Praza Pública
Galicia Confidencial


Do mesmo xeito, estes últimos días (sen facer caso do clamor de milleiros de persoas que se manifestaron en Santiago o primeiro domingo de febreiro convocados por SOS Sanidade Pública)
o PP levou ao Parlamento a contrarreforma da Lei de Saúde de Galicia. O
novo texto modifica sustancialmente a lei de 2008 (impulsada polo
goberno progresista de PSdeG e BNG), reduce as áreas sanitarias de once a
sete e, ademáis, establece medidas que protexen os intereses da
sanidade privada e das multinacionais tecnolóxicas.
Trátase dun paso máis, moi importante, no desmantelamento dos servizos
públicos -despois de anulación das xerencias de Atención Primaria e da
creación das estruturas de xestión integrada-, e na perspectiva de
impoñer as Áreas de Xestión Clínica que foron adiadas no seu momento
pola negativa dos profesionais a aceptar a imposición. Esa medida, que o
goberno do PP segue pensado en aplicar, significaría a privatización do núcleo duro da sanidade pública: a propia actividade asistencial.
O novo texto da Lei de Saúde, que inicia agora o trámite parlamentario,
establece, entre outras medidas, a posibilidade de asinar contratos e
convenios con entidades públicas e privadas para desenvolver produtos ou
tecnoloxías sanitarias. Dese xeito poñen os orzamentos, os
centros públicos e mesmo os doentes, ao servizo dos intereses das
empresas privadas que dirixirán e controlarán as liñas de investigación e
mesmo poderán ter acceso aos datos dos usuarios. Neste goberno
están actuando como liquidadores dos servizos públicos. Cómpre deter
esta actividade destrutora, que poderá ter moi severas consecuencias nun
próximo futuro.