Os novos fármacos de uso
hospitalario, de prezo desmesurado e escasa eficacia en moitos casos, poñen en
risco a sustentabilidade do SNS
Manuel Martín. Presidente da
Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública
O Ministerio de Facenda en funcións decidiu este mes
de agosto o peche contable da Administración, que impide aprobar novos gastos
do sector público, co obxectivo de afrontar a desviación do déficit público e
cumprir coas esixencias da Comisión Europea, que esixe novos recortes para
reducilo. A Sanidade Pública vai ser un das áreas máis afectadas por esta
medida, xa que pretenden aforrar outros 1.000 millóns de euros. Paradoxicamente
esta conxelación non afectará ao gasto farmacéutico, a causa máis importante do
crecemento do gasto sanitario, dado que o Ministerio anunciou que a medida non
impedirá financiar novos medicamentos innovadores nin afectará á política
farmacéutica.Con esta decisión o PP
mostra unha actuación de complicidade coas empresas farmacéuticas.
O crecemento do gasto
farmacéutico pon en cuestión a sustentabilidade financeira do Sistema Nacional
de Saúde (SNS).Recortaron o gasto sanitario público nun 11%
(máis de 9.000 millóns de euros entre os anos 2008 e 2015) amparándose na
necesidade de cumprir coa Lei de Estabilidade Orzamentaria; pero o gasto en
medicamentos medrou de maneira desbocada, ataalcanzar a astronómica cifra de 16.000 millóns de euros, o que coloca a
España no segundo lugar mundial en consumo de medicamentos per cápita.
Aumentou o gasto nas oficinas de farmacia (case un 8% no mes de maio respecto
ao ano pasado), pero onde o crecemento é brutal é nos hospitais: un 26% ao longo
do 2015. Ademais de elevado o gasto farmacéutico en España é en boa parte
irracional, xa que se utilizan pouco os xenéricos (6.5 puntos por baixo da
media da Unión Europea), e ademais prescríbense excesivamente fármacos de
utilidade dubidosa ou de uso cuestionable. Debemos lembrar que o mal uso de
medicamentos non é inocuo: os efectos secundarios dos fármacos considérase como
a terceira causa de mortalidade nos países avanzados.
En Galicia a situación é grave e
perigosa,
cun gasto farmacéutico total de 250 euros por habitante ao ano, moi superior á
media estatal de 212, e a terceira máis alta do Estado. Ao mesmo tempo o
crecemento do gasto farmacéutico hospitalario (sen incluír os medicamentos da
hepatite C) foi espectacular -cunha taxa de variación inter-anual do 26,8 moi
superior á de 5,9 do conxunto de CCAA-, a máis alta de todas, probablemente
relacionado co incremento do uso de novos medicamentos (non inclúe os fármacos
da hepatite C).
As políticas do goberno, supostamente dirixidas a
reducir gasto farmacéutico, foron un fracaso. A introdución do copago de
medicamentos para os pensionistas (RDL 16/2012) trasladou o gasto ás
depauperadas economías familiares -mentres que a Administración só aforrou seis
millóns de euros-, e o acordo entre o Ministerio e Farmaindustria (para que o
gasto en fármacos non medrase por encima do PIB) foi papel mollado: o gasto
creceu case ata o 10% fronte a un 3% de aumento do PIB. A propia Comisión
Europea puxo en cuestión as medidas de control do gasto farmacéutico do goberno,
xa que non conseguiron asreducións
contempladas na Lei de Estabilidade Orzamentaria,especialmente no referente ao control de
receitasexpedidas en establecementos de
farmacia e en hospitais; vulneraron a lexislación comunitaria na contratación
pública e nos mecanismos de control da mesma;utilizaron de maneira abusiva o procedemento negociado sen licitación
previa para adquisicións de equipamento sanitario (fraccionando os contratos de
compras para evitar a súa licitación); e hai pouca transparencia nos
procedemento de adquisición de medicamentos.
Quen perdeu con estas políticas
de recorte de gasto asistencial e de crecemento do gasto farmacéutico? Os
enfermos
(un informe do Consello Económico e Social recolle un espectacular incremento
nas listas de espera cirúrxica, que pasaron de 372.468no ano 2009 a 549.424 en 2015: un aumento do
47%); os pensionistas e persoas de rendas baixas (os copagos son unha
barreira insalvable e hai datos que revelan que moitas persoas non poden
retirar os medicamentos prescritos polos seus médicos); e os traballadores
sanitarios (entre 2009 e 2014 reduciron en 3.500 millóns de euros o gasto
en persoal -un 11%-, aplicaron unha notable redución salarial -un 13%-, e
recortaron uns 12.000 postos de traballo no SNS, aínda que os sindicatos fan
estimacións máis elevadas).
A pesar diso a industria
farmacéutica parece ter carta branca e pretende sacar ao mercadonovos medicamentos cada vez máis custosos,
imposibles de financiar cos actuais prepuestos sanitarios. Os laboratorios
pretenden comercializar 220 novos medicamentos para tratar o cancro
(actualmente supoñen xa o 12,3% do gasto hospitalario, sen que incrementasen
significativamente a supervivencia dos pacientes)ou fármacos biolóxicos (modifican as
bacterias para fabricar proteínas para tratar tumores ou artrites) que supoñen
xa o 40-50% do gasto en farmacia hospitalaria (entre 1.800 e 2.250 millóns de
euros, cando hai apenas 10 anoso seu
gasto era nulo). As multinacionais farmacéuticas anunciaron recentemente que están
a investigar 586 novos fármacos (en Fases II, III e de aprobación) e que teñen
xa 136 en fase de desenvolvemento previo á súa comercialización. Esta
avalancha de fármacos (moitos deles de eficacia non comprobada e desde logo
cuns prezos exorbitantes, sen relación cos gastos de investigación e
fabricación) pode poñer en risco a sustentabilidade económica do SNS e
aumentará as desigualdades de saúde, dado que o acceso a estes novos
fármacos quedará limitado á poboación con maior poder adquisitivo, como recoñecen
os mesmos laboratorios.
Lonxe de preocuparse pola previsible catástrofe
sanitaria á que nos conducen, o goberno en funcións do PP persiste na súa
política de conxelar o gasto sanitario pero manter a porta aberta ao
financiamento dos novos (e custosos) medicamentos, para satisfacer os intereses
das multinacionais farmacéuticas (trufadas de antigos cargos da
Administración). En Galicia asituación
é ainda máis preocupante, xa que ocupa un dos primeiros lugares en gasto
farmacéutico, e o crecemento do gasto en fármacos hospitalarios foi
espectacular. A pesar diso os recortes en gasto sanitario perpetrados polo
goberno de Núñez Feijoo foron enormes.
"Está claro que o principal obxectivo do actual goberno da Xunta é
desmantelar a Sanidade Pública galega. Esta privatización, realizada con
présa pero coa maior cautela, deixa unha severa hipoteca para o país e
os gobernos futuros, que deberán asumir o compromiso coas empresas ás
que lle adxudicaron concesións a longo prazo. Esta forma de actuar non é
inocente e responde a unha estratexia, que executan con todo rigor. É
necesario desaloxar ao PP do goberno da Xunta para deter esta demolición
planificada dos servizos públicos". Así falan o voceiro de SOS Sanidade
Pública e presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da
Sanidade Pública, Manuel Martín, e o exdirector xeral de Asistencia
Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Pablo Vaamonde, nun dos artigos
recollidos no libro A comercialización da saúde. O hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa, que vén de editar Laiovento. Os dous responderon as preguntas de Praza por correo electrónico en vésperas da manifestación pola sanidade pública deste 12 de maio en Vigo.
Manuel Martín, Pablo Vaamonde
O libro denuncia que o obxectivo do goberno de Rajoy é
conseguir que a saúde sexa un negocio e non un dereito. Proba diso
sería, por exemplo, o RDL que volve a tempos preconstitucionais ao
excluír do sistema ás persoas non "aseguradas". Que outros argumentos
poden engadirse para soster esa hipótese do libro?
O RDL 16/2012 é un tremendo salto atrás na historia. É un retorno a un
pasado de desprotección e desamparo da cidadanía. Representa a
suspensión dun dereito que todos considerabamos consolidado. A perda é
incomensurable, porque o dereito á atención sanitaria “é unha das
conquistas máis importantes da 2ª metade do século XX, un ben público
equiparable ao dereito ao voto, á educación ou a ter unha pensión” (Joan
Benach). A sustracción deste dereito vai en contra do principio de
“prohibición de retroceso social”: nas democracias modernas as
autoridades teñen a obriga de actuar para que os dereitos consolidados
non se perdan. Este goberno actúa en sentido contrario: este RDL
significa unha auténtica contrarreforma sanitaria.
A contestación social polas deficiencias do Álvaro Cunqueiro
(unhas 200.000 persoas manifestándose en Vigo), parece mostrar que o
grao de concienciación e mobilización por este tema é elevado. Marciano
Sánchez salienta, no seu artigo no libro, a alianza de organizacións
sociais formada arredor da defensa da sanidade pública. Esa alianza
mantense forte neste momento? Foi unha das claves da mobilización de
Vigo?
Houbo un punto culminante nesta mobilización que foi a manifestación de
setembro de 2015, cando saíron ás rúas de Vigo unhas 200.000 persoas.
Pero non foi o único momento de expresión da protesta. Os profesionais,
os doentes e familiares, e os veciños dos barrios afectados polo
abandono dos antigos edificios sanitarios continúan actuando en defensa
dos seus intereses e dunha sanidade cen por cen pública en Vigo e
comarca. Esta suma de enerxías en defensa do público é o que sustentou
tamén o éxito da Marea Branca en Madrid -que conseguiu paralizar a
masiva privatización proxectada polo goberno do PP-, e noutras
xeografías do Estado. A poboación ten, cada vez máis, unha profunda
convicción e unha posición firme na defensa dos servizos públicos.
"A poboación ten, cada vez máis, unha profunda convicción e unha posición firme na defensa dos servizos públicos"
María Luísa Lores denuncia no seu artigo as conexións entre
coñecidos políticos e empresas que se benefician da privatización da
sanidade. Que tipo de empresas se benefician do proceso?
No entramado que se move arredor dos centros sanitarios públicos hai
tramas de todo tipo, conflitos de interese manifestos e portas
xiratorias que funcionan con todo descaro. Buscan, con distintas
estratexias pero co mesmo fin, facerse co maior bocado posible dos
orzamentos sanitarios (que representan o 30-40% dos orzamentos das
CCAA). Desde as multinacionais farmacéuticas e as grandes empresas da
tecnoloxía sanitaria ata as empresas de catering ou de seguridade. Os
lobbies, os grupos de presión, as conexións co poder político: todo vale
para facerse cunha parte do pastel. Neste capítulo do libro cítanse
numerosos casos de empresas e persoas implicadas neste xogo lucrativo.
España ocupa o segundo posto mundial en consumo de medicamentos
e o noveno en tecnoloxía, explica M.L. Lores. E a débeda do Sergas é,
sobre todo, coa industria farmacéutica e de tecnoloxía, precisamente
(40% da débeda sanitaria a primeira e 33% a segunda). Manuel Martín
explica que esta industria impón as súas innovacións e dispara o prezo
dos seus produtos (por exemplo, os medicamentos contra a Hepatite C, do
laboratorio Gilead, relacionado con membros do PP). De que maneira
acadou esa industria esa posición de privilexio para poder intervir así
no mercado?
Os mecanismos de presión e os métodos de sedución utilizados pola
industria para fomentar o consumo de fármacos -e o abuso de probas
diagnósticas- é múltiple e diverso. A iatroxenia provocada por estas
prácticas fai máis dano que beneficio. A publicidade indirecta nos
medios, o control dos comités de expertos e dos organismos consultores e
asesores (mesmo da OMS), a infiltración -e o financiamento- das
asociacións de enfermos e afectados, a complicidade dos organismos
públicos: todo vale con tal de mellorar a conta de resultados. Hai un
libro de Peter Gotzsche, Medicamentos que matan y crimen organizado,
que describe polo miúdo estas prácticas. En Galicia, e no resto do
Estado, hai unha evidente complicidade dos poderes públicos con estes
grandes consorcios, e as “portas xiratorias” funcionan sen pudor
(Lamela, Guemes...).
"En Galicia, e no resto do Estado, hai unha evidente complicidade dos
poderes públicos con estes grandes consorcios, e as “portas xiratorias”
funcionan sen pudor (Lamela, Guemes...)"
Os recortes en sanidade (do 25% respecto do ano pasado),
xustifícanse apelando á "crise". Mais, segundo comentan varios artigos
do libro, nin o copago de medicamentos, nin a exclusión de enfermos da
sanidade (inmigrantes sen papeis, persoas que vivan no estranxeiro máis
de tres meses...), -ademais de ser socialmente inxustos- lograron
aforros significativos nas contas da sanidade. Cal é entón o obxectivo
destes recortes?
Manuel Martín, María Luísa Lores, Pablo Vaamonde
A estratexia parece evidente. Trátase de precarizar e deteriorar
progresivamente os servizos públicos (menos orzamento, reducción de
persoal, deterioro das condicións laborais, etc) mentres se conceden
cada vez máis parcelas de actividade a hospitais concertados e a
empresas externas. Mesmo se fixeron campañas –nun determinado medio de
información- para degradar a imaxe dos empregados públicos. A finalidade
de todo isto non é mellorar a calidade da atención nin aumentar a
eficiencia, tal como argumentan, senón xerar espazos de negocio a
expensas do diñeiro público. Na primeira lexislatura Núñez Feijoo dixo
que se podería “externalizar” todo en sanidade menos a “bata branca”. Na
segunda xa puxo enriba da mesa o proxecto das Unidades de Xestión
Clínica –en stand by polo momento, a causa da forte oposición
dos profesionais-, que teñen por obxecto “privatizar” o núcleo duro da
actividade sanitaria.
"A estratexia é evidente. Trátase de precarizar e deteriorar
progresivamente os servizos públicos mentres se conceden cada vez máis
parcelas de actividade a hospitais concertados e a empresas externas"
Feijoo cambiou o modelo de financiamento público previsto para o
hospital de Vigo por unha fórmula de colaboración público-privada que
se asignou a unha unión de empresas formada basicamente por "bancos
arruinados e construtoras en bancarrota". Despois o control da execución
do contrato foi asignado a unha empresa creada tres meses antes por
unha persoa relacionada co PP. Esta empresa redactou o proxecto
definitivo, aforrándolle 30 millóns á concesionaria, sinala Manuel
Martín no seu artigo. Cales foron as consecuencias para os usuarios do
hospital deste aforro para a concesionaria?
As consecuencias son moi importantes e prexudiciais para a cidadanía de
Vigo. O hospital ten menos camas, a superficie construída é moito menor
da prevista, a calidade dos materiais empregados é inferior, suprimiron
o laboratorio, reduciron os espazos adicados a quirófanos, ao Servizo
de Urxencias, reduciron o espazo do aparcadoiro -que ten unhas tarifas
inasumibles para moitos pacientes-, etc. Sería moi longo enumerar todas
as deficiencias que foron admitidas sobre o proxecto inicial. O máis
grave é que a comarca de Vigo queda sen o gran hospital público de
referencia para a zona –ao nivel dos que existen noutras cidades de
Galicia-, con capacidade para xenerar coñecemento e innovación, e para
aspirar á supresión, no futuro, do concerto singular con Povisa, que
debería ser un hospital concertado, como os demais en Galicia, en lugar
de ter poboación asignada, como sucede na actualidade.
En que aspectos se puido incumprir a lei neste proceso, que
motivaron a denuncia da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade
Pública ante a Unión Europea? (Tamén hai un informe dunha consultora,
encargada de examinar as ofertas de licitación e escoller a empresa
concesionaria, polo que a Xunta pagou 220.000 euros e e que non aparece
no expediente pedido polo TSXG, ou un sobrecuste declarado pola unión
temporal de empresas que obrigou a Xunta a pagar máis...)
As irregularidades cometidas ao longo proceso de construción deste
hospital foron numerosas. Lembremos que a UTE concesionaria, integrada
por construtoras arruinadas e bancos rescatados con diñeiro público, non
foi quen de conseguir financiamento, polo que a Xunta tivo que aportar
fondos do BEI e do ICO. Incumpriron unha norma básica do contrato, no
que consta que o financiamento corre por conta e risco da concesionaria.
Os severos recortes aplicados supoñen unha modificación do contrato –ao
que aspiraban outras empresas que foron descartadas e que se ven
prexudicadas por estes modificados-. Ademais tamén pode ser irregular a
fórmula elixida para formalizar o contrato. Todos estas anomalías,
perfectamente documentadas, foron presentadas pola AGDSP en setembro de
2015 ante a Comisión Europea. Este organismo admiteu a trámite a demanda
e ten agora un ano para emitir unha resolución. Se Europa apoia os
argumentos presentados pola AGDSP será máis doado recuperar o hospital
para o dominio público, e terá un custe menor.
"Se Europa apoia os argumentos presentados pola AGDSP será máis doado
recuperar o hospital para o dominio público, e terá un custe menor"
Que consecuencias ten para os usuarios a redución en 55.000
persoas no 2015 do persoal sanitario? Nas listas de espera, por exemplo.
(O Sergas alega, por exemplo, que entre 2014 e 2015 “nos centros
públicos se fixeron máis intervencións que nunca”, pese a que se
suprimiron as operacións de tarde dos médicos).
Esas afirmacións da Xunta son pura propaganda. En Galicia as listas de
espera (para cirurxías, consultas e probas diagnósticas) aumentan
progresivamente nos últimos anos. Iso a pesar de que só coñecemos os
datos das listas “estruturais” (hai listaxes “non estruturais” –aqueles
pacientes que son chamados e non aceptan ser atendidos en centros
privados- con cifras que descoñecemos, e hai pacientes que figuran no
“buzón” –teñen cita solicitada pero sen data asignada- que están,
literalmente ocultos “no limbo dos xustos”). Vigo e comarca (case
600.000 habitantes) ten as maiores listas de espera de Galicia e
probablemente do Estado. A redución en Urxencias vai provocar colapsos
reitados, como xa vén sucedendo, e a redución nos quirófanos vai
contribuír a incrementar as listas de espera cirúrxicas.
"Vigo e comarca (case 600.000 habitantes) ten as maiores listas de espera de Galicia e probablemente do Estado"
No "informe dramático" asinado polos dous explicades que se
recorta en persoal pero non na parte do orzamento destinada ao nivel
hospitalario. De feito, o hospital Alvaro Cunqueiro pasou de custar
catro veces máis ao pasar á fórmula mixta público-privada. A Xunta
licitou a ampliación da xestión privada do hospital de Ourense, dirixido
por unha prima de Feijoo, renovou o concerto co hospital privado
Povisa... Que máis se privatizou, na sanidade, cos gobernos de Feijoo? A
versión da Xunta é que só se externalizaron servizos como limpeza,
seguridade, lavandería...
O gran proxecto de Núñez Feijoo era o novo hospital de Vigo, aínda que
–visto o sucedido- hoxe posiblemente non tería impulsado esta anomalía.
Pero este non é o único proxecto privatizador. Tamén privatizaron o
laboratorio central de Galicia, a alta tecnoloxía –por medio da figura
do “socio tecnolóxico”-, e a investigación por medio dos institutos
biomédicos de investigacion dos hospitais públicos do Sergas. É dicir:
entregaron a mans privadas as partes máis sensibles e importantes do
sistema sanitario, as que xeneran coñecemento, innovación e avance na
actividade sanitaria. Esta cesión empobrece de forma sensible os
servizos públicos. Tamén “externalizaron” o servizo de ambulancias, as
telecomunicacións, a cita previa, o servizo de suministro e loxística, o
mantemento dos equipos sanitarios, o servizo de catering dos hospitais,
etc. Resulta escandaloso coñecer a que mans, tan impropias, foron
entregadas todas estas tarefas, realizadas ata hai pouco por
traballadores públicos con total eficiencia. E aínda teñen na recámara o
proxecto das Unidades de Xestión Clínica, que tentarán impoñer se
continúan a gobernar.
"Resulta escandaloso coñecer a que mans, tan impropias, foron
entregadas todas estas tarefas, realizadas ata hai pouco por
traballadores públicos con total eficiencia"
A Xunta deberá pagarlle 72 millóns anuais á concesionaria do
Cunqueiro. Mais esta débeda non computa para a UE. Puido pesar moito ese
criterio á hora de optar pola fórmula mixta público-privada que tan
pobres resultados dera por exemplo en Inglaterra ou en Valencia? (En
Galicia existía ademais o precedente das fundacións hospitalarias, que
tiveron que volver ser integradas no sistema público).
En Galicia xa tivemos a experiencia das fundacións sanitarias
impulsadas por Romay (sendo a súa man dereita Núñez Feijoo). O goberno
presidido por Pérez Touriño tivo que rescatar estas fundacións, pois
estaban todas en quebra, e integralas na rede do Sergas. A fórmula
elixida para a construción deste hospital persegue dilatar o pago aos
próximos vinte anos. É dicir: todos os galegos temos contraída unha
grave hipoteca -72 millóns de euros por ano-, que pagaremos ata o ano
2035. Daquela, cando o hospital sexa vello e obsoleto, pasaría a dominio
público. O negocio para a concesionaria parece redondo. E se non lle
cadran as contas sempre ten a posibilidade de “chantaxear” a
Administración. Neste caso é ben doado: non é posible prescindir dos
seus servizos.
"En Galicia xa tivemos a experiencia das fundacións sanitarias impulsadas por Romay (sendo a súa man dereita Núñez Feijoo)"
As fórmulas de contratación do Sergas coas empresas de
tecnoloxía sanitaria, (socio tecnolóxico e diálogo competitivo), levan a
que a administración encargue a tecnoloxía segundo o que lle propoñen
as empresas multinacionais que a venden. Así, as empresas deciden sobre
renovación de equipos, mantemento, máquinas que se compran e a que
prezo, sobre formación do persoal... Segundo o Sergas, iso é un xeito de
acceder á tecnoloxía máis moderna, de xeito alternativo ao sistema
tradicional de compra (aínda que o Sergas, pasados uns anos, decide se
queda ou non coas máquinas). Que supón, na vosa opinión, a figura do
socio tecnolóxico? Para que serve?
Serve para entregar directamente o control da tecnoloxía sanitaria ás
empresas subministradoras. Serán elas as que tomen as decisións que, por
suposto, tentarán que sexan as máis lucrativas. Con toda seguridade vai
aumentar o gasto neste capítulo, e vaise xerar un incremento na
utilización destas tecnoloxías. A realización excesiva de probas de
imaxe (TAC, RMN) non é inocua. Pode provocar “sobrediagnóstico” e mesmo
iatroxenia.
Ángel Cameselle conta no libro como a concesionaria limita os
dereitos de liberdade sindical dos traballadores. Mesmo se denunciaron
intentos de censura. En que sentido son afectadas a liberdade sindical e
de expresión do persoal do Álvaro Cunqueiro?
Os atrancos para dificultar o labor dos sindicatos e da Xunta de
Persoal é a constante desde o principio. A falta de espazos para
xuntanzas, a ausencia de taboleiros, e mesmo os intentos de censura
forman parte da estratexia para tentar calar as voces discordantes. No
mes de marzo o xerente fixo pública unha instrucción na que ameazaba con
sancións aos que difundisen novas e comentarios críticos en relación co
funcionamento e a xestión do hospital. Ao mesmo tempo a concesionario
contratou unha empresa para tentar mellorar a imaxe do centro nos medios
de comunicación e nas redes sociais.
Cales son as vosas propostas para o Cunqueiro, Meixoeiro e antigo Hospital Xeral?
O HAC ten que ser rescatado para dominio público e ten que ser
modificado para incorporar todos aqueles espazos e servizos que foron
“restados” pola concesionaria. De non ser así a sanidade en Vigo e
comarca quedará hipotecada e “secuestrada” durante moitos anos. A toma
de decisións estará en mans da concesionaria e dos directivos de Povisa.
A Administración estará totalmente condicionada pola concesión e o
concerto singular. É imprescindible reverter esta situación o antes
posible. Ademais é preciso mellorar e dotar adecuadamente a Atención
Primaria e presentamos unha proposta para dar unha utilización sanitaria
aos edificios abandonados do Xeral, Anexos e Meixoeiro. Cómpre lembrar
que a dotación sanitaria de Vigo e comarca actualmente é moi
insuficiente. Sería un delito deixar arruinar eses edificios, coa actual
escaseza de centros sanitarios.
"O HAC ten que ser rescatado para dominio público e ten que ser
modificado para incorporar todos aqueles espazos e servizos que foron
“restados” pola concesionaria"
En todo isto, (e tamén coa lei que restrinxe o tempo máximo de
espera e ofrece a posibilidade de ir a un privado), tamén se benefician
hospitais privados aos que o Sergas deriva parte do traballo. O libro
detense no caso de Povisa, e na súa campaña tras perder moita xente que
pediu cambio de hospital. O Sergas alega, aquí, que a súa idea é só
mandar as operacións menores aos hospitais cos que ten concerto... Que
hospitais e de que xeito se benefician desas tendencias privatizadoras?
As derivacións desde o Sergas a centros privados para realización de
probas e para cirurxías aumentaron notablemente co actual goberno
galego. Todos os hospitais de Galicia incrementaron a súa actividade e
os seus beneficios. A lei de garantías de tempos de espera está
dirixida, máis que a beneficiar aos doentes, a protexer esta actividade
derivada. Mais o caso de Povisa é diferente. Non é un hospital
concertado (que fai actividade asistencial en función das derivacións
realizadas desde os hospitais públicos) senón que forma parte da rede
asistencial e ten poboación asignada (a península do Morrazo e parte da
cidade de Vigo -arredor de 140.000 persoas-). Ten asinado un concerto
singular que foi recentemente mellorado e prorrogado por dez anos máis
(sendo conselleira Rocío Mosquera, que traballaba nesa empresa antes de
acceder á política).
Nesta campaña electoral os
candidatos non falan da saúde. E deberían. O PP para informar do que fixo cos
servizos sanitarios e os demais para pedir explicacións. A sanidade pública é
un elemento básico do Estado de benestar; desde que o PP accedeu ao poder
sufriu o maior ataque da súa historia. Nestes catro anos aplicaron con rigor unha estratexia
destinada a desmantelar o sistema sanitario público para crear espazos de
negocio ás empresas afins e ás grandes multinacionais do sector.
A primeira medida nesa dirección adoptouna o PP nada máis chegar ao poder
central. En abril de 2012 (tres meses despois da toma de posesión) publicou no
BOE o funesto RDL 16/2012-o que fai sospeitar que
ese texto xa estaba escrito cando Rajoy prometía nos mitins que non tocaría a
sanidade nin as pensións-. Esa norma introduciu copagos en sanidade, excluíu
medicamentos do financiamento e excluíu persoas da sanidade pública: aos
inmigrantes e ás persoas que teñen estancias no estranxeiro superiores a 90
días. Este apartheid sanitario é unha decisión inxusta, inhumana,
perigosa e inútil: non produce ningún aforro económico e provoca un enorme
sufrimento persoal e colectivo -ademais de significar un risco para a saúde
pública-. Esta lei atopouse, desde o principio, coa oposición de moitos
profesionais -que fixemos obxeción de conciencia-, e de todos os grupos
políticos (excepto Cidadáns). O goberno central aplicouse con rigor neste
retorno ao pasado. Levounos a un tempo preconstitucional: as persoas xa non
temos dereito á atención sanitaria pola nosa condición de cidadáns senón en
canto esteamos asegurados. O dereito á sanidade volve estar condicionado
pola cotización previa.
Mentres tanto as CCAA no seu poder continuaron coas políticas xa iniciadas anos
atrás: recortes e privatizacións. A disminución do gasto sanitario nas
CCAA chegou ao 21% e pasou do 6.8% do PIB en 2008 a representar o 5.9% en 2013.
En 2015 o sistema sanitario público ten 55.000 traballadores menos (con menos
salario, peores condicións laborais e maior precariedade -10.300 médicos/as e
6.500 enfermeiros/as fuxiron ao extrenjero-) mentres as empresas sanitarias
conseguiron manter e ata aumentar os seus beneficios a costa dos orzamentos
públicos. Numerosas áreas relacionadas coa sanidade (limpeza, cociña,
mantemento, loxística, tecnoloxía, etc) pasaron a mans privadas (en concesións
para anos, o que fai máis difícil o seu rescate) e, ademais, xa sabemos -por un informe da FADSP-
que a construción de novos hospitais mediante a colaboración público-privada
incrementou o custo, o nivel de endeudamento e favoreceu a corrupción; moitos
deses centros teñen problemas legais e os novos gobernos das CCAA estudan
fórmulas para rescatalos.
Todas estas medidas non son consecuencia da crise, non son equivocacións nin
decisións tomadas en contra da súa vontade: obedecen a unha estratexia deseñada
polo PP (en connivencia cos grandes lobbys sanitarios) durante os anos
de oposición e aplicada agora con todo rigor en busca dun obxectivo:
conseguir que a saúde sexa un negocio e non un dereito dos cidadáns. Por
iso, no seu último mes de mandato, o goberno de Rajoy aprobou (procurando pasar
desapercibido) tres iniciativas
de gran importancia na política sanitaria e que poden condicionar o futuro
do sistema público. Aprobaron a desgravación fiscal para os seguros privados (unha medida moi demandada
polo sector), asinaron un acordo con Farmaindustria para garantir o gasto
farmacéutico ligándoo ao incremento do PIB e recorreron e paralizaron a decisión do novo goberno valenciano de devolver o dereito á
atención sanitaria aos inmigrantes sen papeis. O que pretenden con estas
decisións é deixar o futuro atado e ben atado -tal como fixo Franco-, para que
os próximos gobernantes non teñan máis remedio que seguir o camiño trazado.
Haberá que buscar fórmulas para evitar ese destino. A saúde dos nosos fillos e
dos nosos netos depende diso.
A meninxite é unha enfermidade infecciosa grave que, nalgúns
casos, pode provocar a morte. Todos os anos hai algún caso letal. Pode ser
provocada por virus ou por bacterias que, á súa vez, poden ser de varias
clases, sendo as máis frecuentes as provocadas polos meningococos A, B e C. No
calendario infantil está incluida a vacina contra o meningococo C, mais existe
unha fonda controversia pola
inclusión da vacina contra a meninxite B, que actualmente só está autorizada
para uso hospitalario.
Nos últimos meses morreron tres persoas na bisbarra da Coruña -en Oleiros e Arteixo- afectadas por
meninxite B. Existe unha preocupación cidadá evidente, amplificada polos medios
de comunicación e mal contrarrestada polas autoridades sanitarias. Ainda que
este tipo de meninxite ten unhaincidencia moi baixa en España, moitos pais están preocupados e outros viaxan a Portugalna procura dunha vacina que non se administra
nos Centros de Saúde nin está dispoñible nas oficinas de Farmacia. Hai razóns para tanta alarma colectiva?
Os motivos para a preocupación sempre son razoables, sobre todo
cando falamos da saúde dos nenos. Mais neste caso hai unha extraña confluencia
do temor colectivo co sensacionalismo dos medios e os intereses da industria farmacéutica que, desde a
sombra, alimenta a alarma sociale
promove a demanda dunha solución (a vacina) que, polo que se sabe ata o momento,
non é a panacea absoluta a este problema, tal como queren facer ver.
Porque a realidade é que a eficacia clínica desta vacina non se avaliou por medio de ensaios clínicos (como é de rigor) senon que foi
deducida por medio de estudos de inmunoxenicidade. Un organismo
independende e rigoroso como a SESPAS
(Sociedad Española de Salud Pública y
Administración Sanitaria) elaborou un informe no que
afirma que os ensaios clínicos de
seroconversión non deron resultados suficientes, porque cunha incidencia
tan baixa de enfermidade, parece imposible avaliar a eficacia cos ensaios
clínicos habituais. Polo tanto, a introducción desta vacina no mercado parece
basearse nas boas intencións á espera de estudos de fase IV
(post-comercialización).
A vacina “experimental” Bexsero, fabricada polo
poderoso laboratorio Novartis, se chega a aplicarse masivamente aos nosos
nenos, sería a primeira vacina que se comercializa sen dispor de datos de eficacia
clínica, coa incerteza de que poida
realmente interrumpir a circulación das bacterias e manter a inmunidade de
grupo. Os nosos nenos poderían servir de “cobaias” ao laboratorio, que
obtería unha información moi importante sobre a eficacia e a seguridade deste
produto despois da aplicación masiva na poboación infantil. Ninguen pode
asegurar que non se van provocar danos e prexuicios con esta práctica, pois o
perfil de seguridade da vacina está por comprobar.
É moi posible que a AEMPS (Agencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios) se teña
precipitado dando vía libre a unha vacina cunha efectividade pouco avaliada e
tamén é posible que as asociacións profesionaisque defenden o seu uso se equivoquen na súa análise pois sempre é
preciso estar seguro de que a vacina é realmente eficaz e efectiva, cousa
dudosa coa información actual. Dase o caso de que algunhas das sociedades profesionais que apoian
abertamente a inclusión desta vacina no calendario infantil teñen, en maoir ou
menor medida, conflitos de interese e
vínculos estreitos coa industria farmacéutica.
Cos datos dispoñibles na actualidade, procedentes de fontes
non contaminadas, podemos concluir que a meninxite B (ainda que sexa unha
doenza grave) ten unha baixa incidencia e que esta vacina carece de datos suficientes que avalen a súa eficacia e
seguridade. Tamén pode ocurrir, no caso de que se aplicase masivamente, que
os nosos nenos sexan utilizados para “experimentar” coa vacina e obter datos
sobre a mesma ainda descoñecidos.
Hai que defender e
apoiar as vacinas “de sempre”, que teñen evitado tantas doenzas e salvado tantas vidas. Só
pretendemos sinalar as zonas de sombra existentes na introducción de novas
vacinas no calendario. Porque hai empresas con fortes intereses económicos,
cómplices debidamente remunerados e unha Administración errática, que non é capaz
de defender o ben común fronte ás presións dos poderosos lobbies patrocinados por Farmaindustria.