Galicia Confidencial
Nueva Tribuna

A excesiva
permanencia no poder, a influencia -tan potente- dos poderes económicos, a
chegada de "arribistas" aos postos de mando en busca de beneficio
persoal, e certa frivolidade no exercicio do liderazgo: todos estes factores, e
outros que non cito, levaron a que o PSOE, na vez de estar posicionado á beira
dos traballadores -e impulsar políticas para a reducción da desigualdade e a
mellora da protección social-, deixouse vencer para situarse, de forma
maioritaria, á beira dos poderosos, favorecendo os seus intereses e executando
políticas que perxudican á maioría e aos máis necesitados.
Rodriguez
Zapatero, que na primeira parte do seu mandato adoptou decisions e impulsou medidas de
gran relevancia política e social (a retirada das tropas de Irak, as leis de
dependencia e do aborto, as políticas de igualdade, o matrimonio homosexual),
caeu despois na frivolidade e, na segunda lexislatura, cedeu ante os poderes fácticos europeos e
autorizou medidas contrarias aos intereses da maioría social (modificou a
Constitucións -despois dun contubernio nocturno con Rajoy-, e impuxo a primeira
Reforma Laboral coa que iniciou a
laminación dos dereitos dos traballadores). Agora o PSOE é refén destes e
doutros erros recentes, que pesan coma unha lousa, e non lle permiten recuperar
a confianza dos seus antigos votantes.
![]() |
Silvina Bacigalupo |
O novo líder do
partido, Pedro Sánchez, iniciou o seu mandato tentando dar unha imaxe de
renovación e modernidade. Pero hai certas sinais que non permiten alimentar a
confianza. Nun recente artigo advertíase sobre os conflitos de interese do
chamado "goberno na sombra" do PSOE. Os poderosos lazos de Jordi
Sevilla -responsable de Economía- coa consultora PwC (que traballa
asiduamente co PP e elabora documentos, cada ano, nos que dibuxa a "folla de ruta" para a
privatización sanitaria en España), e as posicións coñecidas de Rafael
Bengoa -responsable de Sanidade-, que se manifestou a favor de realizar
unha "profunda cirurxía no SNS" e dirixe unha escola de "Negocios
y Salud" na Universidade de Deusto (xesuítas), deixan ao descuberto as
intencións reais deste partido: continuar coa política de recortes e privatizacións levada a cabo ata agora polo
PP.
![]() |
Meritxell Batet e José María Lassalle no seu casamento |
Tamén é dificil
de entender que designe como responsable de "transparencia e ética
empresarial" a Silvina Bacigalupo, defensora do abogado de Correa
(caso Gürtel), que tamén traballa no despacho Oliva-Ayala –que asesora a
Rodrigo Rato-, e que defende a Rosell polo "caso Neymar" e a
Messi polos seus problemas coa Facenda Pública.
E non resulta nada tranquilizador saber que a persoa elexida para
coordinar o programa electoral do PSOE é Meritxell Batet, casada con
José María Lassalle, colaborador habitual de FAES, secretario de Estado de
Cultura e home da máxima confianza de Rajoy. Meritxell Batet participa nunha
tertulia política -na Cadena Ser- na que, con frecuencia, defende posicións moi
semellantes ás do representante do PP.
O PSOE é un
partido necesario, eu diría que imprescindible, para desaloxar ao Partido
Popular, recuperar as institucións e poñelas ao servizo das maiorías. O PP
ocupou o poder, no goberno central e en
moitas autonomías, para exercelo en beneficio das élites económicas e dos
especuladores financeiros. O PSOE cometeu erros graves, que achandaron o
camiño para que a dereita tomase o poder. Os cambios neste partido non poden
ser só cosméticos. Non abonda coa xuventude e a aparente modernidade. Cómpre
recuperar os principios fundacionais deste partido, tan importante na historia
recente do país, e convertelo, de novo, nun instrumento ao servizo do pobo e
dos traballadores. Do contrario o PSOE condenarase a unha longa travesía do
deserto e o país perderá un activo político moi importante nestes tempos tan
convulsos.