Mostrando entradas con la etiqueta A Coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Coruña. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de abril de 2019

“Mi vida en otra parte”, nova novela de Fernando Ontañón






O escritor Fernando Ontañón (Santander, 1972) presenta nos próximos días o seu cuarto libro de narrativa. “Mi vida en otra parte” (Ed. Bala Perdida, 2019) é o título desta novela que o consagra como unha figura esencial entre os narradores da súa xeración. Trátase dunha novela curta que, baixo a súa aparente levedade esconde unha enorme forza emotiva e unha profundidade reflexiva pouco habitual na literatura actual.

A narración discorre basicamente na Coruña, onde vive o escritor, e ao longo da trama aparecen lugares moi significados e reconocibles desta cidade; hai tamén unha viaxe iniciática ao faro do fin do mundo, suceso de gran transcendencia na trama novelesca. O relato ten unha protagonista feminina, Antía, da que imos coñecendo detalles da súa existencia en dúas etapas fundamentais da súa vida: na sua adolescencia, marcada polo acoso e o maltrato escolar e polos seus inicios no amor e o sexo, e na súa madurez cando, logo de moitos anos ausente (Madrid, Nova York) e convertida nunha escritora de éxito, regresa á súa cidade natal para recibir unha homenaxe e para reencontrarse cos seus demos interiores e cos personaxes que marcaron o seu tránsito á idade adulta.

A primeira etapa preséntase de forma máis narrativa, cunha enorme verosimilitude. Hai escenas de bullying que se visualizan cunha tremenda violencia, momentos intensos de iniciación ao sexo e á vida, e diálogos ben trenzados, moi cinematográficos (a ver si alguén se decata de que aquí dentro hai unha boa película). A etapa de madurez é máis analítica; a protagonista recorda e reflexiona, en primeira persoa, sobre as peripecias da súa vida, sobre os azares que trenzaron o seu destino ata convertela na persoa que agora é, un ser adulto que aínda non foi capaz de vencer os temores e frustracións dos seus anos de formación.

Fernando Ontañón (Foto: Xan Domínguez)
É un texto moi literario no que se percibe o alento dos escritores que o autor admira e ama, pero en ningún momento cae na pedantería. O texto está moi traballado, hai párrafos de gran intensidade literaria, metáforas sorprendentes e certeiras, frases contundentes como puñetazos. As referencias e as citas aparecen no relato de forma natural e non impostada. Os poemas dos escritores Manuel Vilas e Julio Llamazares, polos que Ontañón sente especial reverencia, forman parte importante da historia; Vilas aparece ata como personaxe nunha memorable escena da novela. Tamén a música está moi presente, como en todas as obras deste autor. Neste caso son as cancións de Lou Reed, e as súas letras, as que acompañan aos personaxes desde o principio ata o final da novela.

A vida, nos seus inicios, preséntase ante todos nós como un territorio de múltiples posibilidades, unha senda con numerosas bifurcacións. Imos elixindo, ou o azar vainos levando e, cando chega o tempo de resumir, dámosnos conta de todo o que puido ser e non foi, dos acertos e os erros, das decisións e as renuncias que marcan o noso destino, das cicatrices que acumulamos ao longo do camiño. Sobre isto reflexiona a protagonista na súa idade madura, sobre o sentido da vida, sobre o amor e a amizade, sobre o valor do éxito e o fracaso (“o fracaso non existe” di Manuel Vilas). A novela sobrevoa a súa aparente facilidade e convértese nun texto profundo e suxerente, emotivo, conmovedor. Esta novela confirma a Fernando Ontañón como un excelente narrador. A súa lectura non defraudará a ninguén. Non podo predecir si será un éxito de vendas (así o desexo) pero os seus seguidores quedamos, xa, á espera da súa próxima entrega narrativa.

Mi vida en otra parte” sae á venda o 10 de abril. O autor presentará a novela o vindeiro venres 12 de abril, ás 19.30 horas, na librería Berbiriana da Coruña (Rúa Santiago, 7. Porta Real). E en Santiago o venres 26 de abril, ás 19.30 horas, na librería Cronopios (Rúa de Alfredo Brañas, 24).

martes, 15 de mayo de 2012

José Luís Oltra en Labañou



O Deportivo da Coruña descendeu a tempada pasada a segunda división, despois de vinte anos e de vivir os mellores momentos da súa historia. É difícil recuperar a categoría; son poucos os equipos que o teñen conseguido no primeiro intento. Mais o Depor tivo a fortuna de atopar un adestrador competente e traballador que soubo crear a confianza necesaria na plantilla para afrontar o reto de ascender no primeiro ano. Nese camiño andan, e cada vez o obxectivo está máis próximo. José Luis Oltra é un home novo que chegou a Coruña cunha traxectoria profesional impecable pero curta. Está ilusionado co plantel (“de primeira”, non se cansa de repetir) e coa actitude da afección, que acude a Riazor en masa e anima con entusiasmo. Esta sintonía alimenta a autoestima que fixo posible encadear moitos trunfos consecutivos, situando ao Depor en primeiro lugar e máximo aspirante ao ascenso.
Oltra naceu en Catarroja (Valencia) en 1969, e fixo unha curta carreira como xogador. En 2001 iniciou a súa traxectoria como adestrador. Comezou na sua vila natal, pasou por Castellón, Levante, Murcia, Tenerife e Almería. No verán de 2011 faise cargo da dirección do Deportivo, a donde chegou acompañado por Chema Sanz, con quen forma equipo desde hai anos. Os dous están moi integrados na cidade e teñen a pretensión, se os resultados acompañan, de continuar nestas terras moito tempo.
Hai un par de meses Oltra participou nunha charla no colexio Calvo Sotelo, no barrio de Labañou. Acudiron máis de cento cincuenta persoas desexosas de coñecer a este adestrador que está a xerar ilusión colectiva na cidade e en toda Galicia co seu equipo. Alumnos do colexio, pais e nenos das distintas categorías de futbol base asistiron a esta conferencia.   Amosou unha boa disposición para  o debate, e respondeu coa mesma seriedade a cuestións plantexadas por pequenos e maiores. Foi correcto e amable, mesmo cando lle plantexaron críticas ao fútbol desenvolvido polo equipo. Él soubo responder con criterio deportivo e un chisco de ironía. 
Sorprendeume a súa capacidade oratoria, por enriba do habitual no mundo do fútbol, moi dado ao monosílabo, á grosería e o exabrupto. Ten un bo dominio da palabra e do escenario e unha sólida convicción nos seus plantexamentos. Pero agradoume máis o xeito de entender o deporte de base, a súa convicción de que o fútbol –e calquera outra actividade deportiva de grupo- ten valor educativo e de formación en valores. Faloulles destes temas aos pais e aos rapaces e xa, cara o final do debate, un neno fixo a pregunta definitiva:
-“Qué teño que facer para ser figura do Depor?”
Despois dunha gargallada xeral, Oltra tomou a palabra e, con toda seriedade, respondeu:
-“Pois mira, vouche decir o que debes facer. Tes que obedecer a teus pais, alimentarte ben e procurar un bo descanso (a xente pensa que ser deportista de élite é unha brincadeira pero hai que coidarse); tes que estudar moito, ser bo compañeiro, non fallar aos adestramentos e seguir as indicacións do adestrador; procura facer amigos entre compañeiros e contrarios; esfórzate: sempre se pode mellorar e hai que procurar conseguilo; aprende a gañar e a perder con elegancia; o fútbol hai que  tomalo en serio pero sabendo que é un xogo: non é o máis importante da vida; e sobre todo debes disfrutar. Se, despois de todo esto, algún día xogas no Depor sentiraste moi feliz; se non é así, saberás valorar o ben que o pasaches con este deporte. Ao final, eso é o que máis importa”.
Penso que non se pode resumir mellor.

lunes, 30 de mayo de 2011

A cidade desolada

http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cidade-desolada/idEdicion-2011-05-30/idNoticia-673887/

Hai días que un desexaría borrar do calendario. Ben quixera non ter presenciado o sucedido na penúltima fin de semana do mes de maio. O sábado pola noite o Dépor descendeu a segunda división despois de 20 anos. O domingo pola mañá as rúas estaban ocupadas polo desencanto. Pero era día de eleccións e cumprimos coa nosa obriga. O luns foi outro martirio: houbo que incorporarse á vida semanal sabendo que, despois de tres décadas, o PP ocupaba a alcaldía en María Pita. 

Lendoiro fixo unha aposta de máximo risco coa que acadou os mellores resultados na historia do Deportivo; chegou a cimas que posiblemente nunca se alcanzarán. O Superdépor fixo soar moitas veces en Riazor a música da Champions (“música celestial”, decía Manolo Castelo). Pero agora o club deberá afrontar un tempo difícil, cunha enorme débeda que pon en risco o seu futuro. A entidade está agora mesmo ao borde do precipicio. E non se trata só dun fracaso deportivo: a cidade sofre un grave revés económico e social. 

Na política prodúcese un cambio radical. A pesar de que o goberno bipartito fixo unha boa xestión é desprazado polo PP, que practicou unha oposición tramposa e ruín. Losada foi un alcalde pouco carismático pero estivo acompañado por concelleiros competentes, tanto no PsdeG (Longueira, Taboadela) como no BNG (Tello, López Rico): fixeron un excelente traballo que non foi recompensado polas urnas. Ben ao contrario, o castigo do electorado é incuestionable: 20.000 votos perdidos entre as dúas formacións. Agora Losada renuncia á acta de concelleiro mentres outros, tan responsables coma el do fracaso electoral (Moreda), pretenden permanecer ao mando desta nave á deriva. É xa hora de retirar os que foron actores principais durante tantos anos e facilitar a necesaria renovación de persoas e discursos. Tamén no BNG hai voces críticas (mardoorzán) que reclaman facer algo distinto e innovar. 

A cidade queda baixo o mando de Carlos Negreira, quen aparcou na Coruña cumprindo unha estratexia deseñada polo PP para ocupar o poder público en todas as instancias. Non é un descoñecido: tivo responsabilidades nas consellerías de Economía e Sanidade, en Correos (cando foi privatizada), e foi presidente de Portos de Galicia (sendo investigado pola súa presunta relación coa trama Gürtel). É do sector máis conservador do PP, próximo a Romay; cualificou a Millán Astray como un "coruñés de pro, de toda la vida", e amosa un continuo desprezo polo galego. A súa política será copia da desenvolvida por Feijóo na Xunta. Afirmará que o bipartito deixou o concello sen diñeiro e procederá a facer recortes. Perderán os servizos sociais e os barrios, pero creará espazos de negocio para que empresarios e grupos afíns poidan vivir dos orzamentos públicos. Estaremos atentos…