderEliminar