viernes, 28 de febrero de 2014

A privatización do Sergas


En Nueva Tribuna
En Galicia Confidencial
En Praza Pública



O Servizo Galego de Saúde ten, para o ano 2014, un orzamento de 3.326 millóns de euros, que é case 400 millóns máis baixo que en 2010. As externalizacións e os concertos con centros privados aumentaron de forma extraordinaria; representan xa preto do 50% do presuposto total xunto co gasto en farmacia e material sanitario, que segue a ser moi elevado (1335 millóns de euros). O descenso orzamentario afecta sobre todo ao gasto en persoal (pola destrucción de prazas e a reducción salarial, descende un 14% respecto a 2010 e representa o 44% do total). Con tanto gasto comprometido para a actividade privatizada e a factura das farmacias, o Sergas só dispón do 5% do presuposto para todo o demáis (obras, dotación, equipamento, funcionamento etc.), a todas luces insuficiente. Levaron a situación a tal extremo que o Sergas ten cegada toda posibilidade de investimento e mellora, situación terrible para calquera organización que queira ser punteira. 

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) ven de facer público un excelente informe no que deixa ben ás claras a estratexia privatizadora impulsada polo PP en Galicia. A forma de actuar é a mesma que empregan no ámbito educativo: recortan os orzamentos, reducen o persoal e desprestixian o seu traballo, e despois ceden a empresas privadas o labor que viñan realizando os empregados públicos. Núñez Feijóo, experto privatizador (a nefasta experiencia das Fundacións Sanitarias e a privatización de Correos figuran no seu currículo), impulsou esta liña de actuación desde o primeiro día en Monte Pío.  A folla de ruta é ben clara: fragmentan a sanidade pública en diversas áreas de actividade para proceder logo á súa privatización. Deste xeito destrúen postos de traballo e descapitalizan os centros públicos; non garanten unha mellor calidade na prestación pero sí que provocan, en todos os casos, un maior custe económico. Neste estudo destacan, pola súa repercusión negativa para o futuro, a privatización de alta tecnoloxía (mediante a curiosa figura legal chamada “socio tecnolóxico”) que queda en mans das propias empresas subministradoras, e serán as que decidan que tecnoloxía se implementa e donde se sitúa: aumentará o gasto e o uso excesivo e inadecuado destes recursos, como se demostrou noutros estudos. Tamén  é unha substraccion moi relevante a entrega a mans privadas da docencia, a formación e a avaliación de tecnoloxías; o sistema público perde o control dunha área fundamental: a investigación e o coñecemento que permiten construir o futuro. 


Con esta táctica o PP entregou xa a mans privadas parcelas moi amplias dos centros sanitarios: o servizo de ambulancias, as telecomunicacións do Sergas, o almacenamento e suministro de material, o mantemento dos equipos sanitarios, a historia clínica (Ianus) e a receita electrónica, a central de chamadas (que presta un servizo penoso), a alta tecnoloxía etc. Agora pretenden privatizar os servizos de esterilización de todos os centros sanitarios de Galicia, unha decisión de alto risco e que pode deixar sen traballo a perto de douscentos profesionais. O citado documento, que cómpre ler polo miudo, revela cales son as empresas beneficiadas polas privatizacións, sinala os numerosos conflitos de interese existentes nas decisións políticas e destapa o papel cómplice das empresas consultoras neste acelerado proceso privatizador, e os seus vínculos co entorno do partido gobernante.

A ADSPG remata o seu escrito facendo un chamamento: “Hai que parar este desmantelamento ilexítimo e seguramente ilegal do noso Servizo Galego de Saúde”. Se non somos capaces de frear esta estratexia privatizadora, no futuro será moi difícil recuperar a titularidade pública dos servizos privatizados. Cómpre actuar xa, sen máis demora.

10 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. “… y no seas incrédulo sino creyente”, le dijo Jesús a Tomás (Jn 20, 19-31).
    Se trata de fe. Eso es lo que se nos pide. No es sorprendente en este renacer nacional-católico, en el que se concede la máxima distinción policial a la Virgen del Amor, por parte del ministro del Interior, quien ya en su día nos recordó que Santa Teresa manda mucho “allí arriba”. Y ya vemos que la Virgen del Rocío, invocada por otra ministra, ha ejercido su benéfica acción sobre el paro.
    Se nos pide fe. Se nos pide que creamos que la ética primará siempre sobre el interés económico en las empresas privadas a las que se otorga la confianza de que harán mejor las cosas en sanidad que los palurdos habituales que trabajan en el sistema público.
    Y es, en esa fe ciega, que debemos confiar en que la empresa privada que administra todas las historias clínicas en formato electrónico, por ejemplo, nunca caerá en la tentación de su uso inadecuado, sea en un enfoque “Big Data” que apunte tendencias muy apetecidas tanto por la Administración como por compañías de seguros o agentes empleadores, sea en un enfoque de pura y simple violación de confidencialidad de personas concretas.
    Y es, en esa en esa fe ciega, que los cirujanos deben confiar en que no infectarán a sus pacientes con un material que estará esterilizado con la calidad ISO requerida, con el consiguiente y justo beneficio económico para la empresa encargada, cosa que hasta ahora se debía hacer mal según parece.
    Y es que sólo desde la fe podremos comprender que los conflictos de interés no existen en realidad en la empresa privada a la que se externalicen servicios.
    Así pues, no seamos como Santo Tomás, creamos en la bondad de quien nos dirige y oremos confiados para que el Señor nos coja confesados si hemos de recurrir al sistema sanitario público una vez modernizado desde la sinergia público – privada.
    Sólo desde el empecinamiento incrédulo podemos ver con malos ojos conceptos avanzados como sinergia, calidad o eficiencia. Sólo desde él nos será imposible entender la bondad de las Áreas de Gestión que preclaros y adelantados colegas nos anuncian como esenciales.

    ResponderEliminar
  3. Que as externalizacions e os concertos externos representen cerca do 60 % non pode ser verdade.A maioría do presuposto do SERGAS vai adicado a RRHH, cerca do 30 % é gasto de farmacia. o resto non chega ao 60 %. Parecido ao que acontecía cando ti Pablo estabas na estructura directiva do SERGAS, por eso seguro que hai unha errata na información ou quixeches dicir outra cousa. As propostas ideoloxicas do teu blog son decisión túa pero a información debería ser contrastada e veraz.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Erro corrixido. Moitas grazas por sinalalo.
      O pago a empresas externas non é do 60%, como figuraba, senon o 50%.
      Os datos, recollidos do i nforme da AGDSP, son os seguintes:
      -Orzamento Sergas-2010: 3.633 millóns de euros (Gasto real: 3866).
      -Orzamento Sergas-2014: 3.326.
      .Pagos a externos (privatizacións, concertos, farmacia, material sanitario): 1624 milllóns.
      .Gasto en persoal: 1466 millóns (14% menos que en 2010, representa o 44% do total).
      Un saúdo.

      Eliminar
  4. Los datos, corregidos, siguen siendo muy elocuentes sobre el estado de la situación. Estamos en caída libre.

    ResponderEliminar
  5. Sigo recomendando el libre de Antón Losada. Tiene un capítulo excelente sobre le desmantelamiento de la Sanidad Pública, basado en lo que el llama la estrategia de las 3D.
    Mas claro, imposible.

    ResponderEliminar
  6. Non fan falta datos, so ollos. O analfabetismo do q da falamos cre q o de Ucrania e un triunfo das aspiracios populares e non un golpe de Estado de Alemaña e USA. Traga q a privatización e un camiño a eficacia e non unha porta a corrupcion. A fonte da sua cencia e a radio e a TV.
    Para os q creen cegamente na filosofía da profesionalidade dos gobernantes vai un conto dun moi amigo menú: Un vecino tiña unha filla con unhas calores q non tiñan xeito, así q deu en ir o mellor medico da Coruña, quen tras explorala sentenciou O vecino dixo O Médico voltou o gabinete e administrou o tratamiento. A o rematar, e tralos berros o paisano comrntou p medico
    Por iso hai que cuidar as fillas e non confíalas a os sabidillos

    por ya a corrupcion

    ResponderEliminar
  7. Fallan frases no comentario anterior q omite o sistema De calquer éxito e un contó modo coñecido

    ResponderEliminar
  8. Tes razón Pablo! Pero sabes canta xente hai que descoñece estas cousas? Canta o asume como normal, o que nos toca vivir? E canta xente perpetuará esta situación mediante o seu voto "inconsciente" e maioritario?

    ResponderEliminar
  9. Boa síntese do que é o proceso de privatización/saqueo da sanidade pública.
    Unha única puntualización: A central de chamadas foi creada (xa privativada desde o seu inicio) polo goberno de Touriño.

    ResponderEliminar