tag:blogger.com,1999:blog-8939756251151381787.post7130170431088416602..comments2023-04-14T14:48:11.610+02:00Comments on Pablo Vaamonde: A privatización sanitaria, apoiada por unha casta profesionalPablo Vaamondehttp://www.blogger.com/profile/08688935654036643788noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8939756251151381787.post-27402351921420995742014-06-27T19:29:40.207+02:002014-06-27T19:29:40.207+02:00SOBRE A COMPLICIDADE
No post móstrase novamente e ...SOBRE A COMPLICIDADE
No post móstrase novamente e con sólidos argumentos que o noso sistema sanitario está en perigo.
Hai un gran negocio en marcha e alúdese ás complicidades de grupos organizados (FACME, SEDISA, FPME) á vez que novamente se insta a unha grande alianza social como medida fronte a ese ataque aos nosos dereitos.
Parece que médicos e pacientes somos atacados por eses grupos de poder, pero non é exactamente así, non de todo. Se se fala de complicidade, hai que facelo con todas as consecuencias. A pregunta sería: Quen non é, activa ou pasivamente, cómplice do que sucede? Porque acontece que moitos médicos, non integrados neses grupos de representación ou dirección, ven con moi bos ollos a privatización e prefiren que o sistema público empeore en beneficio da súa actividade privada. Tamén acontece que moitos médicos, amparándose en que están con contratos precarios, nin eses contratos tratan de mellorar, preferindo optar por unha actitude de pasiva covardía. Tamén sucede que, polo prato de lentellas que se outorga en forma de xefatura de servizo ou coordinación, outros médicos entran nunha servidume voluntaria reprimindo dende ela calquera iniciativa nos servizos que din dirixir.
E acontece que estamos a pagar as consecuencias de ter un sistema público que formou e alimentou con clientes aos médicos da sanidade privada, aos que agora queren todo para eles. E iso non aconteceu só con esta dereita rancia que nos goberna. Tamén con gobernos de... esquerdas?
Non. O problema non o temos cos SEDISAS ou cos Colexios Médicos (ha de recordarse que as súas xuntas son electas? Daquel xeito, pero electas á fin). O problema témolo cos compañeiros de todos os días, cos nosos xefes e os nosos residentes e cos que calan e outorgan. O problema témolo connosco mesmos. Non lle pidamos á cidadanía o que debemos solucionar nós, como médicos, dicindo si ou non cando haxa que dicir si ou non. Quizais con iso abondase.
Javier Peteiro Cartellehttps://www.blogger.com/profile/17813776051750733758noreply@blogger.com