tag:blogger.com,1999:blog-8939756251151381787.post274419796154479211..comments2023-04-14T14:48:11.610+02:00Comments on Pablo Vaamonde: Que se vaian!Pablo Vaamondehttp://www.blogger.com/profile/08688935654036643788noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-8939756251151381787.post-79604878415858329982012-08-10T19:39:50.188+02:002012-08-10T19:39:50.188+02:00Lin con alegría a postura de compañeiros meus, méd...Lin con alegría a postura de compañeiros meus, médicos de familia, na liña deste post. Formulaban algo que parece elemental como é a obriga deontolóxica de prestar asistencia con independencia das circunstancias socioeconómicas do paciente. Pero acontece que non é tan elemental. Por un lado, supón nin máis nin menos que a desobediencia civil, coas súas consecuencias. Isto podería asumirse dende a valentía e a coherencia pero non pode contrarrestar os perniciosos efectos da industrialización do noso traballo tan ben planificada durante tantos anos polos que xestionaron o sistema. É esa industrialización (coa sua bendición sendo perseguida en forma de certificación / acreditación), a que converte calquera paciente nunha banda magnética (aínda que haxa algunhas especiais, como a dunha persoa que foi presidente da Xunta). É esa banda a que evitará, tamén automaticamente, a realización de probas diagnósticas ou autorizacións de ingresos, aos que xa son vistos como indesexables. É simplemente unha simple tarxeta a que impedirá, de feito, exercer algún tipo de obxección á barbarie.<br />Cualitativamente estamos xa así nunha situación que aseméllase ao nazismo. O culpable é o outro, recoñecible a través do seu número de identificación, da sua tarxeta ou da sua falta. Por suposto, algo magnético e non gravado na pel. Pero se trata dunha mera cuestión de grao. <br />Nalgúns foros cualificouse ao señor Gallardón de nazi polas súas manifestacións sobre o aborto. É un erro. Non estamos ante un nazismo, porque o nazismo era pagán. Estamos ante algo moito máis hipócrita porque trata de remitirse a quen predicou o amor universal. Estamos ante o retorno basto ao máis rancio do nacional-catolicismo.<br />Por iso paréceme moi axeitado que o post recolla ese poema mal atribuído a Brecht como se di (moitos poderían ser os seus autores), tan lúcido como terrible.<br />É vergonzoso, pero lamentablemente xa non sorprende, que a Xunta Directiva do noso Colexio Médico sexa máis dada á planificación de eventos festivos que á defensa do máis sagrado (emprego este termo a propósito) da nosa profesión.Javier Peteiro Cartellehttps://www.blogger.com/profile/17813776051750733758noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8939756251151381787.post-52082462489808103652012-08-10T12:44:51.370+02:002012-08-10T12:44:51.370+02:00Que aproveitando a crise pretendese o cambio de mo...Que aproveitando a crise pretendese o cambio de modelo , o abandono da protección do estado en todos os ámbitos e o "salvese quen poida" do capitalismo e liberalismo máis agresivo . Imos a unha dictadura dos mercados e temos que unir forzas para facer unha resistencia masiva .eu proporía unha insumisión global , non só sanitaria ( non facer caso das ordes , nin dos obxetivos 9 sinón global . Folga indefinida de consumo , retirada de cartos das contas corrientes , abstención ou voto nulo en todas as eleccións , etcmanuel sarmiento rodrigueznoreply@blogger.com