miércoles, 21 de noviembre de 2012

A secesión

En Galicia Hoxe

A dereita catalana representada por CiU impón políticas semellantes ás do goberno central. Aplicou severos recortes no gasto público e deu apoio a reformas laborais que facilitan o despedimento. Á fronte da sanidade pública situaron a Boi Ruíz, ex-presidente da patronal. As implicacións dos intereses privados na gobernanza do país sobrepasan os límites da ética política. Mais o control dos medios de comunicación públicos e o apoio dos privados permítenlle á Generalitat difundir a mensaxe de que non hai máis alternativas. As medidas aplicadas, para castigo do pobo e dos traballadores, fanas ver como as únicas posibles. O PP utiliza unha estratexia similar no Estado. Hai grandes semellanzas nas súas políticas e nas estratexias de propaganda.

 Neste momento electoral ambas as dúas forzas aparecen confrontadas pola cuestión nacional. Preséntanse como dous grupos radicais que alimentan o conflicto e a confrontación. Mentres o PP se sitúa como firme defensor da unidade pátria –“una, grande, libre"-, CiU fala do “expolio”, fai plantexamentos soberanistas e reclama a independencia. Uns e outros, en tempos de inquedanza e dificultade, na vez de facilitar a concordia e fomentar a solidariedade, sementan de minas dialécticas a xeografía e dinamitan as pontes que deberían favorecer a convivencia dos pobos ibéricos. Uns e outros, enfermos de vaidade, cunha actitude irresponsable, instigan a construcción de barricadas, alimentan os odios e convocan á secesión. Unha Catalunya independente, gobernada por CiU, sería moi semellante á de hoxe: recortes, políticas fiscais regresivas, deterioro dos servizos públicos e impunidade ante as corruptelas do poder. O pobo non vería melloradas as súas condicións de vida.

Non podo deixar de pensar na antiga Iugoslavia, un Estado próspero que estaba próximo a incorporarse á UE. A declaración de independencia de Croacia, despois dun referendum en 1991, foi o inicio dunha guerra cruel que se desenvolveu ata 1995, na que morreron 130 mil persoas e dous tercios da poboación foron desplazados dos seus fogares. As feridas ainda están abertas. Todos perderon, mesmo Croacia, a zona máis rica, que pretendía gozar de mais prosperidade coa secesión.

O ano pasado tiven a oportunidade de visitar ese territorio. En Mostar vin xardíns e parques infantís invadidos polas tumbas dos mozos sacrificados naquela guerra. Vin casas destruídas e os impactos das balas nas paredes. Souben que, tantos anos despois, miles de persoas siguen sen fogar e moitos non volveron a cruzar a ponte que separa a cidade en dúas partes. En Split vin unha competición deportiva que enfrontaba a mozos mutilados nun peculiar partido de voleibol. Os fillos do pobo, amputados e arrastrados polo chan, mentres as elites económicas e políticas amasaban fortunas cos negócios da guerra. Agora a xente ten nostalxia dos tempos de Tito, cando todos –sen distinción de credo, relixión ou étnia- tiñan protección social, acceso á educación, á sanidade e á vivenda. Ese tempo xa morreu, sepultado polos morteiros, e non vai volver.

Podemos pensar que a situación política e o tempo histórico non teñen nada que ver. Mais só falta que a agresividade verbal se convirta en violencia física para que a espiral do terror o invada todo. Estes gobernantes que xogan  á confrontación radical, de xeito frívolo e irresponsable, deberían actuar con máis prudencia: hai maquinarias que, unha vez postas en marcha, non hai forma de paralas.


11 comentarios:

  1. Estou totalmente dacordo coa totalidade do teu artigo. Me parece interesante dar a conocer coas tuas verbas o mundo innfinito de internet a tua forma de escribir tan boa. Saudos e a seguir que xa tes un seguidor mais.

    ResponderEliminar
  2. "Agora a xente ten nostalxia dos tempos de Tito, cando todos –sen distinción de credo, relixión ou étnia- tiñan protección social, acceso á educación, á sanidade e á vivenda"

    A ver si nos enteramos: Tito era un Dictador, lo mismo que Franco. Mucha gente piensa lo mismo de Franco y no por ello puede decirse que eso sea cierto.

    ResponderEliminar
  3. Extracto de la biografía del mariscal Tito, tomado de la Wikipedia. No es que sea la mejor enciclopedia, pero no viene mal para "ilustrar" la calaña del personaje añorado por algunos:

    Democidio

    Se me ha dicho que Tito mató a más de 400.000 opositores en Yugoslavia antes de hacerse dictador ahí. Truman ("I am told that Tito murdered more than 400 000 of the opposition in Yugoslavia before he got himself established there as a dictator. US President Truman").38 39

    A pesar de ser considerado el gobierno de Tito, por sus simpatizantes, como "socialismo de rostro humano", Tito ha sido acusado de democidio. Véase el trabajo del académico Rummel,40 quien considera que de 585.000 a 2.130.000 yugoslavos murieron a causa de Tito entre 1944 y 1977.

    Tito ha sido acusado de ser responsable de masacres bélicas. Durante la Segunda Guerra Mundial fue considerado responsable de la muerte de muchas decenas de miles de anticomunistas, principalmente croatas de la Ustaša en la Masacre de Bleiburg y serbios Četniks. Tito fue considerado responsable en la masacre de Kočevski Rog.

    Además sus opositores lo acusaron de la muerte de miles de voluntarios albaneses de la división Skanderberg de las Waffen-SS, leales a la Alemania nazi, y también de miembros de la comunidad germanohablante de Yugoslavia, que prácticamente desapareció después de 1945.

    Después de la guerra perecieron en las persecuciones políticas de Tito millares de miembros de la oposición: desde religiosos hasta los comunistas estalinistas con respecto a los cuales el gobierno de Tito siempre mostró distancia, siendo recluidos muchos de ellos en la colonia penitenciaria Goli Otok.

    En Italia diversas organizaciones de prófugos italianos originarios de Istria y Dalmacia han acusado a Tito ante el Tribunal de La Haya de ser el principal responsable de la masacre de las Foibe y limpieza étnica.41 El inglés Bernard Meares es uno de los que lo acusan también de estas masacres de italianos durante y después de la segunda guerra mundial.42
    Culto de personalidad

    Según algunos autores, se creó un estilo de vida de tipo aristocrático para él y sus familiares.43 Los mismos afirman que tenía preferencia por las joyas y el lujo: llevaba siempre un anillo de diamante y le gustaba mostrarse en los desfiles militares con uniforme blanco ornamentado con bordes de oro.44 Además de utilizar costosos y finos automóviles occidentales para sus desplazamientos comunes. Al respecto, su ex compañero Milovan Djilas, ex jefe comunista partisano convertido en uno de los primeros disidentes de su régimen, señaló que Tito se había transformado en aficionado a los rituales propios de una monarquía de facto:

    Tito se apegó a la tradición monárquica y a los conceptos tradicionales del poder (Tito attached himself to the monarchic tradition and to traditional concepts of power). Milovan Đilas

    Los mismos afirman que Tito favoreció el culto de su personalidad en Yugoslavia, hasta el punto excesivo de que muchas ciudades, plazas y calles fueron renombradas en su nombre por todo el país balcánico.

    ResponderEliminar
  4. Yo estuve en Yugoslavia durante varios meses antes de la guerra. Era un país aparentemente más civilizado de lo que es España hoy, por lo que me parece acertado el comentario.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Para los turistas suecos, alemanes etc que venían durante la Dictadura de Franco, España también era un país muy civilizado

      Eliminar
    2. E ESTÁ CLARÍSIMO QUE O IRAQ DE SADDAM E A NORTEAMÉRICA DOS SIOUX TAMÉN O ERAN: MOITO MAIS CIVILIZADOS QUE AGORA.....O TEXTO VAAMONDIANO É DEMAGOXIA PURA: EQUIPARA O DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN (INALIENABEL EXÉRZAO CIU OU ERC) CO FASCISMO E IMPERALISMO HISPÁNICOS MAIS RANCIOS...DEIXEMOS QUE A CATALUNYA INDEPENDENTE DECIDA O SEU ESTATUS SOCIOECONÓMICO EN LIBERDADE QUE ESTOU BEN SEGURO QUE SABEN EQUIVOCAR-SE SÓS.....

      Eliminar
  5. Es un estupendo artículo y muy acertado; pero me ha dejado una impresión como de "tirar la toalla" y aceptar resignadamente lo que nos estan imponiendo.

    ResponderEliminar
  6. Dejaros de tanta demagogia lo que hay que hacer es arrimar el hombro para que esta Nacion pueda salir cuanto antes de la situacion en la que nos encontramos cuanto antes.

    ResponderEliminar
  7. Puntualicemos dos apartados.
    El primero, el de Catalunya y España, perfecto.
    El segundo, el de Tito, intragable. Un dictador cuando acaba sus días tiene casi siempre rostro benigno, pero para llegar a serlo, los primeros años suelen ser de locura terrorista hacia las personas que opinan distinto a él -los que considera enemigos y no adversarios-. Por tanto, pongamos las cosas en su sitio y digamos hoy lo que en su día los yugoslavos no pudieron decir: ¡¡ Tito fue un dicatador sanguinario!

    ResponderEliminar
  8. Non pensei velo a vostede utilizar, como fan outros, o feito de Mas sexa un oportunista e un neoliberal, para atacar ao independentismo catalán.
    Eu tamén penso que Mas está xogando cos sentimentos da xente mentres fai recortes sociais, pero de aí a facer comparacións con Iugoslavia... Cataluña non ten exército, nin un estado como Alemaña que apoie a súa independencia.
    Pensa que en Gran Bretaña tamén está a piques de pasar o dos Balcáns?

    ResponderEliminar
  9. O porco doméstico tamén ten boas condicións de vida fronte a dura vida do xabarín, pero alá cada ún, a liberdade de decisión é moi bonita!

    ResponderEliminar