En Galicia Hoxe
O PP, con Aznar como presidente, gobernou en España desde 1996 ata 2004. Neste período doulle un grande impulso á “economía do ladrillo”, alimentando unha burbulla especulativa que agora estoupou, xunto coa crise financeira internacional. Tamén impulsou a “modernización” do sector empresarial: entregoulle as cinco grandes empresas públicas españolas (Telefónica, Endesa, Argentaria, Tabacalera e Repsol) a cinco homes da súa confianza persoal (Juan Villalonga, Martín Villa, Francisco González, Cesar Alierta e Alfonso Cortina). Núñez Feijóo axudou nesta tarefa: privatizou Correos (que presidiu de 2001 a 2003). Moitos expertos entenden que se tratou dunha auténtica “expropiación”. O estado quedou desprovisto dun tecido empresarial que producía beneficios públicos e que sería moi útil para afrontar a crise actual. Pero houbo outros episodios que revelan o modo de entender a política deste grupo.

1. O desastre do Prestige: O 13 de novembro de 2002 o petroleiro, con 77.000 toneladas de fuel nas tripas, estaba a 28 millas de Fisterra. Un forte temporal provocou unha vía de auga e o barco comezou a deitar petróleo ao mar. O ministro responsable, Álvarez Cascos, que non abandoou a cacería na que participaba, ordeou apartalo da costa (“¡Que lleven ese barco al quinto pino!”, disque berrou enardecido). Despois dun errático percorrido bordeando Galicia e Portugal, partiu en dous o 19 de novembro, e afundiu. O vertido continuou imparable provocando unha marea negra considerada unha das catástrofes medioambientais máis importantes da historia da navegación: afectou ás costas galegas, pero tamén a Portugal e ás Landas de Francia.

2. A guerra de Irak: A primeiros de 2003 Aznar declarou no Consello de Seguridade das Nacións Unidas que en Irak existían armas de destrucción masiva, secundando a Colin Powell, responsable da diplomacia americana. Despois do encontro das Azores (Bush, Blair e Aznar), levaron a cabo a invasión de Irak en marzo de 2003, en contra do criterio da ONU e das multitudinarias manifestacións que se realizaron en todo o mundo. Comezou unha guerra violenta e cruel, que aínda continúa, que convertíu a vida en Irak nun auténtico inferno.
Bush apuntou daquela a Irak como o centro do “eixo do mal”, con armas de destrucción masiva –que nunca se atoparon- e vínculos con Al Qaeda –que nunca foron confirmados-. Anos despois, en 2007, o expresidente da Reserva Federal dos EEUU, Alan Greenspan, asegurou que o verdadeiro motivo da invasión foi controlar as reservas de petróleo da zona. Baixo o lema de “Non á guerra” arredor de oito millóns de persoas manifestáronse, en todas as cidades de España, contra da invasión de Irak. As enquisas amosaban unha oposición a esta decisión do 90% dos españois. Máis, con todo, o goberno de Aznar envíou as tropas, valéndose da maioría absoluta que o PP tiña na Parlamento.
3. O atentado do 11-M: A poucos días das eleccións xerais de 2004 producíronse en Madrid varios atentados terroristas nos que morreron 191 persoas e perto de dúas mil resultaron feridas. Foi unha auténtica masacre provocada por dez explosións case simultáneas en catro trens, a primeira hora da mañán. As imaxes de horror e destrucción quedaron grabadas na nosa mirada e a estación de Atocha mantén viva a memoria das víctimas. É o maior atentado cometido en Europa. Nun principio todos pensaron en ETA, máis as primeiras investigacións policiais permitiron deseguida descartar esta hipótese e sinalar a probable autoría do terrorismo yihadista. Pero o goberno do PP non mudou a súa mensaxe. O propio Aznar falou cos directores dos principais xornais para comunicarlles que era ETA a autora da masacre.
O sábado, día 13 de marzo, a policía informaba ao ministro Acebes das detencións que estaban a punto de producirse; máis, pese a todo, Mariano Rajoy, candidado a presidente do goberno polo PP, afirmaba na portada do xornal El Mundo: “Tengo la convicción moral de que fue ETA”. Moita xente entendeu que o goberno mentía sobre a autoría das explosións; sinalou a ETA para que non se interpretase o atentado como unha represalia polo apoio á guerra de Irak. Nas eleccións celebradas ao día seguinte o PP perdeu 35 escanos e a maioría absoluta no Parlamento. Máis, a día de hoxe, ainda hai sectores deste partido, e da caverna mediática, que seguen a proclamar a súa versión dos feitos.
Son os mesmos. Non mudaron os rostros nin as ideas. Son os mesmos, os que agora solicitan a confianza dos electores para liderar o cambio politico. Estes feitos, referidos de xeito telegráfico, non pertencen ao pasado remoto, non son os Episodios Nacionais relatados por Galdós. Son parte da nosa historia recente, e deben permanecer na memoria colectiva.